Hermes, o deus grego de Barcelona

Post date: Mar 20, 2016 2:50:00 PM

Conta o mito que Hermes e Heracles fundaron a cidade de Barcelona, e ningún outro deus está tan presente nas súas prazas e rúas coma el. Os "cazadores de Hermes" descúbreno nun libro.Segundo a mitoloxía, a deusa Atenea fundou Atenas,e, moito antes de Rómulo e Remo, o heroe troiano Eneas estableceu os cimentos do que hoxe sería Roma. A lenda conta que Heracles (o Hércules romano) fundou as cidades de Sevilla e Cádiz, pero antes chegara a Barcelona co seu irmán Hermes, o deus alado. Así como Atenea é a fiel protectora de Atenas, Barcelona permance baixo o influxo de Hermes, deus do comercio, das viaxes, das artes, da astronomía... Centos de estatuas e representacións herméticas decoran rúas, prazas e casas da cidade dende os tempos da Barcino romana.

Hermes chegou a Barcelona con Heracles despois de que o seu barco se extraviara, en plena viaxe para buscar o vélaro de ouro. O barco apareceu ante a montaña de Montjuïc e o lugar gustou tanto ao deus que decidiu fundar unha cidade chamada Barca Nona, en referencia á novena barca extraviada na que eles viaxaban. Tal é a orixe mitolóxica da cidade. Esta está recollida no libro La Barcelona d´Hermes, publicado polos Cazadores de Hermes, un grupo de fans do deus que levan anos documentando as súas trazas.

Unha das representacións máis belas de Hermes, na pequena Praza da Verònica, tamén sufriu a súa propia historia de vandalismo. A escultura neoclásica de Rossend Nobas que decora a fachada da antiga escola Llotja foi un branco habitual de pintadas. Pero en 2003 foi o wonder boy do street art quen deixou a súa firma: Banksy. A diferenza dos seus estéticos murais, nesta ocasión Banksy encheu a escultura de sprays fluorescentes e pintoulle un grotesco membro.

Información e imaxe | El Mundo