As máquinas e a tecnoloxía na Idade Media
Sesión 1
Chamamos tecnoloxía á os saberes, aos instrumentos, as técnicas e costumes que é capaz de manexar un grupo humano nunha época. A nosa tecnoloxía é moita: temos ordenadores, televisións, etc., pero tamén é moi boa a nosa tecnoloxía médica, de cultivo de terras, de pesca nos mares e ríos... O progreso tecnolóxico fai que vivamos comodamente e non esteamos vivindo situacións de fame ou de enfermidade; en definitiva, que progrese tamén a nosa calidade de vida.
A tecnoloxía é a aplicación práctica da ciencia a problemas concretos*. O que se sabe úsase para conseguir vivir un pouco mellor. O que se descobre, aplícase e sirve para mellorar as nosas condicións de vida.
*Por exemplo: Imaxina que a ciencia descobre que as patacas necesitan fixar osíxeno nas súas raíces para medraren mellor. Os agricultores aplicarían ese descobremento removendo moito a terra cando sementan patacas para osixenar o solo. Esta tecnoloxía (ou técnica) mellora as nosas vidas: comemos moitas máis patacas.
Para entender a importancia da ciencia e a tecnoloxía na nosa vida, lembrade o que aprendemos nas clases de Ciencias Naturais hai uns meses. No mes de novembro estabamos estudando os virus e bacterias (verdade?), e vos falei da importancia de lavar ben as mans antes da comida. Tamén vos falei do perigo de tocar cousas e despois tocar a nosa cara. Algúns de vos querían lavar as mans nese mesmo momento, despois da miña explicación (un pouquiño noxenta, debo admitir).
Se algúns de vos mudástedes, daquela, as vosas costumes, noraboa!
Verdade que todo o mundo fala agora do mesmo?
Iso é porque a Ciencia é moi importante. Xa sabiamos que existían virus e bacterias, e tamén que enfermabamos ás veces. Agora temos que aplicar o que sabemos (a ciencia debe converterse en tecnoloxía), para defendérmonos dunha pandemia.
A tecnoloxía da que dispoñemos para defendérmonos das enfermidades non é pouca: os hospitais (coas súas UCIS, respiradores, quirófanos, e sobre todo médicos e enfermeiros/as ben especializados), os medicamentos (todavía non sabemos bastante do coroavirus, polo tanto non temos unha vacina, pero hai moitas mediciñas que funcionan), as máscaras, as luvas de goma, os termómetros... Isto que sabemos sobre os virus obríganos a unhas solucións un pouco duras:
a distancia social (non achegarnos moito uns aos outros), o confinamento nas casas...
Pero... como empezou todo isto? Como avanzamos tanto?
Sabemos que non sempre foi igual. O ano pasado estudiamos as civilizacións clásicas: Grecia e Roma.
Estes pobos antigos tiveron unha civilización moi avanzada para o seu tempo (hai miles de anos) e chegaron a vivir moi ben nas súas cidades estado (no caso de Grecia) e no seu Imperio (no caso de Roma).
Despois da caída de Roma, no ano 476, unha chea de pobos salvaxes invadiron Europa, destruíndo todo. A xente, en poucos anos, quedou sen civilización: salvaxe, con fame, con guerras, con enfermidade, sen ciencia para mellorar as cousas... mesmo esquecéronse de ler e escribir en poucas xeneracións. Que desastre!
Nesta Unidade 6, imos aprender a situación da ciencia e a tecnoloxía na Idade Media: primeiro na Alta (un desastre completo) e despois na Baixa (na que todo mellorou). Veremos como foron as máquinas sinxelas que se utilizaron, como se foron perfeccionando e en que se baseaban.
Atentos, porque esto é moi interesante e dunha gran importancia.
1- Que é a tecnoloxía?
2- Busca e contesta: que é o progreso tecnolóxico?
3- Nomea dez obxectos tecnolóxicos do noso contorno.
4-Por que cres que se perdeu a ciencia e a tecnoloxía dos antigos gregos e romanos?
Fin da sesión 1
Sesión 2
NA ALTA IDADE MEDIA
A Idade Media, como sabedes, divídese en dúas partes que non teñen case nada en común.
