Heródoto

Vida (484 - 425 a.C)

Heródoto de Halicarnaso (Ἡρόδοτος Ἁλικαρνᾱσσεύς) foi un xeógrafo e historiador da antiga Grecia do que non temos datos seguros para a súa biografía.

Sábese que naceu en Halicarnaso sobre 490 a.C e non está clara a posición que ocupaba a súa familia. Sábese que era sobriño de Paniasis e que por motivos políticos se tivo que exiliar á illa de Samos, e nese momento iniciou as viaxes por Exipto, onde percorreu o val do Nilo ata a primeira catarata en Elefantina, Palestina, Babilonia, da que deixou unha descrición, Asiria, Tracia, o continente grego e a Magna Grecia, viaxes que marcaron a súa obra e son claves para entendelo.

Os ingresos para financiar os seus escritos proviñan de concursos e ensinanzas que ofrecía nos lugares que visitaba.

En torno ao 447 a.C. sitúase en Atenas como membro dun grupo de eruditos que gravitaban da redor de Pericles, onde coñeceu e comezou a aprezar o sistema político, social e cultural ateniense.

Imaxe da Wikipedia. de Heródoto.

No ano 444 a.C. aparece na colonia panhelénica de Turius. Descoñécese se pasou neste lugar o resto da súa vida ou se continuou viaxando. Sobre o 425 a.C. morreu neste outeiro, iniciada xa a Guerra do Peloponeso.

Unha das incógnitas máis importantes é se realizou as viaxes para escribir sobre elas, ou pola contra, se escribiu despois de realizar as viaxes.

Parte dos seus estudosos afirman que toda a súa obra foi escrita toda seguida ao final da súa vida, en Turius. Defenden esta teoría centrándose en que hai un fío condutor durante toda a obra e que o seu contido queda subordinado a narración das Guerras Médicas, pero outros defenden todo o contrario: que a obra foi escrita en fragmentos.

Considérase o pai da historiografía, xénero que recibe o nome da súa obra Ἱστορίαι (Historia). Esta obra tivo unha gran importancia, xa que foi a primeira descrición do mundo antigo a gran escala, ademáis de ser un dos primeiros documentos en prosa grega.

Este mundo, tal e como el o percibe, atópase dividido entre Occidente (Grecia) e Oriente (Persia). Ambos lugares viven nunha situación de equilibrio que se rompe ao inicio das Guerras Médicas, cuxa causa, explicada por Heródoto, atópase na expansión de Creso, rei dos lidios, polos pobos de Asia Menor, e que conclúen case oitenta anos despois coa derrota do exército persa dirixido por Jerjes no ano 478 a.C.

Mapa da cidade de Italia onde se ve a cidade de Turius. Wikipedia
Mapa de Asia Menor onde se ve situada a cidade de Halicarnaso | Wikipedia

Fontes

Para as súas obras históricas recorreu a fontes orais e escritas. Cando menciona as primeiras, case sempre alude ás súas informadores de forma indefinida ("segundo os persas...", "a dicir dos gregos..."; "uns din... outros, en cambio, sosteñen..."). Do carácter parcial e pouco fiable das súas fontes era consciente o propio autor, que escribiu:

«véxome no deber de referir o que se me conta, pero non a crermo todo a machada; Esta afirmación é aplicable á totalidade da miña obra» (VII, 151, 3).

Entre as segundas poden facerse tres grandes grupos:

  • datos obtidos dos poetas, que coñecía ben.
  • inscricións, listas oficiais e administrativas dos distintos Estados e oráculos.
  • informacións dos logógrafos e a literatura da súa época.

Malia esta inspiración poética de Heródoto, influxo quizais do seu tío Paniasis, do que asume a idea dun home impotente ante unha divindade que castiga as súas faltas e a súa soberbia (hibris, en griego ὕβρις), móstrase a miúdo crítico con devanditas fontes.

