O parque arqueolóxico de Eléfterna a punto de abrir as súas portas

Post date: Feb 26, 2016 11:03:17 PM

Un novo museo, situado na cidade de Eléfterna, abrirá as súas portas no mes de xuño. O complexo ocupa unha superficie duns 2000 metros cadrados entre salas de exposicións, almacéns e laboratorios de pedra, arxila e metais. O edificio está situado no centro da illa de Creta, na ladeira do monte Ida, e ofrece unhas vistas espectaculares.

O museo mostra a evolución da cidade de Eléfterna dende os seus comezos, cos seus períodos de apoxeo e declive; unha das partes máis atractivas da exposición son unhas inscripcións do 500 a.C.

A importancia desta cidade, e o motivo da construción do museo, descóbrese no 1985, cando lle dan á Universidade de Creta o permiso de realizar excavacións; ninguén se imaxinaba que aí estaría enterrado un verdadeiro palimpsesto, cuxas pegadas xeométricas, arcaicas, clásicas, helenísticas, romanas, protocristiás e bizantinas testimonían unha presenza humana constante na zona dende o terceiro milenio a.C.

Fonte: Panorama Grego

eleytherna1