-Na Alta Idade Media (ata o ano 1000), as cidades e os núcleos urbáns despóboanse e vólvese á vida no campo. A xente ten unha economía de subsistencia; é dicir, para sobrevivir. A ciencia e a tecnoloxía era moi pobre.
-Na Baixa Idade Media (dende o XI ao XV), o protagonismo volve ás cidades e hai un gran progreso económico e tecnolóxico. Constrúense catedrais e grandes obras públicas nas cidades. O comercio florece é, menos en momentos de crise ou guerra, a economía produce moitos beneficios.
Pero imos volver a Alta Idade Media:
Na Alta Idade Media, os homes e as mulleres de todos os estamentos (clases sociais) sufrían a dureza do medio físico. Tanto os nobres coma os pobres tiñan moitas limitacións, que agora pareceríannos incribles. Pero sobre todo os vasallos e os servos tiñan unha vida moi dura e moi curta.
Esquecendo a pandemia, no século XXI temos moita ciencia á nosa disposición, e a tecnoloxía é moi avanzada: temos móviles, televisións, coches, avións, naves espaciais...
-A hixiene era inexistente. A xente non se lavaba polo feito de lavarse (refrescábanse no verán) e non lavaba a roupa. Os nobres podíanse bañar unha ou dúas veces ao ano. Polo tanto, as enfermidades infecciosas (peste, viruela, lepra, sarampión, todas elas mortais), a sarna, as enfermidades dentais, etc. eran moi comúns.
-As augas que se bebían estaban contaminadas en moitos casos. Non sabían que existían as bacterias e o dano que facían. Moita xente bebía auga contaminada con augas fecais (de alcantarilla) e morrían de cólera ou outras enfermidades intestinais.
-Non había atención médica. En occidente esqueceuse a nobre práctica da Medicina.
-As fames eran constantes. Familias enteiras morrían de fame nos invernos dos anos de malas colleitas.
-A xente vivía da agricultura e a gandeiría. Tamén da pesca nos ríos e nas beiras do mar. Pero a tecnoloxía era moi pobre: os aperos (instrumentos para a agricultura) eran de madeira ou moi inapropiados, porque os fabricaban os propios agricultores, que non sabían nin tiñan cartos para facelos ben. A terra esgotábase e cada certo tempo non producía nada.
Calqueira inclemencia do tempo ocasionaba unha mala colleita e provocaba a morte por fame de milleiros de persoas.
Os antigos romanos tiñan unha tecnoloxía e uns saberes sobre agricultura que se perderon coa chegada dos bárbaros.
Moitos autores gregos e romanos escribiran sobre técnicas de cultivo, barbeitos e outras técnicas para que a terra sempre dese boas colleitas e non se esgotase. Pero na Idade Media case ninguén sabía ler, e os antigos libros estaban só nos mosteiros.
Así que non coñecían (esquecéronse dos saberes antigos) os ciclos da agricultura e provocaban que a terra se esgotara; ademais, sementaban moi superficialmente porque o arado era moi primitivo. Non había sistemas para regar*, porque requerían obras moi caras.
*Na mesma época, os musulmáns tiñan ferramentas mellores e regaban ben as súas terras, fíxate no apartado a Idade Media en España de C. Sociais)
-A caza e pesca estaban penadas coa cárcere ou morte, porque os animais e peixes pertencían ao dono da terra: o señor.
-A sensación de ter fame era moi familiar á xente da Alta Idade Media.
-As guerras constantes provocaban que os exércitos necesitasen moita comida, polo que os impostos eran moi altos e os campesiños morrían de fame.
Pouco a pouco, durante o final da Alta Idade Media e o inicio da Baixa Idade media, foron perfecciónándose as técnicas de cultivo e todo foi moito mellor.
Mira o seguinte vídeo: Agricultura
1- Gustaríache vivir na Alta Idade Media? Por que?
2- Cales cres ti que era os principais problemas dos campesiños?
3- Que invento ou inventos ou novos coñecementos foron os máis importantes para a agricultura na Idade Media.
4- Por que é tan importante a tecnoloxía?
