O casco grego do Guadalete: orixen e características

Post date: Jan 16, 2018 9:14:34 PM

En 1938, entre a maleza do río Guadalete, nun meandro entre a Corta e El Portal, achouse un casco grego de bronce. O actual director do Museo de Xerez, Manuel Esteve, recoñeceu dende o primeiro momento o interés desta peza, identificouna como un casco grego arcaico do século VI a. C., e adquiriuno para colección municipal.É un casco elaborado a partir dun único núcleo metálico de bronce, cun grosor das paredes moi uniforme. É máis alto que ancho. A línea superior e inferior dos ollos é por igual recta e moi aberta. Está rodeado por unha línea de perforacións ás que iría cosido un forro protector de coiro que amortiguará ó seu portador o impacto dos eventuais golpes. Presenta restos de tres enganches de bronce que foron interpretados como amarre da parte superior. As súas dimensións son: altura: 22,5 cm; anchura: 16,5 cm e diámetro máximo: 22 cm.O casco encóntrase prácticamente enteiro, a falta da espiga nasal. Presenta unha perforación na parte esquerda da frente e unha greta que corre dende aquí ata o orificio ocular do mesmo lado. En algunhas zonas da base, a chapa de bronce rompeuse aproveitando a debilidade debida as perforacións, que quedaron abertas.

Fonte e imaxe | jerezsinfronteras.es