Estimados alumnos/as:
Estes son os criterios para a vosa avaliación. Se sodes quen de sacar 2 puntos en cada un deles, acadaredes un dez (máis non se pode).
Técnica cooperativa que empregaremos:
Cada un dos apartados serán tratado polos equipos coa técnica cooperativa do Puzzle. Cada un dos integrantes ten asignado un tema dos cinco posibles:
O número 1: O Porto e a Lonxa.
O número 2: O comercio
O número 3: A industria
O número 4: Os servizos
Nos equipos que hai número 5: Agricultura, gandería e pesca.
-Deberán facer presentacións de Google, nas que invitarán aos seus compañeiros de equipo e ao/á seu/súa profe.
-Investigarán e cumprirán coa súa parte do traballo.
-Reuniranse cos compañeiros do seu mesmo tema noutros equipos, que fan o mesmo ca eles, para compartiren a información e ver o relevante a fin de melloraren o seu traballo individual.
-Explicarán aos seus compañeiros de equipo o seu traballo, sevíndose da súa presentación. Responderán as dúbidas e preguntas dos seus compañeiros. Axudaranlles a confeccionar o seu propio guión.
-Aprenderán dos compañeiros de equipos aqueles temas que no lles tocaron. Farán os seus guións e familiarizaranse coas presentacións.
-Expondrán e serán calificados (ademais de por todo o proceso) pola exposición dun tema.
-Serán quen de calificar, tanto aos seus compañeiros e compañeiras -dando razóns da súas notas (coavaliación)-, coma a se mesmos (autoavaliación).