Grecia insular

Eubea

Εὔβοια

Eubea (Εὔβοια) é unha illa costeira de Grecia e a 6ª máis grande do Mediterráneo, localizada fronte á costa oriental do mar Exeo. No periodo arcaico, a rexión estaba habitada polos xónicos. Calcis (Χαλκίς) (onde morreu Aristóteles) e Eretria (Ερέτρια) foron cidades moi prósperas e desempeñaron un papel clave na colonización grega do Exeo noroccidental, da Magna Grecia e de Sicilia.

Imaxe da Wikipedia
 Busto de Aristóteles. Fonte | Wikipedia

Espóradas do norte

As Espóradas son un grupo de illas gregas situadas no mar Exeo. O seu nome (Σποράδες) en grego significa dispersas. Son un gran número de illas, once as de maior dimensión, e só catro están habitadas: Esciros (Σκύρος), Escópelos (Σκόπελος), Esquiazos (Σκιάθος) e Alónisos (Αλόννησος).

Esquiazos

É a máis pequena das catro illas, pero tamén a máis turística debido a calidade das súas praias. Na illa encóntranse a fortaleza medieval denominada Bourtzi, e no norte encóntrase unha antiga fortificación que servía para protexer a illa dos piratas.

Escópelos

Son moi características as suas terras fértiles e os seus bosques de pinos. A sua máxima altura está no monte Delphi de 680m. A cidade de Escópelos conta con mosteiros e máis de cen igrexas, das que algunhas datan do S.IV. Na antigüedade do porto existía un templo para o culto de Atenea.

Mapa das Espóradas do Norte. Fonte | Wikipedia

Alónnisos

Illa alargada, rocosa e montañosa. O goberno grego creou un parque nacional mariño para a protección de animais en perigo de extinción que actualmente só se encontran nesta illa.

Esciros 

De aquí é típica a danza da cabra do Esciro que consiste nun gran número de persoas animando as festas con máscaras, e un protagonista ponse unha máscara de cabra e uns cencerros. Según a mitoloxía grega a deusa Tetis enviou a esta illa ao seu fillo Aquiles para que se librara de ir á guerra de Troia.

Hydra


Aquiles en Esciros

A súa nai, temendo pola súa vida, disfrázao de muller e escóndeo entre as fillas de Licomedes, rei de Esciros, a fin de substraelo ao recrutamento de homes que estaban facendo os gregos que se encamiñaban á guerra de Troia. Nesta ocasión leva o nome de ‘’Pyrrha’’, «a roxa». 

Dunha filla de Licomedes, Deidamia, coa que ha casar máis tarde, ten un fillo, Neoptólemo, tamén alcumado Pirro, e que participa igualmente na guerra de Troia. A punto de comezar a guerra, Agamenón, xefe das forzas gregas, enviu a Ulises e Diómedes en busca do gran guerreiro que lles faría gañar a batalla. 

Non era a primeira vez que un soldado intentaba evitar o seu destino: o propio Ulises fíxose pasar por un tolo, mesmo intentando matar ao seu fillo, pero non tivo éxito e foi descuberto o engano. Este, coñecido pola súa astucia, trazou un plan xunto ao seu compañeiro de batalla, Diómedes. Ambos escoitaron que Aquiles estaba agochado na corte de Licómedes, así que se presentáron alí cun gran cofre cheo de xoias para as princesas. Entre as pedras preciosas, colares e aneis, os soldados colocaron unha espada e un escudo, obxectos que chamaron inmediatamente a atención de Aquiles, que se botou sobre eles, sendo así descuberto. 

Dereita: "Aquiles en Esciros". Fresco na Casa dos Dioscuros en Pompeia.
Fonte | Museo de Nápoles

A illa de Creta

É a illa máis grande de Grecia e de todo o Mediterráneo.

O máis destacable é a aparición da civilización minoica, unha das primeiras aparecidas en Europa e unha das civilizacións prehelénicas, xunto coa posterior civilización micénica. Cara a finais do século XV a.C. a illa sufriu a invasión dos aqueos, tras quedar destruída por un tsunami ocasionado pola erupción do volcán de Tera (Θήρα), actual Santorini

Nesta illa pódense visitar sitios arqueolóxicos como o Pazo de Cnosos ou distintos xacementos arqueolóxicos minoicos. 

Ambas imaxes están sacadas da Wikipedia
Imaxe |Ioannis Tz @tzoumioThe Minoan palace in Knossos, Crete, Greece.

