PREVIO Á SAÍDA
Debemos traer: chándal, gorra, chubasqueiro, crema solar, libreta e boli, merenda de media mañá, comida e auga. Levamos un boli e unha libreta pequena para as nosas notas e para meter entre as follas as mostras de plantas e flores.
Podemos levar: lupa, prismáticos,
QUE ATOPAREMOS?
Debemos estar atentos ás especies que queremos observar. Na nosa andaina podemos atopar...
Preto do noso cole podemos atopar estes paxaros. Esta especie chámase "Colirrojo tizón" ou rabirrubio. Os machos teñen a cabeza negra e as femias non. Cando voan vense as cores vermellas da súa cola.
Come de todo e fai o seu niño en rochas ou prantas.
Lavandeira branca
Pombas hai moitas na nosa cidade.
No Paseo e a costa podemos atopar moitas aves : "lavandeiras brancas", pegas rabilongas (urracas), gorrións, merlos, pombas, gaivotas...
A pega rabilonga (urraca) é a ave máis intelixente que existe.
Gaivota arxentea (Larus argentatus)
Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
Dúas variedades de gaivotas que temos no noso cole: arxéntea e patiamarela.
Virapedras (Vuelvepiedras). Nas rochas fronte ao colexio vemos varias familias de virapedras. Sempre están buscando entre os cantos os insectos agochados neles.
Non esquecemos aos nosos veciños os corvos mariños cristados ou, como os coñecemos todos, os cormoráns (Phalacrocorax aristotelis). Podémolos ver secar as súas ás despois de mergullarse tras un saboroso peixe.
Aquí temos unha tarabilla común ou chasco común (Saxicola rubicola) pousada nunha dedaleira.
Tamén atopámola nunhas pólas, esperando descobrir insectos para o xantar.
Tamén podemos observar réptiles se o noso día é de sol e non moi caloroso.
O lagarto máis grande de Europa: o lagarto ocelado (Timon lepidus).
Os debuxos arredondados da súa pel chámanse ocelos. Son uns lagartos que poden chegar ser moi grandes (os máis grandes de Europa). Son totalmente inofensivos (se non eres insecto).
Xa no Portiño, e quizais polo camiño, veremos estes lagartos ocelados. Non se agochan ata que estás moi preto, así que verémolos ben.
Ás víboras non as veremos, pero "habelas, hailas". Estes días falei cun herpetólogo (especialista en serpes) que estaba traballando no Paseo, pasado o ascensor de S. Pedro: levaba collidas doce víboras en dúas horas. (Fotografiábaas e as soltaba outra vez, claro). Son da especie Vipera seoanei e son autóctonas de Galicia e do Cantábrico. A súa picadura non é mortal para os adultos (para os nenos si).
Así que, se te metes polas silvas, ten coidadiño.
Vídeo que fixeron uns amigos, no que se ve unha destas víboras movéndose entre as herbas. Non vos acheguedes!
En ocasións podemos ver (sobre todo a primeira hora da mañá) algún raposo buscando coellos ou algún rato despistado.
O raposo (Vulpes vulpes) é un animal de gran intelixencia e longa cola, que loce con orgullo e podemos atopar na nosa andaina (aínda que con moita sorte e de moi lonxe). A pesar de que ten mala prensa como ladrón de galiñas, en realidade aliméntase de ratos, aves e moi poucos coellos. É un gran camiñante. Fai sete quilómetros ao día para completar a súa dieta con froitos salvaxes, pero non desperdicia os cultivados, como figos, uvas, cereixas, peras, mazás, ameixas… Por iso se achega á aldea cando entoan os cans os seus nocturnos ladridos de aviso.
cangrexiños, lapas, mexillóns, ourizos de mar, anémones, percebiños... e multitude de insectos que aproveitan as pozas para reproducirse. Este ecosistema chámase "intermareal rochoso" e moitas persoas en Galicia viven da súa explotación.
Se nos achegamos á costa, podemos ver as pozas que se forman coa marea. Moitos seres viven nestes recunchos, case todos invertebrados, pero algún peixe tamén hai.
Podemos atopar estrelamares, esponxas, algas,
Os muros que atopamos e as lousas que pisamos están cheos de especies animais e vexetais. Se nos fixamos ben neles, acharemos lagartos, multitude de insectos, arácnidos, plantas hepáticas e trepadoras, liques, brions…
Nos buracos, podemos aprezar como as arañas lobo están á espreita dalgún insecto descoidado.