En canto ao segundo tipo de fontes, realiza algunhas interpretacións inxenuas de textos escritos en linguas que descoñece, como os xeroglíficos ou outras linguas. Finalmente, tamén empregou outro tipo de fontes como as fontes orais e incluso o seu propio coñecemento.

Metodoloxía

A súa metodoloxía histórica apóiase na verosimilitude apelando ao sentido común, aplicada á análise de tradicións lendarias ou controvertidas. Ademais utiliza a interpretatio graeca, helenizando costumes e culturas estrañas de pobos que non coñece desde dentro. Saca ás veces conclusións erróneas, por exemplo, da escaseza de leóns comparados con outros animais infere que as leoas paren un só cachorro e unha soa vez na súa vida.

Heródoto reunía historias moi variadas das súas viaxes e experiencias, pero no utilizaba textos escritos nin vellos arquivos, senón que conta o que el mesmo viu e escoitou nas súas viaxes. Por outro lado, tamén describe e comenta a guerra que dividiu a liberdade de Grecia.

Ofrécenos unha visión persoal do seu mundo, o cal explorou con enorme agudeza escoitando a informadores de diferentes países ao longo dos seus itinerarios. Os seus instrumentos foron a mirada curiosa (όπσις), o escoitar ao fondo (άκοή, ής, ὴ) e a reflexión crítica sobre os datos recollidos (γνώμη, ης, ἡ).

Lingua e estilo

Como a Historia é a primeira obra grega en prosa que se conservou, non é de estrañar que as principais características do seu estilo sexan a simplicidade e o arcaísmo.

Heródoto era moi concreto escribindo e rehúe as abstraccións; fixábase en datos perceptibles. De ahí a súa linguaxe clara e sinxela que foi motivo de admiración na Antigüidade.

Por outra banda, é notable o influxo da epopeia e os xéneros narrativos no seu estilo.

Heródoto compuxo a súa obra en dialecto xónico con algúns aticismos.

Obra: Historia (Ἱστοριαι)

Heródoto é considerado por Tucídides un logógrafo, persoa que escribe relatos en prosa que recollen as crónicas de cidades ou pobos e xenealoxías de familias, ou recopilacións de tradicións ou mitos, sen aplicar ningunha crítica a información que transmiten. A súa obra marcou un antes e un despois na historiografía, ademáis de ser o primeiro autor relevante que escribe en prosa xónica.

Detrás dos acontecementos que narra emerxe unha teoría histórica-folosófica, que o propio Heródoto denomina "lei do equilibrio ou do ciclo", baseada no movemento circular da fortuna e da desgraza humana, que reforza o compoñente tráxico do destino do home, cuxa ambición o leva ao fracaso das súas empresas.

Durante toda a súa obra afonda no cambiante da felicidade humana. Esta lei universal non se atribúe a alguén en concreto e dela faise responsable ao divino, aos deuses, ao azar, ao destino e incluso as accións inxustas dos homes promovidas pola súa grandeza excesiva. Soen ser os oráculos ou os soños os que anuncian o castigo polo dano infrinxido ao romperse o equilibrio. A visión teleolóxica do home, que se atopa supeditado ao seu destino, demostra a influencia que aínda persiste en Heródoto da épica e a lírica tradicionais.

Finalidade

No prólogo, escrito ao rematar a obra, remarca un doble obxectivo. O primeiro é contar as grandes xestas tanto de gregos como de non gregos, bárbaros, e en segundo lugar, explicar as causas da guerra entre uns e outros, a gran confrontación que coñecemos co nome de guerras médicas.

Estrutura

O conxunto foi dividido en nove lógoi ou tratados por un editor alexandrino, un por cada musa e cada un de temática distinta. O primeiro libro de Historia trata sobre o reino de Lidia, o fastuoso rey Creso e as súas grandes riquezas e da conquista deste territorio polo rey persa Ciro. O segundo libro fala de Exipto e as súas marabillas. Recentemente atopouse en Exipto, no río Nilo, unha nave que se corresponde coas descricións que fixo Heródoto na súa obra. Para máis información vaite a este enlace.

