O porto de A Coruña é un dos máis importantes de Europa. O seu redor, desenvólvense moitas das actividades que dan traballo aos veciños da cidade.
A actividade portuaria é tan importante que, hai uns anos, comezaron as obras do Porto Exterior, que será un porto de referencia para toda España.
A Coruña é o principal porto de Europa no que se refire á venda de peixe fresco. As principais empresas de alimentación e grandes superficies teñen un almacén no noso Porto.
Esto é moito máis salientable se temos en conta que o Porto de Vigo é o principal porto de Europa na venda de peixe conxelado. Estamos falando de que Galicia é unha gran potencia pesqueira, verdade?
Non esquezas, para o teu traballo, enumerar e definir os sectores de ocupación das actividades que se fan no Porto de A Coruña
Dentro do porto temos a Lonxa. Nela, todos os día, subástanse toneladas de todo tipo de peixe fresco. As pescaderías da propia cidade compran aquí, pero ademais, as grandes empresas compran o pexe e o marisco para toda España. Na Lonxa de A Couña móvense millóns de euros todos os días.
Edificio da Lonxa. Fíxate nos camións que están
cargando o peixe e o marisco.
Para mercar peixe e marisco, os clientes teñen que puxar (ofrecer uns cartos por cada caixa de peixe.
Vocabulario do porto:
Busca e define estas palabras:
Noray, bocana, amarre, atracar, cruceiro, carguero, transatlántico, babor, estribor, proa, popa, catamarán, goleta, navío, travesía, derrota, singladura, nudo, tolva...
Vocabulario da Lonxa:
Lonxa, asentar, puxa, xarda, parrocha, merluza, cazón, boi de Francia, centolo, lubrigante, cigala, escacho, marraxo...
Que sectores de ocupación cres que abranguen o Porto e maila Lonxa de A Coruña? Dá algúns exemplo.