Sabías que en Galicia temos rinocerontes? Isto que ves aquí, no título, é un rinoceronte. Si, aínda que non o creas, este escaravello chámase como o mamífero africano: escaravello rinoceronte. E destes si que temos a carón de nós..
Chámase cientificamente Oryctes nasicornis. O nome púxollo directamente o propio Carlos Linneo no século XVIII. Para a especie non tivo que pensar moito: nasi de nariz e cornis de corno. Este animaliño é o máis forte do Mundo: é capaz de levantar 850 veces o seu peso. E iso que non ten ósos!
E ista preciosidade de animal chámase mosca azul e vive da carne morta. Gústache?
Estes animais teñen en común que son invertebrados. Os invertebrados son os animais máis numerosos da Terra. Esta unidade aprenderemos moito deles.
Sesión 1
Os animais
O grupo de seres vivos pluricelulares que non producen alimento de seu (son heterótrofos) e non están suxeitos ao chan (como o caso dos fungos), senon que adoitan desprazarse na busca de outros seres vivos para conseguir a súa enerxía deles, chámanse animais.
Os reinos dos seres vivos, como vimos o curso pasado, son cinco:
REINO VEXETAL: Formado polas plantas.
REINO DOS FUNGOS: Formado polos fungos. Iguais que as plantas peron non poden fabricar o alimento de seu.
REINO ANIMAL
• Son pluricelulares.
•Non son capaces de fabricar o seu alimento a partir de substancias sinxelas, como o
fan as plantas, polo que se alimentan doutros seres vivos.
• A maioría son capaces de desprazarse dun lugar a outro.
• Teñen sistema nervioso, máis ou menos complexo, e órganos dos sentidos. Por iso
reaccionan rapidamente aos cambios que captan.
REINO DOS PROTOCTISTAS
O reino protoctista inclúe aos protozoos e ás algas unicelulares. Son seres vivos unicelulares con núcleo.
REINO DOS MÓNERAS
Os móneras (bacterias) teñen as seguintes características:
• Son unicelulares. Non teñen núcleo.
Para pertencer ao reino dos animais, os seres teñen as seguintes características:
-Son pluricelulares; é dicir, teñen máis dunha célula. As súas células adoitan ser eucariotas. Normalmente teñen miles de millóns delas.
-Teñen órganos complexos. O corazón, o estómago, etc., son órganos.
-Heterótrofos: comen a outros seres vivos. Os heterótrofos diferéncianse dos autótrofos (que son os que fabrican o alimento de seu).
-Desprázanse: non está suxeitos (aínda que algúns animais, por estratexia si que está suxeitos en ocasións).
-Teñen un bo sistema nervioso que lles indica datos sobre o medio e facilitan as respostas aos cambios nel.
Quenlla branca cazando unha foca.
A célula animal
Isto que ves aquí é un núcleo de célula con ADN nadando no seu citoplasma. Se as células teñen núcleo levan unha chea de información sobre si mesmas nesas cadeniñas. As células con núcleo chámanse eucariotas (esa palabriña significa "de bo núcleo" en grego).
Existen dous tipos de células diferentes: a célula procariota (ou célula sen núcleo) e a célula eucariota (con núcleo diferenciado).
As células animais son eucariotas, aínda que pode que algunhas delas o perdesen para facer mellor o seu traballo (os glóbulos vermellos non teñen núcleo nos mamíferos).
Se lle damos un corte a unha célula animal e a contemplamos por dentro, ista sería a súa composición.
Teñen membrana (non parede celular, coma na vexetal).
Teñen citoplasma.
Teñen núcleo.
Teñen outros orgánulos, ademais do núcleo: nucleolo (dentro do núcleo), vacuolas, lisosomas, aparato de Golgi (grupos de saquiños e cisternas) e retículo endoplasmático (tubiños e membranas que están distribuídas polo citoplasma).
Sesión 2: As funcións vitais dos animais
Función de nutrición
NUTRICIÓN
A función de nutrición é unha das tres funcións que realizan os animais. Supón a obtención de:
Materia: que utilizan para medrar, reparar tecidos ou reproducirse. Para isto, utilizan proteínas que atopan en outros seres.
Enerxía: que empregan para realizar as funcións vitais e calquera outro tipo de actividade (pensar, rir, correr, saltar, durmir...). Para isto, precisan azucres ou hidratos de carbono que atopan en outros seres vivos.
