A arte figurativa máis antiga de Grecia está en Creta

Post date: May 16, 2018 5:39:56 PM

A datación dos petroglifos descubertos nos anos 60 en Asfendou, ao oste de Creta, foi recalculada grazas aos avances tecnolóxicos en imaxe dixital. Un artigo publicado no Journal of Archaeological Science: Reports asegura que algún dos gravados son do Paleolítico Superior. Nos petroglifos represéntase a un cervo de tamaño anano e con cornos descomunais. É a arte figurativa máis antiga achada en Grecia ata o momento.

Nos 60 atopouse unha colada (masa de lava solidificada) que conservaba figuras xeométricas complexas. Entón creouse un debate sobre se dita arte rupestre fora realizada na Idade de Bronce, con aproximadamente 5.000 anos de antigüidade, ou no Paleolítico, con 11.000. O último estudo publicado confirma que hai símbolos que se remontan ata o Paleolítico. O cervo anano debuxado desapareceu fai 21.500 anos, o que propociona un terminus ante quem (data próxima á aparición dun obxecto) para a pintura máis antiga da cova de Asfendou.

Fonte e imaxe | National Geographic