Post date: Apr 24, 2016 9:23:18 PM
A imaxe titulada "El Templo de Baco", obra de Guillermo Domeque Emo gañou gañou a segunda edición do Concurso de Fotografía Iñaki Aspiazu “Arquitectura y Vino” convocado por Bodegas Baigorri.
Guillermo explica que fotografía é “unha homenaxe á cultura do viño e á arquitectura clásica”. Explicando como fixo isto dixo “deixando voar a imaxinación, so quedaba unir as pezas en forma de tapóns de cortiza e axustar isas proporcións simples para asemellar un Partenón”.
O xurado afirmou que esta obra é “a excepcional execución dunha idea principal, na que se recoñecen as culturas do viño e da arquitectura”.
Esta fotografía, xunto a outras 24 selecionadas de entre as 156 presentadas ó concurso, móstranse nunha exposición colgada no mirador de Bodegas Baigorri, onde permanecerán ata o próximo 13 de agosto.
Este certamen é unha homenaxe á memoria do arquitecto Iñaki Aspiazu, falecido no 2014 e quen deseñou e construíu esta bodega da "Denominación de Origen Calificada" (DOCa) Rioxa.
Fonte e imaxe: ABC