Por Diego de Santiago.
Materia: a materia é todo aquilo que posúe unha masa e ocupa un lugar no espazo.
As propiedades da materia son:
-masa, é a cantidade de materia que ten un corpo
-volume, é o espazo que ocupa ese corpo
Átomo: é do que está feito a materia, é a parte máis pequena na que podemos dividir a materia.
Molécula: os átomos xuntanse cos enlaces químicos e forman as moléculas.
Segundo a súa permanencia:
Cambio irreversible: se a materia non pode recuperar o seu estado inicial(estes cambios chamanse cambios químicos)
Cambios reversibles: se a materia pode recuperar o seu estado inicial(estes cambios chamanse cambios físicos)
A materia ten tres estados:
Sólido: conserva a forma e o volume
Líquido: forma variable e volume constante
Gasoso: non ten forma nin volume constante