Agora, a pirámide xa non é unha pirámide:
A este gráfico se lle chama pirámide de poboación.
Históricamente, os países tiñan moitos máis nenos e nenas cativos/as que persoas maiores.
Ao poñerse ao tanto por cento da poboación no eixe de abaixo, é máis grande a raia dos nenos de 0 a 4 anos, que sobrepasan o 10% (10 de cada 100). Os anciáns de 90 e máis anos non chegan ao 1%.
Quédanos unha imaxe parecida a unha pirámide.
Como vedes, en España hai poucos nenos de o a 4 anos: un 2,5 %, igual que os anciáns de 70 a 74 anos. Os que máis hai son os homes e mulleres de 30 a 34 anos.
Esta pirámide ten moitas caderas: parece un barrilete.
DENSIDADE DE POBOACIÓN
A densidade de poboación é unha medida de distribución da poboación de un país ou rexión. Indícanos a cantidade de persoas que viven nun espacio.
É equivalente ao número de habitantes dividido entre a área onde viven. Indica, polo tanto, o número de persoas por cada unidade de superficie, xeneralmente en km2.
Si vivimos nunha cidade con pisos moi altos, vive moita xente por km2:
Nesta aldea hai pouca densidade de poboación. Podería haber, por exemplo 10 persoas por km2
Imaxinamos se toda esa xente baixase á rúa á vez. Podería ser un problema importante.
Nunha cidade así poderían alcanzarse a cifra de 10.000 persoas por km2 (mídese só o chan da rúa, no a superficie dos pisos).