A derrota

O segundo día de guerra os persas foron informados por un grego chamado Efialtes acerca dun paso que conducía á retagarda do exército grego. Ao día seguinte na madrugada a maniobra envolvente estaba en marcha.

Os gregos que foran advertidos, estaban apostados na retagarda pero non puideron deter o avance persa.

Unha vez foron avisados os líderes gregos deste suceso, convocouse un consello de guerra según o cal algúns líderes acordaron retirarse mentras outros mantiñan o paso co fin de caer co honor e retrasar as hordas gregas para evitar un baño de sangue maior.

Finalmente, Leónidas I ordenou que se retirasen permanecendo parte do exército que o axudaría a cubrir a fuxida. Quedáronse 700 tespios, os 300 espartanos e 400 tebanos.

Os gregos loitaron xa rodeados na zona máis ancha do paso para causar máis baixas, ata que se romperon todas as súas lanzas e algúns continuaron a loita con espada ou coas súas propias mans.

Os tebanos foron os primeiros en renderse, aínda que algúns deles causaron máis baixas unha vez que se lles acercou o enemigo.

Nesta loita morreron Leónidas I e dous irmáns de Xerxes.

O final da batalla estaba preto. Os gregos retrocederon a unha zona, máis estreita, onde unha gran descarga de flechas acabou con eles, tal e como se pode ver na imaxe, que xacen todos mortos no chan a causa das frechas.