Segundo a mitoloxía, Rea ocultou a Zeus no monte Ida, situado nesta illa. Foi tamén este lugar a onde máis tarde este deus levou a xove Europa tras o seu rapto. 

Rea e Crono enxendraron a seis fillos: Hestia, Hades, Deméter, Poseidón, Hera,e Zeus, pero Crono ía devorándoos tan pronto como nacían, coa excepción de Zeus. Xa que Crono sabía por Xeo e Urano que estaba destinado a ser destronado polos seus propios fillos, de igual maneira que el fixera co seu pai

Cando Zeus estaba a piques de nacer, Rea buscou a Urano e Xea cos que trazou un plan para salvalo, e para que así Crono recibira o castigo polos seus actos.

Rea deu a luz a Zeus en Creta, dándolle a Crono unha pedra envolta en pañais que tragou rápidamente. Entón ela escondeu a Zeus nunha cova no monte Ida. 

Amaltea (Ἀμάλθεια, de ἀμαλός, ‘tenro’) foi a ninfa que ta a cabra que alimentou a Zeus durante a súa estancia no monte. Esta logrou ocultalo de Crono colgándoo dunha árbore para que non fora atopado nin na terra, nin nos ceos, nin no mar, mentres os Curetes (xigantes) danzaban axitando ruidosamente os seus escudos e lanzas para que non se escoitara chorar ao neno

Ás veces Amaltea se identifica tamén coa propia cabra.

Cadro: A Infancia de Zeus de Nicholas Berchmen. Fonte | Wikipedia

As illas Cícladas

É un arquipélago formado por máis de duascentas pequenas illas, das cales, as máis importantes histórica e mitolóxicamente falando, son: Naxos (Nάξος), Delos (Δήλος) e  Santorini (antiga illa de Thera (Σαντορίνη).

Forman unha especie de círculo (κυκλός en grego) no centro do mar Exeo. 

Estas illas son a cuna da civilización cicládica, datada entre o final do Neolítico e os primeiros anos da Idade de Bronce

Durante a época Medieval estiveron dominadas polos venecianos, por iso existe hoxe en día unha pequena minoría católica, algo non habitual nunha Grecia principalmente ortodoxa.

Santorini

É un pequeno arquipélago formado por illas de orixe volcánico. É, en definitiva, o que quedou tras a gran explosión dun volcán que fixo desaparecer a maior parte do territorio da antiga illa.

Coñecida como a antiga illa de Tera (Θήρα), nela produciuse unha enorme explosión volcánica que destruíu os primeiros asentamentos.

En Santorini atopáronse restos dunha antiga civilización, no xacemento de Akrotiri (Ακρωτήρι), da cal conservase catro frescos, un deles é o dos monos, que data do 1.640 a. C. 

Na imaxe podemos observar a orixe volcánica da illa. |  Wikipedia 

Monos nun fresco atopado en Akrotiri. c. 1640 a. C. (aproximadamente unha década antes da explosión de Santorini). Imaxe da Wikipedia

Naxos 

É a illa máis grande do arquipélago.

As lendas contan que esta illa foi o lugar no que Teseo fixo escala tras matar ó Minotauro, abandoando alí a Ariadna, filla do rei Minos.

O héroe ateniense escapara do laberinto do Minotauro, levándose á medio irmá deste, Ariadna, quen se namorara de Teseo. Logo abandónaa na illa mentras dorme (por orden dos deuses ou a traición, según a versión), polo que o despertar desconsolado da princesa cretense soe ser un tema recurrente na historia da Arte.

Cuadro Ariadna en Naxos  (1808-12) de John Vanderlyn. Imaxe da Wikipedia
Imaxe de Wikipedia
Imaxe da Wikipedia

Delos 

É unha das illas máis pequenas das Cícladas.

Mitolóxicamente sitúase nesta illa o lugar no que naceron Apolo e Artemisa. Foi un dos lugares máis sagrados de Grecia e dise que era unha illa flotante ata que Zeus a fixou.

Os primeiros habitantes destas illas proviñan de Asia Menor (3000 a.C.)

Despois da caída de Corinto en 146 a.C. a mans de Roma, a illa foi declarada porto internacional sen tasas e converteuse no centro de comercio do Mediterráneo oriental.