Estes fentos son os máis abondantes na costa: Pteridium aquilinum.
As plantas que atoparemos son moitas e moi variadas. Entre elas veremos fentos, breixos coas súas flores rosadas chamadas queirugas, e toxos cuas súas flores amarelas..
Atoparemos plantas que nos sorprenderán pola súa beleza.
A esquerda temos unha planta chamada "dedaleira" ou Digitalis purpurea. As flores teñen forma de dedais para coser. Coidado con ela porque é tóxica. Nas súas follas, e menos nas flores, ten unha substancia chamada "dixital", que pode ser un veleno ou unha mediciña (todo é cuestión de dose).
A dereita unha malva. Atoparemos moitas na nosa andaina.
Pero tamén veremos moitas outras especies que xa estudamos no noso proxecto (Prantas do noso contorno). Estas, por exemplo:
Á dereita, podemos admirar a beleza das madreselvas.
O Embigo de Venus é unha planta que pode medrar nos muros ou nos estipites (troncos) das palmeiras. Debaixo o prixil do mar, que é comestible. Os mariñeiros o comían para previr o escorbuto.
Gamón branco e colella de mar.
Flores do rábano silvestre.
Saímos do cole e...
Fronte ao noso cole, estamos xa feitos á observar unha familia de cormoráns pescando ou secando as súas ás despregadas. Os cormoráns chámanse en galego "corvos mariños". Tamén as pegas están moi presentes por si hai algún anaco de comida que papar ou algo brilante que roubar para o seu niño.
Nas praias, a poco que nos fixemos, podemos ver mexillóns e lapas. Algunhas veces, as gaivotas regálannos unha estrelamar que cae no patio de recreo.
Se reparamos nas pozas de marea na baixamar, observaremos un mundo incrible de pequenos seres: cangrexos, anemones, estrelas, cochinillas, cangrexos comúns e ermitáns, mexillóns e algas verdes nas que se refuxian nudibranquios... A ondada en parte dificulta a vida, pero tamén trae alimento, especialmente para os organismos filtradores.
Aproveitándose desta forte marea que trae nutrintes á nosa costa, atopamos unha "cetárea" ou "viveiro de marisco" no noso camiño. Unha cetárea é un criadero de marisco vivo. Nesta, os exemplares que se atopan non son todos autóctonos. Tráense mariscos pequenos de outras partes e críanse aquí: bois de mar, langostas, lobrigantes, centolas... Despois, cando medran, véndense aos restaurantes ou aos particulares.
Chegamos aos cantís:
No noso camiño, se miramos cara a costa, podemos atopar furnas (covas -espenucas- feitas polo desgaste do mar nas rochas).
Observamos que as praias teñen un proceso de formación.
A forza das ondas do mar fai primeiro debilitarse as rochas, formando furnas como xa veremos na nosa andaina. Despois vanse derrubando, e os materiais acumúlanse do xeito que vedes na imaxe. Pasa o tempo e, dentro de centos de anos, as rochas convértense en area. E xa temos praia nova!
Atoparemos, entre o Milenio e o ascensor de S. Pedro, unha futura praia da nosa costa. Agora está chea de cascotes e rochas de desprendementos que no futuro converteranse en area pola acción do mar
Quedamos na Praia do Milenio para o século XXIII!
Os cantís adoitan estar formados de rochas resistentes á erosión e ao desgaste pola acción da atmosfera; xeralmente, rochas sedimentarias coma limonitas, arenitas, calcarias ou dolomías, malia aparecer tamén rochas magmáticas coma o granito, tan corrente en Galicia.
A Duna Fósil de S. Pedro
Durante a andaina observamos unhas ventás feitas de cristál e aluminio que enmarcan parte da montaña. A través delas pódese ver a duna fósil de S. Pedro, que nos fala dunha duna de area (como as da praia) que había alí hai uns 400000 anos. A primeira ollada pode parecer terra, pero, se se mira ao microscopio, pódense ver os grans redondeados dunha duna de hai 400.000 anos». Trátase dunha «duna trepadora» que hoxe ten entre 200 e 300 metros de longo e que perdurou «por casualidade». «O clima frío que caracterizaba aquela época produciu moitos esvaramentos nas ladeiras de San Pedro. Un deles recubriu a duna, e por iso conservouse ata os nosos días». Estes depósitos continúan «ata a parte superior do monte de San Pedro», pero os que están enmarcados son dous pequenos tramos situados ao bordo do paso peonil.