Substancias necesarias: que poden atopar na seu medio físico (bebendo auga ou respiando, por exemplo), o noutros seres vivos (vitaminas).
Como os animais non podemos fabricar o noso propio alimento, temos que tomalo doutros seres. A función de nutrición comeza cando captamos o alimento, vexetal ou animal. No interior do noso corpo trasformarémolo para extraer del as substancias que necesitamos para vivir.
Ademais, necesitamos captar osíxeno e levalo, xunto co alimento, a todas as nosas células.
Como resultado da nosa actividade, prodúcense substancias de refugallo que teñen que ser expulsadas cara ao exterior.
A función de nutrición lévase a cabo mediante catro procesos:
Dixestión: serve para transformar os alimentos que inxerimos en substancias que as nosas células poidan empregar.
Respiración: supón a captación de osíxeno, necesario para o funcionamento das células, e a eliminación do dióxido de carbono, substancia de refugallo que producen as células durante a súa actividade.
Circulación: permite que substancias útiles para a célula cheguen ata elas e as de refugallo sexan transportadas cara a órganos encargados de eliminalas.
Excreción: permite a eliminación de substancias de refugallo cara ao exterior.
Función de relación
A función de relación nos animais é o conxunto de procesos polos que obteñen información do medio que os rodea, ou do seu corpo, para tomar decisións axeitadas para a súa supervivencia.
Á función de relación contribúen os órganos sensoriais, os órganos efectores e o sistema nervioso.
Órganos sensoriais: son órganos encargados de recibir os estímulos. Algúns sentidos seranche coñecidos, xa que os posúe o ser humano. É o caso da vista, o olfacto, o gusto, o tacto, o oído, o equilibrio, a sensación de dor... Para cada un deles posuímos órganos especializados.
Os órganos sensoriais poden estar situados no interior do corpo ou na superficie e reciben tanto información do exterior como do interior do corpo. Os órganos sensoriais forman os sentidos. Non obstante, hai moitos animais que posúen sentidos que non están presentes nos seres humanos, como algunhas serpes que poden detectar a calor. Grazas a isto diferencian as súas presas, ao recoñecelas porque destacan sobre un fondo frío. Tamén parece que algúns peixes empregan débiles sinais eléctricos para comunicarse en augas turbias.
Órganos efectores: son os encargados de executar a resposta.Os ambientes en que habitan os animais son moi diversos (animal acuático ou terrestre, animal nocturno ou diurno...), polo que non todos necesitan obter a mesma información do medio.
Vexamos un exemplo máis concreto: para un animal que vive no interior do solo, como unha toupa, ten moita importancia recoñecer olores ou movementos na terra, pero non tanto as imaxes, xa que alí todo está escuro. Por iso teñen moi desenvolvido o sentido do tacto e do olfacto e non tanto o da vista.
Sistema nervioso: é o encargado de procesar a información para elaborar unha resposta axeitada a cada estímulo.
Función de reprodución
Os animais tamén fan copias de si mesmos. A maioría dos animais teñen sexos e reprodución sexual, aínda que outros utilizan a reprodución asexual; estes, sobre todo, son algúns animais invertebrados.
1. Debuxa unha célula animal sinalando as súas partes.
2. Que catro procesos teñen que ver coa función de nutrición?
3. Fai un esquema dos órganos da relación nos animais.
4. Como se produce unha resposta a un estímulo nun animal?
5. Investiga algún caso de reprodución asexual en animais e descríbeo no teu caderno.
Chámanse relacións interespecíficas ás que se dan entre dúas especies diferentes de animais ou plantas no contexto dun ecosistema determinado. Mira este vídeo: Relacións interespecíficas
As relacións interespecíficas máis interesantes son as de...
-Depredación. É a relación na que unha das dúas especies caza e devora á outra. Vemos no vídeo unha relación de depredación entre o lince ibérico e a perdiz. Lince ibérico
-Mutualismo. É a relación na cal se asocian dúas especies co resultado dun beneficio mutuo, por exemplo: Pez payaso y anémona Mutualismo de barbos e hipopótamos
-Parasitismo. Nesta relación unha das dúas especies vive a costa da outra, perxudicándoa e as veces matándoa. Hai moitos tipos de parasitos, desde o piollo ou o mosquito ata outros máis descoñecidos. Mirade estes: Parasitos que fan animais zombis.