Ao final, este comercio converteuse nunha especie de feira de escravos (o historiador grego Estrabón dicía que nun só día podíase chegar a vender dous mil escravos)

Rúa dos leóns. Imaxe da Wikipedia
Dereita: O nacemento de Diana e Apolo, Giulio Romano (1530-1540). Fonte | Royal Collection TrustEste cadro representa a escena mitolóxica do nacemento de Apolo e Diana, fillos de Latona e o deus Neptuno, quen creou a illa de Delos para que ela poidese criar aos seus fillos en paz.

As illas do Sarónico

Dende Atenas ata Hydra, o Golfo Sarónico está salpicado de lugares arqueolóxicos, de portos e pobos típicos. Atópanse todos os tipos de paisaxes marinos do país, altas montañas e costas de baixo relevo.

As illas do Golfo Sarónico son: Hydra (Ύδρα), Exina (Αἴγινα), Poros (Πόρος), Salamina (Σαλαμίνα), Spetses (Σπέτσαι)

Hydra

Imaxe do porto de Hydra (Fonte Wikipedia)

É unha pequena illa Grega do Golfo Sarónico. Durante o periodo micénico, Hidra serviu de base naval e dos reinos continentales. 

O poeta e cantautor canadense Leonard Cohen viviu nesta illa durante oito anos, onde coñeceu á norueguesa Marianne Ihlen, que inspirou a súa canción So Long, Marianne.

Exina

Restos do Templo de Afaia (Fonte Wikipedia)

É unha das illas de Grecia situada en medio do golfo Sarónico. Nela podemos comtemplar os restos do templo de Afaia (ver imaxe superior)

Exina debe a súa reputación tanto a historia como ó feito de haber sido, na mitoloxía grega, o reino de Éaco. Orixinalmente chamabase Oinoné, antes de tomar o nome da nai de Éaco, a ninfa Exina, amante de Zeus.

Poros

Imaxe da Wikipedia

É unha pequena illa dobre grega localizada en augas do mar Exeo, na zona sur do golfo Sarónico.

A antiga cidade de Calauria tivo un templo dedicado a Poseidón, as súas ruinas encontránse todavía accesibles na colina cercana a cidade. 

Salamina

Imaxe de  Wikipedia

É unha illa grega do mar Exeo, a maior das illas do golfo Sarónico.

Según os mitos e lendas a ella é chamada así pola Ninfa Salamina. Poseidón namorouse de Salamina e ela deu a luz a Cychreus o primeiro rei de Salamis, que era metade home metade peixe.

Spetses

Fonte Grecotour

Na antigüidade era coñecida como Pityoussa, e máis tarde como Petses. A cidade de Stetses é o único asentamento grande na illa, e foi unha das dúas provincias en Grecia con menos de cinco asentamentos e dous municipios.

Monumento actual que recrea a batalla | Wikipedia

A batalla de Salamina, punto álxido da Segunda Guerra Médica, foi o segundo intento persa por invadir Grecia a comezos do ano 480 a.C. Combate naval que enfrontou a unha alianza de cidades estado-gregas coa flota do imperio Persa no golfo Sarónico.

Para frear o avance persa, os gregos bloquearon o paso de Termópilas cunha pequena forza mentres a armada aliada, formada esencialmente por atenienses, se enfrontaba os persas nos estreitos de Artemiso. Na batalla das Termópilas foi aniquilada a retagarda da forza grega, mentres na batalla de Artemiso os helenos sufriron grandes perdas e se retiraron ao ter noticias da derrota das Termópilas, o que permitiu aos persas conquistar Beocia e Ática. 

Inferiores en número, os aliados gregos foron convencidos por Temístocles para combater de novo á flota persa coa esperanza da vitoria que impedirá as operacións navais dos medos contra o Peloponeso. A flota helena formou en liña e logrou unha vitoria decisiva.

Illas xónicas

É un arquipélago que se atopa no mar Xónico, coñecidas como as sete islas, pero está formado por outras máis pequenas tamén. 

As súas principais illas son: Corfú (Κέρκυρα), Paxos (Παξοί), Léucade (Λευκάς), Ítaca (Ιθάκη), Cefalonia (Κεφαλλήνια) e Zante (Ζάκυνθος)

Corfú

Corfú (en grego antigo Κόρκυρα, Kórkyra, en grego moderno Κέρκυρα), é unha illa grega do mar Xónico, situada fronte a costa noroeste do Epiro grego e o sur do Epiro albanés. É a segunda maior das Illas Xónicas. 

Probablemente sexa a illa de Esqueria, o pais dos Feacios, o pobo que acolleu a Odiseo no seu regreso a Ítaca, como nos conta Homero na Odisea.

