Cuando era un joven meteorólogo aventurero aficionado a la geología, Alfred Wegener se dio cuenta de que los continentes encajaban como un puzzle. Cuando se hizo geólogo continuó con su idea de que todos los continentes en algún momento habían sido solo uno y que se habían separado. Para él, los continentes son como barcos a la deriva acercándose o alejándose poco a poco, conducidos por enormes fuerzas que vienen del manto terrestre. Mira en Wegener, el científico aventurero
A deriva continental en broma foi tratada nalgunha peli que seguro que coñecedes. Mirade a ligazón.
Orientámonos: vocabulario para xeografía
Hoxe falamos dos puntos cardinais. O sol sale polo leste e agáchase no oeste... Norte, Sur, Leste e Oeste.
É moi curioso e moi útil repasar o vocabulario dos puntos cardinais:
Leste é o mesmo que Oriente: o que está no leste é o oriental. Tamén é igual ao Levante, porque polo leste levántase o Sol, que estaba deitado máis abaixo da liña do horizonte. É dicir: leste = oriente = levante. Do leste = oriental = levantino. O Levante Español é a parte leste da Península: chámaselle así á Comunidade Valenciá.
Oeste é semellante a Occidente. O occidental é o que está ao oeste. Pódese chamar Poniente, porque alí ponse o Sol (agáchase). É dicir: Oeste = Occidente = Poniente. Nós estamos na zona máis occidental de Europa: os romanos, que non sabían que existía América, dicían que estabamos no Fin da Terra, no Finis Terrae (Finisterre).
Ao que fica ao norte podémoslle chamar tamén setentrional, e as veces nórdico. Se está moi ao norte, chámaselle boreal. Ao que se atopa ao sur, dicímoslle meridional ou austral.
É dicir: do norte = setentrional = nórdico = boreal.
Do Sur = meridional = sureño = austral .
Por certo: orientarse é saber onde están as direccións, por onde se vai aos sitios, pero ven de "saber onde está o oriente"; é dicir, saber por onde sae o Sol.
Máis vocabulario
Planisferio: Esfera representada nun plano.
Cartografía: Ciencia dos mapas.
Exercicio 1: Explica con outras palabras: "A Meseta Central divídese en dúas: a Submeseta Setentrional e a Submeseta Meridional.
Exercicio 2: De que duas palabras pode derivar a palabra "planisferio"?
A cartografía antiga
Os antigos tentaron representar a Terra en mapas. Este é un mapa da Idade Media.
Coordenadas terrestres
Moito despois, durante a Idade Moderna e grazas as viaxes de exploración marítima, o planisferio foi representado deste xeito.
Para poder localizar un lugar no mapa, temos que saber cales son as súas coordenadas terrestres. Para coñecelas hai que saber o que son os paralelos, os meridianos, a latitude, a lonxitude, os polos, o ecuador...
Paralelos
Os paralelos son liñas imaxinarias paralelas ao ecuador .
Estas liñas son as que marcan a latitude, é dicir, a distancia que hai desde un punto da superficie terrestre ata o ecuador. Mídese en graos como nunha circunferencia ( lembrade que o noso planeta é esférico), e pódese atopar como máximo a latitude de 90º nos polos. Hai latitude norte e latitude sur, medindo norte ou ao sur do ecuador.
O ecuador chámase tamén paralelo 0º ou principal. É, polo tanto, unha liña imaxinaria que percorre á Terra e a divide en dúas metades, denominadas hemisferios (hemisferio norte e hemisferio sur).
Ademais do paralelo 0º, existen outros catro paralelos principais: dous no hemisferio norte e dous no hemisferio sur.
No hemisferio norte atópanse o Trópico de Cáncer e o Círculo Polar Ártico.
No hemisferio sur atópanse o Trópico de Capricornio e o Círculo Polar Antártico.
Entre os dous Trópicos sitúase a zona tropical ou cálida do planeta. Entre os trópicos e os círculos polares está a zona temperada, e entre os círculos polares e os polos, as zonas frías.
Meridianos
Os meridianos son liñas imaxinarias perpendiculares aos paralelos que unen os polos.
Estas liñas son as que marcan a lonxitude, é dicir, a distancia que hai desde un punto da superficie terrestre ao meridiano cero ou Meridiano de Greenwich. Mídese en graos, chegando ata os 180º.
Hai lonxitude leste e lonxitude oeste, dependendo da situación respecto ao meridiano de Greenwich, que é o Meridiano 0º.
Outra liña importante é o antimeridiano, que continúa ao Meridiano 0º pola outra parte do mundo.
A lonxitude terrestre calcúlase cun simple reloxo (pero de precisión), xa que marcan a diferencia horaria con respecto ao sol.
Para saber máis, clica nesta ligazón para ver a presentación que os teus profes fixeron:
Tamén veremos unha explicación en: Calcular coordenadas
3. Nunha folla cuadriculada, traza unha liña horizontal e a súa perpendicular. Cal sería o Ecuador e cal oMeridiano cero?