Nunha parte que non podemos ver, pero que está nesta mesma montaña, hai unha praia fósil, conservada de cando a auga chegaba tan alto: é a Praia Fósil de S. Pedro.
Lemos os carteis que están alí dispostos e tomamos nota deles. Fálannos da altura do mar, que cambiou ao longo milenios.
As Illas de S. Pedro
Polo camiño, atopamos unhas illas, máis ben uns illotes, na nosa marcha. Son os illotes de S. Pedro. Chámanse: Illa do Vendaval, do Pé, As Tres Illas e a Illa do Agullón. A ver se sodes quén de adiviñar cal é cada unha delas.
Na Illa do Vendaval (na imaxe) houbo unha antiga cetárea e un embarcadoiro dos que quedan as ruínas.
As pequenas illas e illotes son ecosistemas en miniatura. Case todos eles comparten a súa flora e fauna coas zonas de cantil e as rochas do litoral. Pero ao estar separados de terra firme teñen unhas características especiais. O constante golpear das ondas favorece a presenza do mexillón fixado ás rochas e, sobre todo, do percebe, que aínda sobrevive en varios lugares. A vexetación redúcese a prantas herbáceas moi resistentes (plantagos e rumex) e algas, capaces de soportar ondas e mareas.
Nestas illas aniñan cormoráns e gaivotas.
O miradoiro e o Portiño
Como o seu nome indica, o Portiño foi un pequeno e antigo porto pesqueiro e de marisqueo. Na proximidade del, grazas aos cantiles e as illas captúrase, aínda hoxe, percebe. Agora, a actividade pesqueira despareceu e queda só unha praia rodeada dun barrio de vivendas e bares turísticos polo que pasa o Paseo Marítimo.
Comida no Paseo Marítimo-Portiño
Vista do antigo Vertedoiro de Bens
Dende o Portiño, lugar onde comemos, vese perfectamente un parque moi ordenado e coidado. Aí estaba o antigo vertedoiro de Bens. Na mañá do 10 de setembro de 1996, este vertedoiro caeu cara ao Portiño e ao mar, provocando a morte dunha persoa e contamiñando a costa. Os restos de lixo chegaron ata as costas de Francia provocando as críticas e a vergonza máis espantosa aos coruñeses. Isto non se pode repetir.
Antigo vertedoiro de Bens convertido nun parque.
Na volta, recolleremos todo o lixo que atopemos.
Sesión 2
Autóctonos vs alóctonos
Chamamos autóctonos aos animais e ás plantas propios ou orixinarios dun lugar.
Polo contrario, alóctonos son os seres vivos traídos a propósito ou accidentalmente desde outros lugares.
As veces, os seres vivos alóctonos perxudican aos autóctonos; compiten con eles e os desprazan. Este proceso pode acabar coa extinción dos organismos autóctonos.
Avispa asiática ou velutina (Vespa velutina)
Os animais e as plantas alóctonos poden chegar a nós por diferentes vías:
Por estética, ornamentais: moitas plantas de xardín son orixinarias doutras partes do mundo e son cultivadas pola súa beleza. Tamén moitos animais de compañía exóticos coma o papagaio, a cotorra e o loro son alóctonos. Algúns destes animais e plantas fan dano cando saltan das casas e dos xardíns ao medio natural. Un exemplo: as flores de coitelo da nosa costa.
2. Por economía: os coellos, os porcos, as ovellas e outros animais de granxa foron exportados a lugares afastados de Europa. Os levaron os emigrantes para as súas novas granxas nos novos territorios que se estaban descubrindo. Algúns naturalizáronse (incorporáronse ao medio natural) nos novos territorios e fixeron moito dano; por exemplo, os coellos e os gatos en Australia. En canto ás plantas, os cultivos máis importantes en Galicia, dos que conemos todos, están compostos de plantas alóctonas que trouxeron os árabes (o arroz, a alcachofa, a laranxa, a berenxena) ou que viñeron de América (patacas, millo, etc.). Do mesmo xeito, a Galicia trouxéronse eucaliptos, cos que se fabrica a celulosa para o papel, sustituíndo con eles as árbores autóctonas e danando así a diversidade da vida nos nosos bosques.