Está relacionada coa historia grega pola relación con dous poderosos símbolos acuáticos: Poseidón e Asopo.

A historia da illa está repleta de batallas e conquistas, herdanza desas loitas son as fortalezas que sobresaen estratexicamente o longo de toda a illa. Dúas de elas rodean a capital, única cidade de Grecia fortificada dese xeito. Por iso, Corfú foi declarada oficialmente Kastrópoli (Καστρόπολη, cidade de castelos).

Corfú, a cidade dos castelos | Wikipedia
Imaxe de Corfú vista dende o aire |Wikipedia

Léucade

A illa de Léucade, Leucas, en italiano Santa ou Lefkada (en grego Λευκάς) está situada no mar Xónico, ó norte das illas de Ítaca e Cefalonia e situada fronte a costa de Acarnania, unida a esta por unha ponte de recente construción (como se pode ver na imaxe).

As principais cidades son a capital Léucade, Nydri e Vassiliki. As principais actividades da illa son a agricultura (aceite de oliva e viño) a gandería e o turismo.

O seu nome está, ó parecer, relacionado con λευκός (leukós), «branco» e viría motivado polos acantilados de xiz branca que se encontran ó sur da illa: o cabo da Dama ou o salto de Leucadia (72 m). 

E posible que a rocha Léucade faga referencia tamén a unha famosa rocha da illa dende a que se arroxaban ó mar os namorados non correspondidos, ou ben a unha roca que con ese nome «a branca» estivera situada nalgún outro lugar de Grecia.

(dereita) Escultura de Moisés Huerta, que alude ao suposto suicidio da poetisa Safo | Fonte: Círculo de Bellas Artes de Madrid
Situación de Léucada | Fonte Wikipedia
File:Bust Sappho Musei Capitolini MC1164.jpg
Imaxe Busto de Sappho | Wikipedia

A tráxica morte de Safo, a máis célebre poetisa da antiga Grecia, coñecida como a Décima Musa, está estreitamente relacionada con este antigo ritual. Namorada de Faón, tratou por tódolos medios de conseguir os seus favores. Pero víndose rexeitada unha e outra vez, vai a Léucade, tírase dende o alto do acantilado e desaparece para sempre baixo as augas. Os habitantes de Lesbos levantáronlle templos e tributáronlle honores divinos, facendo que a súa efixie aparecera gravada nas súas moedas. Toda Grecia, admiradora das súas tenras elexías e de súas odas pasionais, chorou a su morte.

Isto non é máis cunha lenda, xa que son moi poucos os datos fiables que tenos da súa vida.

Ítaca 

A illa de Ítaca (en grego Ιθάκη, Itháki) é una pequena illa grega do mar Xónico, pertencente ó grupo de illas Xónicas e que se encontran ó noroeste da illa Cefalonia.

A lenda fai derivar o seu nome ó heroe opónimo Itacos.

Hai dubidas acerca de que a illa chamada Ítaca na actualidade sexa a patria lexendaria de Odiseo (Ulises), o protagonista da  Odisea de Homero. O autor describe 26 lugares específicos de Ítaca e ningún deles parece corresponderse coa moderna Ítaca. Existen varias teorías para explicar por que isto é así, ningunha das cales é concluínte. Por outro lado, algún estudosos creen que poden que se trate do lugar onde habitaba o mesmo Homero.

Illa de Ítaca. | Wikipedia 

Illa de Ítaca. Imaxe da wikipedia.

Cefalonia

Cefalonia (en grego Κεφαλλήνια) é una illa do arquipélago das illas Xónicas. 

A illa uniuse á confederación de Delos ó comezo da guerra do Peloponeso.

Cefalonia foi aliada de Atenas, sendo anexionada por esta no 431 a.C. e sendo posteriormente devastada polos romanos no 198 a.C. En tempos do xeógrafo Claudio Ptolomeo foi incluída na provincia do Epiro.

Illa Cefalonia. | Wikipedia 

Imaxe de Celafonia (a illa da esquerda) e Ítaca (a illa da dereita)  Wikipedia

Illas do Exeo oriental

 De todas as illas situadas no oriente do mar Exeo, destacamos as catro principais: Lesbos (Λέσβος), Quíos (Χίος), Samos (Σάμος) e Rodas (Ρόδος).

Lesbos

De Lesbos cabe destacar que é a patria de Safo de Mitilene.

