Arqueólogos descobren un ximnasio da época helenística en Exipto

Post date: Nov 25, 2017 2:53:42 PM

Un grupo de arqueólogos exipcios e alemáns achou preto da cidade do Cairo un ximnasio da época helenística, do século III a.C. É o primeiro ximnasio grego atopado en Exipto, mais a súa existencia xa se coñecía grazas a algunhas inscricións e papiros. O Ministerio de Antigüidades informou de que o edificio está formado por un comedor, por un patio e por unha sala de reunións que no pasado estaba decorada con estatuas. Ademais conta cunha pista de carreiras e cuns xardíns que o rodean.O achado tivo lugar no recinto arqueolóxico de Watfa, preto do palacio Qarún. Este palacio era o máis destacado de Filoteris, cidade marítima fundada polo mesmo rei que construíu a biblioteca de Alexandría, Ptolomeo II.Cornelia Römer, encargada da escavación, explica que na época helenística os ximnasios eran lugares aos que acudían os xoves ricos para non só practicar deportes senón tamén para debater e aprender a ler e a escribir. O ximansio atopado, a pesar de ser máis pequeno que os das cidades gregas, serve como proba da gran expansión dos helenos. No momento da fundación de Filoteris un tercio da poboación xa era grega.As escavacións na zona comezaron en 2010 polo Instituto Arqueolóxico Alemán.

Fonte e imaxe | La Vanguardia