Guerreiro e tesouro no Peloponeso

Post date: Nov 13, 2015 3:19:03 PM

Un guerreiro micénico que morreu fai máis de 3.500 anos e o seu tesouro foron encontrados nun cadaleito no palacio de Néstor (ruínas descubertas no 1939).

No interior atopábanse xoias de ouro, unha cadea chea de perlas, unha espada de bronce (con puño de marfil e ouro), vasos de prata e peites de marfil.

O cadaleito estaba decorado ao estilo minoico con figuras de divinidades e motivos florais e de animais (touros, leóns e aguias). Contaron cun total de 1.200 pezas que mostraban a calidade da influencia minoica.

(Anel de ouro cunha escena de taurocatapsia (saltos acrobáticos sobre un touro)