3. Por accidente: Nas bodegas e os cascos dos grandes barcos mercantes, ademais de mercadorías, veñen de outras partes do mundo outros seres vivos. Pegados aos cascos dos barcos, veñen moluscos e algas que invaden as nosas augas. Nas bodegas dos cargueros habitan ratas e insectos que saen ao exterior nos portos. Por iso, créese que chegaron aos nosos campos as avispas velutinas, por exemplo.
Naturalización das plantas alóctonas
As plantas cultivadas adoitan ser plantas alóctonas que só poden sobrevivir grazas aos cultivos. Por exemplo as patacas, o millo, o arroz, o tomate, o pemento, as laranxas, etc. Como só poden vivir grazas á axuda humana, non soen estar adaptados nin á humidade propia dos lugares nin aos animais autóctonos. Polo tanto hai que regalas moito e sofren pragas; é dicir, agotan os recursos de auga das zonas e hai que utilizar insecticidas e outros medios para protexelas.
Ás plantas alóctonas que poden vivir por si soas nos territorios novos chámamolas “naturalizadas”.
Algunhas plantas alóctonas naturalizadas son perxudiciais e sustitúen a outras plantas autóctonas, desprazándoas dos seus lugares de orixe. Este tipo de plantas chámanse especies “invasoras”.
A conservación das especies autóctonas debe ser unha prioridade para todos. No ecosistema de bosques mixtos galegos (de árbores variadas) viven plantas, animais e fungos que dependen uns de outros, nun equilibrio moi delicado. As árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, acivros, faias…) están todas en perigo de extinción e debemos protexelas.
Bosque mixto de Galicia.
En Galicia despareceron os bosques de faias (faiais) que eran propios da zona costeira; quédannos algúns soutos, fragas e carballeiras que temos que conservar para as xeracións futuras.
Endemismos. Especies endémicas de Galicia
Chámase endemismo ou especié endémica a aquela forma de vida propia dun lugar xeográfico e que non aparece no resto do mundo. Unha especie endémica non é só autóctona -que tamén- senón que é exclusiva do ecosistema no que se desenvolve. Este ecosistema adoita estar afastado e non comunicado co resto do mundo, de xeito que as especies non se mesturan e evolucionan de forma específica nestes entornos. Un animal endémico atópase dopada ente nunha illa, unha cima montañosa, algún río ou lago cunhas características especiáis, etc.
Galicia está o suficientemente illada para ter algunha especié endémica, ás veces contando tamén co territorio de Asturias, León e o norte de Portugal.
Ra vermella
Endémica de Galicia, sobre todo polo norte da nosa Comunidade, nas zonas húmidas de Lugo e A Coruña (no río Mero, por exemplo). Tamén está presente en Ourense e Pontevedra, de xeito non tan abondoso.
Como todos os anfibios, a ra vermella é moi sensible á contaminación da auga e ao cambio climático, que pode secar os charcos onde poñen os seus ovos. Está en perigo de extinción. Fíxate, ao seren endémica de Galicia, se desaparece dos nosos ríos, extinguirase definitivamente como especie.
1. Busca as principais características dos anfibios. Responde a estas preguntas no teu caderno.
Son vertebrados?
Teñen sangre quente?
Son vivíparos?
Teñén pulmóns?
Como respiran de crías?
Xofren metamorfose?
Escribano palustre
Un paxaro en perigo de extinción. A penas quedan en Galicia 500 parellas. Están en extinción pola seca, que afecta ao seu hábitat. Unha parte da poboación destas aves é migrante ao norte de Europa no verán, o que pode axudar á súa supervivencia.
Escribano palustre
2. Busca as principais características das aves. Responde a estas preguntas no teu caderno.
Son vertebrados?
Teñen sangre quente?
Son vivíparos?
Teñén pulmóns?
Que características teñen as aves que as diferencian dos mamíferos?
Xofren metamorfose?
Lagarta leonesa
Endémica nos Montes de León, pero tamén en gran parte da montaña ourensá. Vive a moita altura, entre mil e dous mil metros, e pode que máis.
