Ex.1: Que seres vivos cres que puido observar Hooke? Que detalles cres que descubriría sobre eses seres vivos?
Ex 2: Sabes o que é un fósil? Busca información sobre como se forman e razoa se os fósiles son seres vivos ou non.
Ex. 3:
Agora xa sabes diferenciar un ser vivo dun inerte, pero pensaches cantos coñeces? Elabora dúas listas, unha de seres vivos e outra de seres inertes. Cantos fostes capaces de reunir en cada lista? Dez, vinte, trinta ou quizais máis?
Páx 4- 2:
Aparatos e sistemas, células, tecidos e órganos son os niveis de organización dos seres vivos pluricelulares. Defíneos e ordénaos de menor a maior grao de complexidade.