Trailer do cómic da famosa batalla de Queronea
Post date: Mar 29, 2017 1:29:03 PM
A debuxante e guionista Laura Rubio fixo o seu debut o ano pasado cun tebeo titulado Zilia, no que nos descubría a mitoloxía dos Pirineos.
Agora sorpréndenos cun cambio radical de estilo para contarnos unha epopea histórica: Queronea. Este é un tebeo no que reconstrúe a famosa batallla entre gregos e macedonios no 338 a.C. na que xogou un papel fundamental o Batallón Sagrado de Tebas (os outros 300).
"Este cómic céntrase nos feitos que tiveron lugar na batalla de Queronea. Sen embargo todo este contexto histórico é só a excusa que uso para narrar paralelamente outro tipo de historia, máis íntima e máis emocional, pero tan brutal como a propia batalla. Interesábanme moito máis os conflitos individuais dos protagonistas que o conflito xeral", comenta a autora.
A batalla de Queronea, según contou Laura, permitíalle adentrarse, non só en temas de guerra, senón tamén no amor, na identidade e no fogar.
Como protagonistas da historia Laura destaca a Filipo II, rey de Macedonia e pai de Alexandre Magno, e aos integrantes do Batallón Sagrado de Tebas, que son os seus inimigos.
Sen dúbida, o máis curioso do tebeo é que este último grupo estaba formado por 150 parellas de soldados amantes, o que lles facía pelexar con maior fereza, para protexer ao seu amante e para vingalo no caso de que caera en combate.
Fonte | RTVE