O antigo porto de Corinto sae a luz

Post date: Dec 29, 2015 4:30:50 PM

Un equipo de arqueólogos gregos e daneses están investigando os restos de Lequeo, o porto principal de Corinto, a célebre cidade grega, situada a uns tres kilómetros da costa. Corinto pasou a historia como o refuxio de Xasón e Medea, onde esta última matou aos seus dous fillos, e tamén pola prosperidade e diversidade que alcanzou a cidade, xa que houbo unha gran afluencia de xente ao Acrocorinto, lugar onde se practicou a prostitución sagrada. Lequeo, no golfo de Corinto, foi un dos portos da mítica cidade. Os arqueólogos utilizaron unha tecnoloxía avanzada para localizar os grandiosos peiraos e outras estruturas portuarias en uso durante mil anos, dende o século VI a.C. ata finais do século VI ou comezos do VII d.C., cando un violento terremoto destruíu Lequeo e a súa basílica.A Universidade de Copenhague informou, nun comunicado recente, que as extensas ruinas submarinas de Lequeo permaneceron practicamente intactas ata agora. Esta universidade participa no Proxecto do Peirao de Lequeo, xunto ao Ministerio de Cultura de Grecia e o Instituto Danés de Atenas. Os investigadores iniciaron unhas escavacións a gran escala, ademáis dun estudio xeofísico e dixital con tecnoloxías innovadoras como o xerador de perfiles paramétricos do fondo en 3D. Ata a data detectáronse dous peiraos construídos con sillares enormes, outro peirao máis pequeno, dúas áreas de caixóns de madeira, típicas de obras marítimas, un rompeolas e unha canle de acceso as tres dársenas de Lequeo.

As escavacións deste ano centráronse en dúas zonas: nun peirao da época bizantina, construído con seis caixóns de madeira ben conservados e cunha lonxitude de 57 metros; e unha canle con pedras aliñadas que conducían ao peirao interior de Lequeo, apenas explorado.

Imaxe e información | National Geographic