Fin da sesión 2
A saúde na Alta Idade Media
Sesión 3
Na Idade Media, cinco de cada 10 nenos nacidos non sobrevivían ao primeiro ano da vida. Moitas nais morrían no seu primer parto (tamén cinco de cada dez). Unha vez superada a nenez, na que moitos nenos morrían de fame, violencia
Os barbeiros facían intervencións cirúrxicas, curaban feridas e sacaban moas e dentes. Era mellor non chamar ao médico porque non tiña coñecementos certos e podía matar ao enfermo cos seus remedios (ademais, era moi caro). A peste negra
As ratas eran compañeiras das persoas nas súas casas: pola noite, as rúas cheábanse delas. Nesas condicións, aconteceron moitas epidemias que dezmaron a poboación de Europa: a peste negra, rabia, cólera, as vexigas (viruela)...
-O lume feito con leña o carbón vexetal eran moi importantes para combatir o frío. As familias pobres morrían de frío no inverno por ser a leña e o carbón moi caros ou difíciles de atopar. Para facer lume había que contar cun artiluxio de pedernal e un anaco de xesca (yesca: unha seta seca que arde doadamente), non era como agora. Mirade: Lume na Idade Media
Os ricos solían utilizar roupa de lá e, cando facía moito frío, de pel. A roupa de pel era tan cara que ningún pobre se podía permitir un abrigo de pel. Non existían fibras coma o algodón; en Europa non existían tampouco o liño (corrente no mundo árabe) ou a seda (un invento dos chineses).
-Durante a noite, as actividades desparecían. Prohibíase traballar de noite porque existía a posibilidade de provocar un incendio debido á escasa visibilidade.
As veas, e outros medios utilizados na época para alumear eran moi caros porque se fabricaban a partir da graxa animal. Un cabo de vea podía significar a diferencia entre a vida e a morte nun momento de perigo, e se se podía evitar utilizala, se aforraba.
-Existían catástrofes tales coma os incendios, epidemias, inundacións e secas. A consecuencia final de case
A lepra
todas as desgrazas era a fame, a maior das desgrazas, que se cebaba cos pobres, xa que os ricos vivían na abondancia de comida. Os incendios eran habituais na época. Propagábanse moi doadamente debido a que as casas dos campesiños estaban feitas de madeira, palla e excrementos de animais.
-A guerra era outro gran problema. Ademais de matar aos homes que participaban nela, os vencedores castigaban aos vencidos coa devastación das súas casas e o pillaxe ou roubo violento de todo o que atopaban.
Na terra, os señores feudais pagaban pequenos exércitos de asasinos para facer cumprir a súa vontade.
Outro probema: cada certo tempo, os vikingos roubaban, mataban e esclavizaban indiscriminadamente nas súas frecuentes visitas dende o mar: ver unha nave ao lonxe no mar non era un bo sinal.
1. Por que é importante a hixiene?
2. Que pasaba na Alta Idade Media se...
-Enfermábaste.
-Facíase de noite.
-Tiñas frío.
-Había un incendio.
3. Escribe no teu caderno algún dato que che chamara a atención do texto anterior.
Fin da sesión 3
Sesión 4
A ciencia e a tecnoloxía ao rescate!
As máquinas sinxelas eran xa coñecidas e utilizadas en moitas actividades. Son tan familiares para nós que xamais se esquecera o seu uso. Estas máquinas sinxelas son a base das ferramentas e novos inventos que se perfeccionaron ao longo da Idade Media.
O plano inclinado. Os primeiros humanos déronse de conta de que era máis doado utilizar o plano inclinado para subir pesos. Mira a subpáxina As máquinas sinxelas
A panca*: "Dádeme un bo punto de apoio e moverei o Mundo" dicía o grego Arquímedes sobre a panca. A panca pode ser de tres tipos: primeiro, segundo e terceiro grao. Mira na subpáxina: As máquinas sinxelas
*La palanca.
A polea. A polea foi un instrumento moi utilizado na Idade Media. Ao longo dela, desenvolvéronse unha grande variedade de poleas simples e compostas. Mira a subpáxina.
O torno. Moi utilizado desde a antigüidade, sirve tamén para levantar pesos. Mira a subpáxina.
A mestura destas máquinas e o desenvolvemento de outras, como os engranaxes, fixeron posible moitos adiantos.
Fin da sesión 4
Sesión 5
Las máquinas simples II (entra e mira este vídeo de repaso).
Chamamos máquinas sinxelas a aquelas que serven para aumentar a potencia dos nosos músculos e a eficacia dos nosos traballos.