O terceiro comeza coa conquista do país do Nilo polo persa Cambises e volve as historias de Persia. O cuarto libro abarca dous lógoi, un sobre Escitia, en Asia Central, e outro sobre Libia. O seguinte libro relata o conflito bélico entre gregos e persas, episodio tras episodio. Este enfoca as intrigas dos persas en Macedonia e os conflitos das cidades gregas, con noticias sobre as políticas de Esparta e Atenas.

Os últimos contan as dúas guerras médicas; no sexto trata a expedición de Darío, que conclúe coa vitoria grega en Maratón. No séptimo evoca cun intenso dramatismo as batallas decisivas das Termópilas e Maratón. No oitavo libro cóntase a batalla de Salamina e no noveno nárrase a de Platea. Todas elas rematan coa merecida vitoria final dos gregos.

É patente, ademais, a súa ignorancia en nocións de táctica e estratexia militar. Este escaso rigor analítico débese a que estaba aínda nos albores do xénero histórico, pese ao cal, na Antigüidade recoñecíaselle como "Pai da Historia". Isto se evidencia nas súas explicacións dos acontecementos humanos, nas cales non está ausente a vontade dos deuses.

O seu sucesor, Tucídides, será quen exclúa todo aspecto relixioso e busque unha explicación puramente racional, baseada na relación causa efecto.

Conclusión final

Con Heródoto iníciase, quizais sen que el mesmo fora consciente disto, a construción dunha disciplina, A Historia, que durante máis de dous milenios cautivará á humanidade. Ata entón o épico e o divino marcaran a incipiente literatura grega pero con Heródoto, o estudo retornará ás accións e as decisións dos mortais, a búsqueda dunha explicación obxectiva dos feitos e ao intento racional de comprender as súas causas e dalas a coñecer.

Heródoto, a quen Tucídides califica tamén como un logógrafo, é un rara avis. A súa obra marcou un antes e un despois na historiografía. Ademáis de ser o primeiro autor relevante en escribir en prosa xónica, foi tamén o primeiro ou polo menos o máis importante en abandoar a historia localista ou rexionalista para centrarse na visión universal dos acontecementos que pasaron anteriormente, como as Guerras Médicas, convertíndose así no creador da Historia Universal.

Bibliografía: National Geographic / Wikipedia / National Geographic / Anatomía de la historia

Heródoto, pai da historia (480-420 a. C.)

"O seu gran traballo é moitas cousas -o primeiro exemplo dun texto non-ficticio, o texto que é a base de toda a disciplina da historia, a fonte de información máis importante que temos dun episodio vital nos asuntos humanos- pero sobre todo é un tesouro, tesouro de maravillas."

Viaxou polo mundo, recopilando informes e historias para a súa investigación e as ordenou por primeira vez nunha narración historiográfica

Heródoto, o primeiro "globalista"

O escritor e periodista polaco Ryszard Kapuscinski di que Heródoto foi o primeiro globalista da historia, xa que soubo entender que "o mundo non está poboado por unha soa nación ou cultura". No século V a.C. "eran bárbaros todas as persoas humanas que non falaran grego", pero Heródoto trataba de comprendelos e "viaxou a outra terras, outros pobos, para coñecer outras culturas". Segundo Kapuscinski, o obxetivo de Herodóto era "descubrir que había outros e demostrar que a súa cultura estaba tan desenvolvida e madura como a grega" o que se considerou unha ofensa para os gregos.

Para este periodista, Heródoto é moi contemporáneo, xa que "despois de cincocentos anos de monopolio europeo, na actualidade diferentes nacións e culturas queren ocupar tamén a mesa do mundo", e ademais "os europeos seguen pensando que só existen eles, cando só representan unha porción menor do mundo, apenas un quince por cento do territorio total".