4. Pon nomes aos cuadrantes que se forman : arriba á dereita sería Latitude norte e Lonxitude este.
5. Numera de un en un cada cadriño ata o dez en todas direccións a partir do centro.
6. Esconde unha flota de barquiños e xoga en equipo.
Fusos Horarios
Ao longo da lonxitude da Terra o sol sae a diferentes horas. Hai 24 fusos horarios diferentes, correspondentes ás diferentes horas. Considérase que o sol sae polo Extremo Oriente, preto de Xapón (a terra do sol nacente) e viaxa cara o occidente. O sol nace no antimeridiano e doce horas despois no meridiano 0. Doce horas despois (é dicir 24 horas dende que saíu no antimeridiano) sae no extremo occidente.
Ver a presentación dos fusos horarios.
7. Se unha esfera, que ten sempre 360º, tarda 24 horas en dar a volta, significa que hai 24 fusos horarios diferentes. Cantos graos lle corresponden a cada fuso horario?
8. Investiga e responde, que é o antimeridiano? Para que serve?
9. Refexiona: Por que os paralelos cubren só 180º (90 norte e 90 sur) e os meridianos 360º (ata 180 polo leste e polo oeste).
Representacións gráficas do espazo.
Os planos
O plano é unha representación esquemática e cartográfica, en dúas dimensións e a determinada escala, dun determinado espazo.
Temos que facer un plano exacto da clase (cada cadriño da nosa libreta representa unha baldosa).
Existen varios tipos de planos:
-O plano ortogonal, que se utiliza cando representamos unhas construccións en ángulo recto e moi ordenadas.
-O plano lineal: utilízase para representar unha localidade alongada, por exemplo ao longo dunha estrada.
-O plano irregular: serve para a representación de territorios sen unha forma definida, irregulares.
10. Fai un plano da clase. Cada baldosa é un cuadriño da túa libreta.
Mapas
Representacións dun territorio en dúas dimensións, a escala e esquemáticas (coma os planos pero dunha zona mais grande).
Se fan mapas por distintos motivos: para representar os acciedentes xeográficos, os límites das nacións ou provincias, as estradas, a demografía dunha rexión, as actividades económicas... Chámanse mapas temáticos (que teñen un tema).
Hai mapas:
-Físicos. Mostran os accidentes xeográficos (ríos, cabos, golfos, montañas, chairas...). Físico de Europa
-Políticos: Amosan as fronteiras das provincias, as comunidades autónomas e as nacións.
Temáticos:
-Demográficos: Tratan da densidade de poboación. Densidade de poboación de España
-Económicos: Ocúpanse das actividades a que se adican as poboacións.Sector Primario en España
-De estradas: Reflexan a rede de estradas coa súa numeración e tipos de estradas. Mapa carreteras de Galicia
Para casi cada tema se pode facer un mapa temático: presencia dunha enfermidade, tipos de alimentación, bosques, etc.
Lembramos de 4º este mapa político:
Ademais dos mapas, tamén utilizamos o denominado globo terráqueo para representar a superficie terrestre.
Co globo terráqueo o que podemos observar son os polos, o ecuador, os distintos paralelos e meridianos, e os cinco continentes cos seus diferentes países, mares e océanos.
Un atlas é unha colección de mapas e cartas xeográficas reunidos nun libro. Podemos utilizalo para consultar onde se sitúa ou como é algún territorio que nos interese.
Os atlas soen presentar un índice ao comezo no que se recolle toda a toponimia (nomes de lugares). Cada lugar aparece cunha referencia, que é a que debemos ter en conta para buscar o territorio desexado, posto que se corresponde coa páxina do atlas na que se atopa representado.
Sobre a cartografía e a representación da Terra, debemos saber que son as escalas. Son debuxos e indicacións nos mapas que nos permiten saber cal é a equivalencia entre a realidade e o debuxado no mapa ou plano.
Vén representada por unha barra dividida en segmentos de igual lonxitude.
A través da barra, amósase a relación entre a distancia real e a representada, que se acostuma indicar en quilómetros (km).
É dicir, se a barra mide 3 cm e no mapa indícase que equivale a 24 km, iso significa que 1 cm do mapa equivale a 8 km na realidade.
Escala numérica
Esta escala indica a proporción que existe entre a realidade e o mapa a través dunha fracción. Indícase en centímetros (cm).
Por exemplo, se temos unha escala 1:100.000 quere dicir que 1 cm do mapa equivale a 100.000 cm na realidade.
11. No plano de fixestes da vosa clase utilizastes as baldosas do chan como medida. Reflexiona sobre a escala do teu plano.
12. Escribe todas as nacións que teñen fronteira coa República Checa. En que mapa o atopaches?
13. Escribe cinco cidades españolas con moitos habitantes. En que mapa o atopaches?