Un arqueólogo afirma ter a clave para interpretar os Discos de Festos

Post date: Dec 19, 2015 3:54:18 PM

O arqueólogo Gareth Owens, responsable das relacións internacionais do Instituto Tecnolóxico de Creta, declarou á prensa que posee as claves para interpretar o Disco de Festos. Esta peza de forma circular con inscripcións xeroglíficas distribuidas en forma de espiral, foi un dos grandes retos que se resistiu aos esforzos dos arqueólogos e filólogos nas últimas décadas. A pesar dos numerosos esforzos, ninguén foi capaz de ofrecer unha explicación definitiva para este inusual sistema de escritura que se deu en Creta na Idade de Bronce.

Gareth Owens, sen embargo, afirma haber interpretado o sentido das inscripcións do disco, que según el, sería unha dedicación a unha "deusa embarazada" á que relaciona coa Astarté oriental.

Para este arqueólogo, ambas caras do disco conteñen un himno a esta deusa, á que se saúda como divindade do amor, pero tamén da guerra e fertilidade. Gareth Owens di que chegou a esta conclusión tras comparar as inscripcións do Disco de Festos con outros epigráficos encontrados en diversos puntos de Creta. Según el, esta Asterné cretense sería, xunto á Asterné oriental, a semente da que posteriormente, na illa de Chipre, xurdiría o culto á deusa Afrodita.

Unha conclusión arriscada, sen dúbida, a de este arqueólogo, que terá que esperar a que o resto da comunidade científica se pronuncie sobre as súas hipóteses.

Imaxe e información| Greek Reporter