Atenas rende tributo a Adriano cun retrato desconocido do emperador

Post date: Feb 16, 2017 4:42:48 PM

En agosto do ano 117 morreu Traxano e Adriano convertiuse no novo emperador romano. O museo da Acrópole de Atenas rende tributo a Adriano con motivo desta efeméride. A exposición do retrato de emperador Adriano, do 15 de xaneiro ao 31 de marzo, recorda ao emperador viaxeiro, quen foi un admirador e benefactor de Atenas.

A exposición presenta un magnifíco retrato de Adriano, datado entre o 130 e o 140 d.C., e atopado na avenida Syngrou de Atenas no 1933. Leva unha coroa de follas de carballo cunha aguia no centro que simboliza a Zeus. A súa mirada diríxese ao ceo, como si se estivese alonxando da vida terreal, e luce unha barba, quizá emulando aos filósofos gregos.

Adriano visitou Atenas durante o seu reinado e emprendeu un programa construtivo para renovar e expandir a cidade. A devoción do emperador por Grecia e por Atenas significou o renacer da vida cultural grega nos tempos do Imperio Romano.

O Arco de Adriano aínda segue en pé nunha antiga estrada que leva da Acrópole ao Templo de Zeus Olímpico. Probablemente foi erixido para celebrar o adventus ou a chegada do emperador á cidade. O Templo de Zeus Olímpico, o doble de grande que o Partenón, comezouse a construír no século VI a.C., pero foi Adriano quen o rematou grazas a unha xenerosa donación. Outro edificio que construíu foi o Panteón, cuxas ruinas foron localizadas na rúa Adrianu, no barrio de Plaka.

Información e imaxe | National Geographic