-Comensalismo. Relación entre dúas especies, na que unha (o comensal) benefíciase sen afectar de forma significativa á outra (o hóspede). Unha relación deste tipo é a que teñen algúns animais carroñeiros ou descompoñedores cos depredadores. Escarabajo pelotero y elefante
-Competencia. Competencia leopardo-lobo-raposo-pegas rabilongas...
Outra forma de relación dos seres vivos, esta vez con membros da súa propia especie, son as relacións intraespecíficas. Estas relacións determinan quen se reproduce, quen domina no grupo, que animal vive en solitario, etc. Algunhas buscan a cooperación (como as relacións dos pais cos seus cachorros); outras favorecen a competencia dentro do grupo, como as pelexas pola dominancia no grupo ou as exhibicións nupciais. Danzas nupciais das aves.
Sesión 3: Os invertebrados
As claves dicotómicas
Acórdasche das claves dicotómicas da unidade anterior? Trátase de observar ao ser vivo e responder preguntas elixiendo entre dúas respostas claras. En bioloxía este é o método máis empregado para catalogar aos seres. Agora vas ver un exemplo:
Clave dicotómica: O ser vivo ten máis dunha célula?
Sí: fungo, planta ou animal. X
Non: monera ou protoctista
Clave dicotómica: O ser vivo é autótrofo?
Si : Planta
Non: fungo ou animal. X
Clave dicotómica: Desplázase?
Si: Animal X
Non: Fungo e algúns animais invertebrados que viven fixos ás rochas.
Clave dicotómica: ten ósos e esqueleto interno con columna vertebral?
Si : VERTEBRADO
Non: INVERTEBRADO X
Etc. ata atopar a especie exacta que sexa.
Chamamos vertebrados aos animales que teñen esqueleto interno con ósos e, neste esqueleto, columna vertebral formada por vértebras.
Os animais máis grandes e desenvolvidos do Reino Animal son vertebrados. Estudiámolos o ano pasado. Lembramos que hai cinco clases de vertebrados: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos.
Segundo vimos o curso pasado, os veretbrados teñen en común unha serie de características, que son comúns dende que hai 570 millóns de anos apareceron no planeta e comezaron a diversificarse.
O esqueleto interno. Os vertebrados teñen como eixo a columna vertebral formada por vértebras que se articulan e que protexen á medula espinal do sistema nervioso, ademais, teñen o cranio que protexe ao encéfalo. O esqueleto interno pode ser óseo ou cartilaxinoso, coma no caso das quenllas.
As extremidades. Os vertebrados teñen extremidades, como aletas, ás ou patas, que lles permiten desprazarse segundo o medio que habitan, excepto algúns vertebrados que as perderon na súa propia evolución, os chamados ápodos, que significa “ sen patas”, como as serpes.
A pel. Os grupos de vertebrados teñen distintos tipos de tegumento, é dicir, de tecido que recubre a pel. Poden ser: escamas como no peixe ou no lagarto, caparazón duro como na tartaruga, plumas como no falcón ou pelos como no lobo. Os únicos vertebrados coa pel núa son os anfibios.
Tipos de vertebrados:
Peixes: acuáticos, ovíparos, sangue frío, teñen escamas e aletas; respiran por branquias. O seu esqueleto está formado por espinas e a súa reprodución é sexual con fecundación case sempre externa.
Anfibios: media vida acuáticos, xofren metamorfose, ovíparos, sangue frío, pel núa porque respiran taménpola pel. Branquias de crías e pulmóns de adultos. Reprodución sexual aínda que se documentou cambio de sexo cando falta un deles.
Réptiles: Terrestres e acuáticos pero respiran por pulmóns. Son víparos, todos de sangue frío e teñen escamas cubrindo a súa pel. Reprodución sexual. Arrástranse polo chan cando se desprazan, xa que as patas sáenlles dos laterales do corpo, non de abaixo.
Aves: Terrestres ou acuáticas, respiran por pulmóns. Ovíparas, de sangue quente. O corpo está cuberto de plumas. Teñen peteiro sen dentes. Os seus ósos son moi lixeiros. Dispoñen de dúas ás nas súas extremidades superiores, coas que moitas poden voar.
