O Val dos Templos de Agrigento ofrécese a Gucci fronte ao rexeitamento do Partenón

Post date: Mar 8, 2017 7:05:13 PM

Se Atenas rexeita a Gucci e ao seu desfile de moda, Agrigento chama á célebre firma italiana para acoller o evento. Hai en xogo un negocio de dous millóns de euros, a cantidade que a marca de moda lle ofrecera ao Partenón a cambio dun breve desfile duns 15 minutos.

Sicilia está atravesando unha grave crise económica polo que acepta que o desfile se realice na área arqueolóxica de Agrigento, considerada Patrimonio da Humanidade dende 19997. Trátase dun parque arqueolóxico de 1.300 hectáreas, o máis grande do mundo.

Esta lugar é un escenario habitual de grandes iniciativas. O pasado mes de agosto de 2016 Google celebrou a súa convención anual, por segundo ano consecutivo, no Val dos Templos. E, durante unha cea no parque arqueolóxico, disfrutaron dunha exhibición de Alicia Keys e da contante soul Eleonora Tomasino.

Imaxe e información | ABC