Turquía abrirá un museo en Troia para rescatar os 4000 anos de historia das ruinas de Homero

Post date: Mar 1, 2018 3:28:40 PM

O museo, que leva en construción desde 2015 na actual cidade de Troia, será acabado este ano para celebrar os 20 anos que teñen os restos arqueolóxicos como patrimonio da humanidade.

Terá unha forma de cubo de cor roxiza e terá unha extensión de 1000 metros cadrados. Albergará todos os restos que se conservan da mítica cidade de Troia entre os que destacan o tesouro de Príamo e os tesouros de Helena de Troia.

Fonte e imaxe | ABC