Mamíferos: Terrestres ou acuáticos, respiramos por pulmóns. Temos labios porque mamamos o leite da nosa nai cando nacemos. Nacemos vivos da nosa nai, sen ovos (somos vivíparos).Temos o sangue quente e o corpo con pelo.
Os invertebrados
Este curso imos centrarnos no estudo dos invertebrados. Os invertebrados son os animais máis antigos da natureza, e tamén os máis abundantes.
Non teñen ósos nin esqueleto interno. Aínda que algúns presentan partes duras, estas están feitas dunha substancia chamada quitina. Non son ósos formados por calcio coma os nosos.
Un escorpión facendo a muda.
Os seus esqueletos soen ser externos, coma unha armadura. Hai algúns que non o ten. De non telo, os seus corpos son brandos, ou, como moito, cun reforzo interno moi sinxelo (por exemplo a placa interna da lura).
Moitos deles teñen que cambiar o esqueleto para medrar, isto chámase facer a muda.
Teñen características moi diversas nos diferentes grupos: algúns móvense con ás ou extremidades articuladas; outros, arrástranse ou adícanse a filtrar a auga fixos nas rochas, por exemplo.
Tipos de invertebrados
Existen 6 tipos de animais invertebrados: os artrópodos, moluscos, vermes (ou anélidos), equinodermos, medusas (ou celentereos) e esponxas (ou esponxiarios).
Nas próximas sesións aprenderemos a diferencialos e sabremos cales son as claves dicotómicas a utilizar para a súa clasificación.
Sesión 4:
Artrópodos: os insectos
Os artrópodos son os animais invertebrados que forman o grupo máis diverso do reino animal. Estes animais teñen o corpo cuberto por un exoesqueleto, coñecido como cutícula e formado unha serie lineal de segmentos ou trozos, con apéndices de pezas articuladas, como as dunha armadura medieval..
Dentro dos artrópodos, temos aos insectos, os arácnidos, os crustáceos e os miriápodos.
Insectos
Os insectos son animales invertebrados do grupo dos artrópodos. Son o grupo de animais máis diverso da Terra dos que se coñecen aproximadamente un millón de especies diferentes, cada unha delas cunha cantidade de membros moi abundante. Os insectos no só presentan unha grande diversidade, senón que tamén son incriblemente abondantes. Algunhas estimacións falan de que existen 200 millóns de insectos por cada ser humano.
Caracterízanse por teren dúas antenas, seis patas e dúas ás. Teñen o corpo dividido en tres partes: cabeza, tórax e abdome, e nalgún momento da súa vida, polo xeral cando pasan á etapa adulta, experimentan un cambio drástico chamado metamorfose.
O sistema respiratorio dos insectos é traqueal (tráquea é tubo polo que pasa o aire), e está formado por tubos e sacos a través dos cales os gases se difunden ata chegar directamente aos órganos. A boca dese tubo chámase espiráculo e é coma un buraquiño que da ao exterior.
Como consecuencia, o sistema circulatorio non serve para transportar o osíxeno. Esto último dificulta que teñan un gran tamaño.
Ollos compostos dun insecto.
O sistema nervioso dos insectos está formado por un cordón nervioso central e polo cerebro, situado na cabeza e bastante desenvolvido. En cada segmento dos insectos atópanse un par de ganglios nerviosos.
Os insectos teñen órganos sensoriales bastante desenvolvidos, aínda que varían segundo a especie. Moitos poden ver as cores e formas, poden percibir estímulos químicos, vibracións, algúns sons y algúns agás poden sentir dor.
1. Que significa a palabra artrópodo?
2. Escribe as características dos artrópodos.
3. Todos os insectos teñen...
4. Que impide aos insectos ser máis grandes de tamaño?
5. Por que dicimos que os insectos teñen un bo sistema nervioso?
SESIÓN 5:
Outros artrópodos: os arácnidos
Os arácnidos ou arañas son un conxunto de animais artrópodos moi abondante en todo o mundo, do que se coñecen unhas 45.000 especies diferentes.Teñen o corpo dividido en dúas partes: o cefalotórax e o abdome, e contan con catro pares de patas. Sábese que durante a prehistoria existiron algunhas arañas que podían chegar aos 50 centímetros de lonxitude, pero actualmente a máis grande que existe ten un tamaño de 30 centímetros.