3. Investiga principais características dos réptiles. Responde a estas preguntas no teu caderno.
Son vertebrados? Por que?
Teñen sangre quente?
Son vivíparos?
Teñén pulmóns?
Que características teñen os réptiles que as diferencian de outros vertebrados?
Xofren metamorfose?
Caracol de Quimper
Endémico na Bretaña Francesa e no Cantábrico. Chámase tamén caracol moteado e está protexido tanto en Francia como en España.
Este molusco é moi sensible ao cambio climático.
1. Investiga as principais características dos moluscos. Responde a estas preguntas no teu caderno.
Son vertebrados?
Que tipos de moluscos hai? Pon exemplos.
Teñen reprodución sexual?
Teñén pulmóns?
Que características teñen os moluscos que os diferencian de outros invertebrados?
Os moluscos, xofren metamorfose?
Narciso ciclameno. Narcissus cyclamineus
É un narciso endémico do Noroeste da Península Ibérica, máis especificamente das 4 provincias de Galicia (aínda que é máis abondoso en Ourense e Pontevedra). Tamén está presente no N de Portugal, coñecéndose como “Martelinhos” no país luso. Está protexido por distintas normativas de ámbito autonómico, estatal e europeo. Figura no “Catálogo Galego de Especies Ameazadas” na categoría de “vulnerables”.
Narcissus cyclamineus
2. Investiga as principais características das plantas superiores. Responde a estas preguntas no teu caderno.
Son fanerógamas? Por que?
Cales son as partes dunha flor coma o narciso?
Que animais son indispensables para a reprodución das fanerógamas?
Define “vulnerable”.
Sesión 4
Os animáis máis coñecidos que son autóctonos de Galicia
Hai multitude de seres vivos que son orixinarios de Galicia, sexan ou non endémicos. Hai moitos animais que están presentes en moitos lugares do mundo e tamén na nosa terra. Por exemplo: o coello, o corvo, a formiga, a abella, a mosca, a bolboreta, e unha longa lista.
Moitas plantas forman os nosos bosques mixtos que se poboan tamén de fungos e animais propios deste ecosistema. No ecosistema do prado montañoso coexisten os lobos, os osos e as cabras e outros animais.
Imos coñecer máis de preto algúns deles.
O rei dos nosos animais é o oso pardo (Ursus arctos) e o seu reino está nos Ancares. Este fermoso animal, aínda pódeche pegar un bo susto se o atopas pola Serra dos Ancares -el tamén levaríase un-. Estes grandes exemplares omnívoros (apañan mel ou comen froitos, como pescan salmóns ou devoran unha pequena presa) dos que había centenares en Galicia
hai un século, desapareceu da maior parte de Europa e os poucos exemplares son os que habitan entre os bosques asturianos, e as serras galegas.
O Lobo (Canis lupus) comparte honras cos reis deste espazo. O lobo ibérico que, a pesar da mala fama que ten entre campesiños e gandeiros, é un nobre animal capaz de escribir extraordinarios relatos literarios. Foi sempre perseguido polo home que con todo ten no can ao seu mellor amigo. E o can non deixa de ser o primo do lobo, exemplo magnífico dos carnívoros da Galicia salvaxe. En toda a península Ibérica quedan uns 600 especímenes aínda que esta esquina atlántica parece manter a poboación das últimas décadas.
Temos que coidar a esta especie sen deixar de ter coidado con ela.
O animal montañés que máis noticias proporciónanos ultimamente e o protagonista do maior anecdotario salvaxe é sen dúbida o xabaril (Sus scrofa) ao que en Galicia chamamos “ porco bravo”. Está en todas partes. Se o queres ver, toma en coche calquera estrada secundaria porque che sairá ao paso se preto ten verduras ou cereais que botarse á boca. Un só xabaril pódeche esnaquizar unha colleita e estes andan en familia, así que imaxínache… Os cazadores, con todo, están encantados con tanta abundancia porque de cando en vez, os labregos organizan unha batida para cazalos. Non esquezas que, como todos os animais salvaxes é perigoso, sobre todo cando esá ferido ou acosado, ou cando coida ás súas crías.
Traballo sobre a ecoloxía do noso contorno.
(Bibliografía e datos recollidos de: Manual de educación ambiental de A Coruña)
Andaina didáctica cara ao Portiño.