A xema que cambiará a historia da arte antiga

Post date: Nov 15, 2017 10:11:43 PM

O ano pasado, un equipo de investigación da Universidade de Cincinnati, deu cun extraordinario achado na rexión grega de Pilos: a tumba intacta, e en perfecto estado, dun guerreiro micénico da Idade de Bronce, con máis de 3500 anos de antigüidade. O esqueleto descuberto baixo o sepulcro foi bautizado como Griffin Warrior, pois xunto a el atopouse unha placa de marfil decorada cun grifón (criatura mitolóxica metade león, metade águia).

Pero a auténtica revelación chegou máis tarde, despois de varios meses analizando os restos, ao atoparse unha curiosa xema talada, oculta baixo a arxila endurecida e soterrada no medio dun oliveiral xunto ás ruínas do pazo de Néstor. Esta pequena xema está ameazando con rescribir por completo o curso da historia da arte.

Despois dun arduo e extenso traballo de limpeza da pedra caliza incrustada no selo, foron vislumbrándose máis detalles da escea representada na pedra preciosa, demostrando que se trataba dunha auténtica obra mestra. A xema recrea unha feroz batalla corpo a corpo entre tres soldados. Concretamente, representa a un guerreiro victorioso co inimigo deitado aos seus pés, que afunde a súa espada no pescozo doutro dos adversarios. Podemos afirmar, con total certeza, que esta imaxe evoca aos grandes heroes da Ilíada de Homero.

A escea foi gravada minuciosamente nun anaco de pedra de aproximadamente 3,6 centímetros de largo, polo que é necesario empregar un microscopio para poder contemplar moitos dos seus detalles. A súa artesanía e o exquisito detalle do debuxo convérteno no mellor traballo da arte glíptica producida durante a Idade de Bronce no Exeo. O máis fascinante é que os trazos estilísticos que se empregan atópanse a un nivel de detalle propios do período clásico da arte grega (moi posterior na historia).

O descubrimento desta xema altera por completo a concepción que se tiña ata o momento do pobo minoico, pois implica a existencia dun complexo intercambio cultural cos micénicos, e unha noción da arte extraordinariamente desenvolvida, en particular no referente ao movemento e anatomía humana. Hai quen cre que este achado debería ser xa incluído nos libros de historia, xa que moi pronto terá cambiada a forma en que se contempla e coñece a arte prehistórica.

Fonte e imaxe | La Vanguardia

La gema tallada hace 3.500 años que cambiará la historia del arte antiguo