Por regra xeneral, son animais solitarios e depredadores de pequenos insectos, aos que poden daren caza a través de técnicas moi variadas. Algunhas posúen potentes velenos, dos cales unha pequena cantidade, pode acabar coa vida dun ser humano.Son capaces de produciren seda que usan para tecer arañeiras, principalmente co obxectivo de cazar, aínda que teñen múltiples utilidades.
A pesar de que algunhas delas teñen catro pares de ollos, a maioría non gozan dun gran sentido da vista. Viven aproximadamente durante un ano e atópanse en prácticamente todas as partes do mundo, exceptuando a Antártida.
En "Documentos da Unidade 2", tés un traballo marabilloso dunha compañeira sobre as arañas, e algunhas curiosidades máis.
Investiga algúns datos dos crustáceos e miriápodos. Elixe unha destas clases de artrópodo e fai unha presentación con ela.
Os moluscos
Os moluscos son un dos grandes grupos dos invertebrados. Teñen corpo brando, as veces protexido por unha ou varias cunchas.
Este polbo que vedes aquí é un molusco. É un dos animais máis intelixentes da natureza. Sen dúbida, o invertebrado máis intelixentes.
Os moluscos están divididos en tres tipos: bivalvos, cefalópodos e gasterópodos.
Os mexillóns son grandes filtradores das augas mariñas.
Bivalvos (De "bi": dos e "valva": cuncha). Os bivalvos son os moluscos que teñen dúas cunchas. A maioria de bivalvos son mariños e hai ata 13.000 especies.
As luras poden ser xigantes como está que apareceu nunha praia de Asturias.
Cefalópodos ("cefalos": cabeza e "podos": pés) : Os cefalópodos caracterízanse por ter téntaculos na súa cabeza, de alí o seu nome científico que significa literalmente “cabeza con pés”. Hai ata 700 especies de cefalópodos e son os invertebrados que poden alcadar maiores tamaños. Non teñen cuncha. Son cefalópodos os polbos, as luras, a choupa, a sepia, etc.
Gasterópodos (de "gastero ou gastro": estómago): Son os moluscos máis numerosos con ata 75.000 especies. Os gasterópodos teñen o corpo protexido case sempre por unha cuncha en espiral, aínda que algúns gasterópodos, coma as babosas, non teñen cuncha.
Os caracois necesitan moita humidade para desenvolverse.
Sesión 6: Os vermes
Os vermes son un grupo de invertebrados moi variado sen patas que sempre teñen a forma de verme. Hai que ter moito coidado con clasificar como gusanos ás orugas, que soen ser insectos en fase de larva, antes de facer a súa metamorfose.
Segundo a súa forma, pédense clasificar como anélidos (de anel: teñen aneis), nemátodos (cilíndricos) ou vermes planos.
O verme de lume e un verme mariño.
Os vermes anélidos
Vermes anélidos:Os anélidos son animais cun corpo formado por aneis ou pregamentos transversais. Algúns tipos de anélidos son: lombriga, miñoca, samesuga, vermes mariños, etc.
Os vermes nemátodos:
Os nematodos son vermes redondos, teñen un corpo alongado, cilíndrico e non segmentado, con simetría bilateral. Case todos son moi pequenos e parasitos. Algúns son unha auténtica plaga para as colleitas, outros poden parasitar os sistemas dixestivos ou circulatorios de animais vertebrados ou outros invertebrados.
Vermes planos:
Como o seu nome indica, teñen o corpo completamente plano. A maioría habitan ambientes mariños, fluviais, ou moi húmidos. Outras especies son parasitas que necesitan varios hóspedes, algúns para o estado larvario e outros para o estado adulto.
A tenia intestinal ou solitaria é un destes vermes planos, con forma de cinta, que pode chegar a varios metros de lonxitude.
Sesión 7: Os esponxiarios: as esponxas
Estes curiosos animais non foron considerados como "animais" ata hai ben pouco tempo. Os científicos clasificáronas como un tipo plantas sen clorofila, e só interesábanos delas que, os seus esqueletos, tratados con produtos químicos servían para frotarnos a pel con suavidade.Os animais máis antigos e primitivos que existen. Non parecen animais, verdade? Pois si que o son. Os científicos dubidaban e os catalogaban como plantas ao principio, pero no século XVIII descubriuse, grazas ao microscopio, que as súas células non tiñan parede celular coma as plantas.
