Chámase horta a un espazo de terreo ben coidado e plantado con hortalizas para o consumo humano. Nas hortas régase, abónase e prepárase a terra dunha forma axeitada para posibilitar máis dunha colleita destas plantas tan apetitosas. Na horta pódense plantar tamén herbas de olor como tomillo, espliego, menta, perexil, etc.
Aquí ao lado tés uns bancais para plantar estas herbas.
Sen embargo, nas hortas galegas plántanse maioritariamente cebolas, leitugas, pementos, tomates, cenorias, cabazas, repolos, allos porros, etc.
Vamos coñecer algunhas destas variedades tan ricas.
Cebola
O seu nome científico é Alium cepa. Así vense as cebolas cando están crecidas, pero a súa flor é moi bonita taménn verdade?
Seguro que te lembran algunha que vemos na subpáxina de plantas silvestres.
A cebola ten a súa orixe en Asia Central, onde foi atopada polos gregos e romanos que a trouxeron a Hispania.
Ten moito valor nutritivo e moitos desoxidantes. Ademais, na cociña galega é indispensable.
Leituga
Berza
Brasica oleracea ou berza galega. É propia de aquí, así que non protestedes cando veades berza no voso plato.
Cenoria
Estas flores foron fotografiadas no Paseo Marítimo, non nunha horta.
Da cenoria xa falamos cando vimos as plantas herbáceas silvestres. Trátase dunha variedade de Daucus carota, autóctona de Galicia, que se cultivou ata conseguir esta raíz tan grande e de cor laranxa.
Cando medran vense así.
Tomate
Os tomates son orixinarios de América. O seu nome provén do Náhuatl, o idioma dos aztecas. Crese que o primeiro envío de tomates a España fíxose por orde do propio Hernán Cortés, conquistador de México en 1521. O seu nome científico é Solanum lycopersicum .
Pemento
En Galicia son moi cultivados. Os típicos de aquí son estes pementos pequenos que se producen en Padrón, Couto, etc.
Os pementos de Padrón uns pican e outros non. E coidadiño cos que pican!
Fíxate nas súas flores brancas.
As cabazas, Cucurbita maxima, son moi populares nas nosas hortas porque poden medrar moitísimo. Déronse cabazas de 500 kg.. Fíxate que flores tan amarelas teñen.