Post date: Jan 14, 2018 6:15:15 PM
Pouco sabemos acerca da orixe das civilizacións ancestrais nas que se asenta a cultura do pobo helénico (e cuxos descubrimentos deron luz á arqueoloxía moderna). Tíñase coñecemento de que os minoicos e os micénicos eran xenéticamente similares e posuían antepasados en común, pero recentes estudos revelan que tamén os gregos modernos poderían, á súa vez, ser en gran parte descendentes da civilización micénica.
Como breve recapitulación, a civilización minoica xurdeu no 3.000 a.C. na Grecia Continental, convertíndose no primeiro pobo alfabetizado do continente, e acadando un gran desenvolvemento artístico e tecnolóxico. No 2.000 a.C. naceu en Creta a civilización micénica, que partillou moitas características culturais coa minoica, e introduciu o Lineal B como sistema de escritura.Non obstante, unha nova análise do ADN destas culturas proporciona agora moitas respostas ao tema e suxire novas ideas. O investigador da UW Medicine (e autor principal do documento que describe estos insólitos achados), George Stamatoyannopoulos, logrou levar a cabo, xunto aos seus colaboradores arqueólogos, unha secuenciación xenética do ADN atopado en 19 individuos (identificados por evidencia arqueolóxica con minoicos de Creta, micénicos da Grecia continental e outros poboadores do suroeste de Anatolia). Comparando os xenomas antigos con miles de xenomas de seres humanos de hoxe en día en todo o mundo, chegouse á conclusión de que os minoicos e micénicos eran en efecto moi similares xenéticamente, pero non idénticos, e que deles descenderían definitivamente os gregos modernos. A importancia deste novo estudo radica na refutación da estendida teoría de que os micénicos eran unha poboación estranxeira no Exeo que non estaba relacionada cos minoicos, confirmando así que o pobo helénico en efecto descende dos micénicos e, posteriormente, das antiguas poboacións gregas.
Fonte | Levante EMV Imaxe | El Independiente