Pero no século XVIII descubriron que si son animais, aínda que non se despracen. Viven fixos no solo mariño ou nas rochas e filtran a auga que lles chega.
A nivel microscópico, non hai dúbida de que son animais: son filtradores grazas a un desenvolvido sistema acuífero de poros, canles e cámaras que xeran correntes de auga, provocados polo movemento dunhas células flaxeladas (cun flaxelo ou látigo na cola). As esponxas non só teñen reprodución asexual, senón tamén sexual: ainda que non teñen gónadas, si teñen unha especie de células sexuais diferenciadas.
Hai esponxas de auga salgada (que viven no mar) pero tamén de auga dóce. Atopáronse fósiles de esponxas, que habitaban neste mundo dende hai 540 millóns de anos. Son os primeiros animais que existiron.
Sesión 8: Os celentéreos
Cando vemos unha augamar (ou medusa) na praia, non nos achegamos porque nos "pica". O seu exterior está cheo dunhas células urticantes moi perigosas para nós. Estas células detectan aos outros seres vivos que se achegan a elas e dispáranse co contacto. O resultado é que os paraliza ou os mata. Así cazan e se defenden as medusas.
Hai unha medusa, a Phisalia phisalis ou " carabela portuguesa" cuxa picadura pode ser mortal.
As medusas pertencen ao grupo máis importante dos celentéreos: os cnidarios. Os celentereos cnidarios teñen dúas formas vitais diferentes: o pólipo e a medusa.
Grazas aos celentéreos temos marabillosas illas de coral nas que pasar as vacacións, e tamén enormes barreiras naturais que dividen os mares cálidos e sustentan a vida máis abraiante neles.
Como pode ser isto?
Os corais, están formados por centos ou miles de pequenos pólipos chamados zooides. Cando os pólipos morren, os seus esqueletos calcáreos acumúlanse e os novos zooides nacen enriba deles. Así sucesivamente...
Os esqueletos permanecen e poden alcanzar grandes dimensións. En augas tropicais e subtropicales forman grandes arrecifes e tamén afloramientos á superficie que forman illas baixas, case sempre cun lago interior, chamadas atolóns.
Imaxe dun atolón do Pacífico.
Para que che queden mellor estes datos sobre os celentéreos, podes ver esta presentación dun alumno de outro ano.
Presentación sobre os celentéreos de Miguel Vázquez.
Sesión 9: Os equinodermos
Que son?
Son uns pequenos seres vivos invertebrados, (non teñen nin ósos nin vértebras) que forman un grupo especial dentro dos invertebrados.
Son animais mariños que teñen forma estrelada ou esférica. Son sinxelos: carecen de corazón e de cerebro.
Os equinodermos teñen unha simetría radial, non bilateral coma nos.
Simetría radial: unha estrelamar é 5 veces o seu raio.
Simetría bilateral: nós somos simétricos coa outra parte do noso eixo de simetría: cada parte do noso corpo é igual ca outra..
Dentro da súa pel teñen placas duras e ríxidas coma no caso dos ourizos, estas placas están cubertas de espiñas que serven para defenderse dos seus depredadores elles dá o nome:
Equino (púa) dermo (pel).
Normalmente fíxanse no chan do fondo do mar e móvense moi lentamente na busca de bivalvos aos que cazar ou algas das que alimentarse, pero tamen poden nadar movendo as súas patas. No caso dos ofiuros, a natación é o seu método normal de desprazamento.
As estrelamares teñen para elo moitos pés diminutos chamados "podios", en forma de tubiños e a boca na parte de abaixo do seu corpo. O ano téñeno na parte superior.
Os pés (ou podios) e a boca dunha estrelamar.
Hai moitos tipos de equinodermos, os ourizos de mar, as estrelamares, o pepino de mar, ofiuros, lirios de mar...
As estrelamares pódense reproducirse de dúas diferentes formas: sexual ou asexual.
Sexual: teñen ous sexos diferenciados. As femias poñen ovos e os machos os fecundan na auga (teñen fecundación externa).
Asexual : a estrela que se vai reproducir fragméntase e expulsa unha pata (logo medraralle outra vez), de esta pata vai xurdir un novo ser como se ve na ilustración..
Moitas veces atopamos no noso patio algunha estrelamar que foi pescada por unha gaivota e soltada nel. Non a queirades voltar á auga, porque xa estará morta.