Para máis información: el confidencial

"Historias" de Herodoto, Libro I

Costumes de Babilonia

"Un costume moi acertado que rixe entre os babilonios é: sacan aos enfermos á praza (pois resulta que non teñen médicos). Así, os transeuntes –se algún deles sufrira un mal semellante ao que padece o enfermo ou se veu afectado del a outra persoa– acércanse ao enfermo e danlle consellos sobre a súa enfermidade. Non lles está permitido pasar xunto a un enfermo sen preguntarlle polo mal que padece".

Entrevista de Creso e Solón

Sometidos por tanto estes e téndoos engadido Creso a Lidia, chegan a Sardes, que se atopaba no cume do seu esplendor, todos os outros sabios de Grecia que existían naquel tempo, segundo viñese cada un deles; concretamente Solón, varón de Atenas, quen, tendo feito para os atenienses unhas leis que el exhortara, ausentouse da cidade durante dez anos, embarcándose co pretexto de ver mundo, para non verse obrigado a derogar ningunha das leis que promulgou. Pois os propios atenienses, en efecto, non podían facelo; dado que se comprometeran con solemnes xuramentos a que se servirían durante dez anos das leis que Solón lles promulgase.

Mary Evans / Scala, Firenze | national geographic
Solón ante el rey Creso en su viaje a Sardes. | Gerard van Honthorst, 1624 | Wikipedia

"Historia" de Herodoto, Libro II

Os exipcios, amantes dos animais

"Os gatos mortos son trasladados a uns edificios sagrados, na cidade de Bubastis, onde, unha vez embalsamados, reciben sepultura; en cambio, os cans cada un entérraos, na súa respectiva cidade, nuns féretros sagrados; e tamén os icneumones [mangostas] son sepultados como os cans. Ás musarañas e aos falcóns lévanos a cidade de Buto, e aos ibis, a Hermópolis. En cambio aos osos e aos lobos sepúltanos alí onde os encontran mortos". Libro II

"Historia" de Herodoto, Libro III

Episodio da leoa

Todo o país dos árabes estaba a piques de encherse de serpes se non caera sobre elas unha calamidade, rasgo de sabedoría e providencia diviña, que afecta aos animais por natureza feros e perxudiciais, que soen ser pouco fecundos. Todos os animais tímidos por instinto e aptos para o sustento da vida, Deus fixos moi fecundos, sen dúbida para que, aínda que comidos ordinariamente, non chegaran a verse de todo consumidos.


Akg / Album | National Geographic

Esto vese especialmente nas lebres e coellos, os cales, sendo presa das feras e aves de rapiña e a caza dos homes, son unha raza extremadamente fecunda, que preñada xa concibe de novo.

Ao contrario, a leoa, fera máis valente e atrevida de todas, pare unha soa vez na súa vida e un só cachorro, arroxando a matriz ao parilo. A causa disto é porque apenas empeza o cachorro a moverse dentro da leoa, cando as súas unllas, que teñen máis agudas que ningunha outra fera, rasga a matriz, e canto máis vai medrando, máis a rasga con mallor forza e por fin, chegado o parto, nada deixa san no útero, deixando enteiramente ferido e desfeito.

Historia de Heródoto, Libro IV

Os xuramentos dos escitas

"Os escitas, con quenes fan un xuramento, fano da seguinte maniera: nunha gran copa de cerámica verten viño e con el mezclan sangue dos que prestan o xuramento, facéndolles previamente unha punción cunha lezna ou unha lixeira incisión no corpo mediante un coitelo; e, acto seguido, sumerxen na copa un alfanxe, frechas, unha sagaris [unha especie de machada] e un venablo. Feito esto, lanzan múltiples imprecacións e, finalmente, beben do contido da copa". Libro IV

Dúas estatuas da deusa Sejmet e un bajorreleve expostos no Museo Exipcio de Berlín.
Two statues of goddess Sachmet and grave relief | Wikipedia

Vídeo sobre Heródoto