Aquiles en Sciros

Nesta imaxe represéntase o momento no que se descubre que Pirra é en realidade Aquiles.

Aquiles foi escondido pola súa nai na corte do rei Licómedes de Sciros para evitar ir a guerra de Troia, cando era aínda un neno.

Pasou os anos alí escondido disfrazado de muller entre as fillas do rei.

O día en que foi descuberto, uns homes trouxeron uns agasallos ás fillas do rei, como xoias e armas xa que sospeitaban que Pirra era en realidade Aquiles.

E Aquiles caeu no engano, colleu ás armas e descubreuse.

Pirra meses atrás tivera un fillo cunha das fillas do rei, pero que facían pensar que era fillo da criada.

O rei, o descubrir o engano, non quería sabar nada máis de Aquiles, e non permitía que se acercase á súa filla, pero ela trouxo ó neno e díxolle que era fillo de Aquiles.

Aquiles fixolle saber ó rei que el se faría cargo do neno e que seguiría coa súa filla cando regresase da guerra.

Os homes ó ter a Aquiles marcharon para a guerra loitar contra os Troianos.