Hoxe comezamos o noso experimento número un, relativo ás plantas. Trátase de saber se as plantas reaccionan ou non ás condicións do seu contorno.
O profe mandounos traer a todos un frasco de vidro, uns anacos de algodón e unhas lentellas.
Logo fixemos catro grupos.
Grupo 1: mete a planta no armario sen ningunha luz.
Grupo 2: coloca as plantas nunha estantería e medio tapa a luz cunha folla de papel. Están en penumbra.
Grupo 3: Poñen a súa planta nunha estantería con bastante luz, pero que estea á sombra todo o día.
Grupo 4: Poñen as plantas preto da ventá: a luz do sol dalles directamente a algunhas horas do día.
A maioría dos alumnos pensan que as que mellor van medrar serán as da ventá, e que as do armario non van nacer.
Os alumnos de 6º dan as súas prediccións do que vai suceder. Se as prediccións teñen algunha explicación, chámanse hipótesis.
Hipótesis dos alumnos:
-Van medrar mellor as que están na ventá, porque as plantas necesitan a luz do sol para nacer.
-No armario non van a nacer as plantas porque está moi escuro e non lles chega o sol.
Algunhas prediccións non estaban razonadas (por exemplo: "Van medrar máis as da estantería do grupo 3"). Por tanto, non se poden considerar.
20-X-17
Hoxe comparamos as plantas nos diferentes sitios onde as gardamos.
Grupo1: Medraron moito (ata 10 cm) e son de cor branca e amarela.
Grupo 2: Medraron bastante (8 cm). De cor verde clara.
Grupo 3: Medraron 6 cm. Un pouco máis verde.
Grupo 4: Medraron pouco: as que menos (3 cm). Verde intenso. As follas desenvólveronse antes.
Falamos do resultado do experimento. Ningún alumno predixo o que ía pasar. Ningunha das hipótesis era correcta.
Tentamos unha explicación utilizando os datos recollidos e o noso razonamento:
"As plantas que non tiñan luz medraron moito para poder atopala, xa que de non facelo ían morrer axiña. Polo tanto medraron moito pero non puideron facer a fotosíntese, polo que son de cor branca. As plantas da ventá tiveron boas condicións de luz dende o seu nacemento, polo que non tiveron que medrar moito e empezaron de seguido coa función clorofílica e o desenvolvemento das follas".
Falamos de que, segundo esta explicación as prantas son capaces de relacionarse co seu medio e podrían percibir algunhas cousas del: por exemplo, se hai luz ou non. Pero...
1-Saben onde está o sol ?
2-¿Saberán onde está arriba e onde está abaixo?
Facemos un segundo experimento que poda respostar estas preguntas.
1-Tapamos unha planta por todos lados con cartolina. Só deixamos unha parte libre. Se a planta fose capaz de saber por onde vén o sol, os seu talos e follas orientaríanse cara a luz.
2- Poñemos unha planta do revés. Se os talos se torceran cara arriba sería o sinal de que senten a gravidade.
Verémolo o próximo día.
23-X
Hoxe non hai Natu, pero a planta que estaba do revés respondeu: todo os seus talos torcéronse en 180º e van cara arriba.
A planta forrada orientou as súas follas cara a luz.
Conclusión dos experimentos:
As plantas relaciónanse co seu contorno. Son seres capaces de percibir a dirección e a cantidade de luz. Se non atopan luz cando nacen, os seus talos medran rapidamente ata atopala, antes de empezar facer a función clorofílica. Saben ónde esta arriba e abaixo, conseguindo que os seus talos sempre medren cara arriba e as súas raíces cara abaixo.
¡Interesante!
Ata o próximo experimento.