Safo escribía poemas que describían o seu amor apaixoado cara ás súas compañeiras, e mantiña relación con moitas delas, o que deu orixe ó termo lesbianismo. Pasou toda a súa vida en Lesbos.

Disto non hai evidencias históricas, polo que pode non ser máis cunha lenda.

Actualmente, Lesbos sufre un serio problemas coa emigración, sendo esta illa a primeira parada dos refuxiados que chegan a Europa dende Asia, como podemos ver no vídeo seguinte.

Illa de Lesbos. | Wikipedia 

Quíos

A illa de Quíos (en grego Χίος ) é unha illa grega do mar Exeo.

Escasamente habitada, foi conquistada polos Xonios, que fundaron una colonia que formou parte da chamada Liga Xonia.

A illa foi conquistada e ocupada polo Imperio Aqueménida en 494 a.C., e cando os persas se retiraron, integrouse na Liga de Delos.

Hipócrates de Quíos foi un matemático, geómetra e astrónomo grego, que naceu na illa de Quíos. Tamén é posible que Homero nacera aquí.

Imaxe: Illa de Quíos, Fonte: Wikipedia

Samos

A illa de Samos (en grego Σάμος) é una illa de Grecia pertencente ó grupo de illas Espóradas Orientais. Está localizada en augas do mar Exeo.

É una illa de orixe volcánico. As dos montañas mencionadas son dos estratovolcáns. Tamén se encontran restos de pequenos conos volcánico e domos.

É a patria de Aristarco de Samos, o primeiro que defendeu a teoría heliocentrista (que os planetas xiran ao redor do sol) e calculou tamaños e distancias entre o sol e a lúa.

Situación xeográfica da illa de Samos | Wikipedia

Rodas

Rodas (grego: Ρόδος) é a illa máis grande das illas do Dodecaneso en términos de superficie e tamén a capital histórica do grupo de illas. Administrativamente a illa forma un municipio separado dentro da unidade rexional de Rodas, que é parte da rexión administrativa do Exeo Meridional. 

A cidade principal da illa e a sede do municipio é Rodas. A cidade de Rodas tiña 50.636 habitantes en 2011. 

Está situada ao nordés de Creta, ao sueste de Atenas e xusto á beira da costa anatolia de Turquía.

Situación de Rodas | Wikipedia

O Coloso de Rodas

Situada ao sudoeste de Asia Menor, preto da costa, a illa ocupaba un lugar estratéxico como encrucillada entre Oriente e Occidente. Unha alianza entre estas tres cidades e a decisión de formar unha nova polis, común a todos os habitantes de la illa e capital da mesma, determinou, no ano 407 a. C., a creación dunha gran cidade á que lle deron o nome xenérico de Rodas.

Os rodios non eran excesivamente belicosos nin atrevidos, por este motivo, foron alternativamente aliados dos gregos e dos mismísimos persas nos momentos máis críticos das guerras médicas. Nunca tiveron graves problemas militares, polo menos antes do ano 305 a. C., cando, falecido Alexandre Magno, todo o escenario do que formaban parte comenzou a sufrir grandes cambios. Tres anos despois da morte do conquistador macedonio, a illa viviu un un momento crítico a causa do asedio perpetrado por Demetrio. 

Ao final o atacante tivo que levantar o asedio e firmar a paz. Demetrio deixou como símbolo dunha nova amizade unha impresionante torre de asalto con todos os seus garfos de abordaxe, proxectís, catapultas e ballestas. E foi o sólido e abundante material da torre o que serviu para construir o célebre coloso. 

O coloso de Helios foi un dos monumentos máis destacados da Antigüidade, en cuxo pé constaba, escrito en versos: "De setenta codos de altura, construíume Cares de Lindos". O grandioso monumento só se mantivo en pé pouco máis de medio século. Non se reconstruíu porque a lenda que dicía que Helios, o deus Sol ao que estaba dedicado o monumento, se enfadara cos rodios e propiciara o terremoto destructor, infundía terror.

Sabemos que o coloso ta algo máis de trinta metros de altura e, como estaba escrito no pé do monumento, foi esculpido por un artista da cidade de Lindos chamado Cares. Por outras fontes sabemos que o coloso era case todo de bronce, pois foi construido cos metais daquela terrible arma de guerra traída polos sitiadores de Rodas no 302 a. C.


Fonte | La Vanguardia
O Coloso de Rodas e o seu posible aspecto (reconstrución) Fonte | https://patrimoniosdelmundo.wordpress.com/CC BY-SA 4.0