Como sabes son: a roda (a máis antiga e que non hai que explicar), o plano inclinado, a panca (de tres tipos diferentes), o torno (mestura dunha roda e unha panca), a polea (as poleas compostas ou polipastos), as engranaxes...
Todas elas estaban xa inventadas desde a antigüidade e conservadas na memoria da xente, non son cousa da Idade Media. Pero, a partir delas, na Baixa Idade Media (no periodo gótico) construíronse outras máquinas complexas (complicadas) que combinaban as simples, e que facilitaron a vida da xente:
Arado de vertedoira
Paréceche un arado unha cousa de pouco? Pois este foi un gran invento. Cravábase profundamente no chan por ter unha punta afiada (era unha panca rematada en punta), e a terra saía do buraco por un plano inclinado e depositábase nos lados do surco.
Esta tecnoloxía baseábase nunha observación científica: o aire, mesturado coa terra do solo, favorecía o crecemento das plantas.
Inventado no século XII é unha innovación moi importante que permitiu, xunto coa utilización do ciclo de repouso (ou barbeito), unha mellora das colleitas. A colleitas máis abondantes, máis comida para todos e menos fame.
Esta tecnoloxía, formada pola mestura de dúas máquinas sinxelas (panca e plano inclinado) permitía que o solo se removese máis e máis profundamente. Deste xeito o osíxeno entra máis profundamente nas capas máis baixas do solo. Como é un arado máis pesado que o utilizado normalmente, se necesitaba un animal de tiro (o boi, o cabalo, o mulo...), pero o surco tamén era máis profundo.
Arado de vertedoira
Nunha fragua podíase utilizar a enerxía dun río para mover mecanismos coma foles ou martelos. Nela pódense ver a mestura de máquinas sinxelas: panca, torno, poea, fol e engranaxes.
Ese mesmo movemento podía utilizarse para moer trigo ou outros cereais.
A catapulta
No século XIV, aproveitaron o que sabían sobre as pancas, tornos, poleas e as engranaxes para perfeccionar a catapulta (chamada daquela "trebuchet"), que xa existía de antes. Míraa en acción na Guerra dos Cen Anos (entre Francia e Inglaterra): Catapulta
Os humanos sempre sabemos utilizar a ciencia, tamén para facernos dano, ¿verdade?
Muíños e máquinas de auga e vento
Os musulmáns eran mestres na utilización da auga para traballar. Na Idade Media os cristiáns de Europa imitaron esta tecnoloxía que era normal en Al- Andalus (España musulmá).
Na Baixa Idade Media impulsouse a combinación de máquinas sinxelas para facilitar todo tipo de traballos: bataneo de peles nas curtidorías (ás peles hai que golpealas forte para que abranden), manexo de martelos e foles nas ferrerías, moenda da fariña, almazaras de aceite, etc., aproveitando o uso da enerxía hidráulica e eólica para muiños e obradoiros.
Combina a roda, a panca, as engranaxes, o torno...
Aínda que sinxelas, estas máquinas, as veces, eran moi aparatosas.
O ciclo de reposo (ou barbeito) baséase noutra observación científica: se deixamos descansar un ano unha parcela sen sembrar, ao ano seguinte, a colleita será mellor.Se deixamos que os animais estean libremente nela, a colleita aínda será mellor.
Cando non había auga constantemente, porque os ríos tiñan estiaxe (é dicir, que se secaban en verán), preferíase utilizar muiños de vento como o de abaixo. Os muiños de vento mesturan máquinas sinxelas como poleas, tornos, pancas e engranaxes. Aínda quedan moitos en Castela.
-¡No son molinos, Sancho, sino gigantes que entablan singular combate!
-Vaites, Don Quixote! Son muíños de toda a vida! Estás toliño da cabeza ou que?
(Esto es un chistecito de Leo).
O regadío e os sistemas de rego
Unha das influencias máis importantes para o desenvolvemento tecnolóxico foi a dos musulmáns. A eles débense melloras que facilitarían a vida da xente medieval: novos produtos coma a laranxa, mandarina, berenxena, melón, fresa, alcachofa, azucre, arroz... O cultivo de regadío foi a súa mellor aportación tecnolóxica. Introduxeron o uso de acequias (canles para regadío) para levar a auga directamente ás súas hortas. Para isto, non dubidaban alterar o cauce ou a corrente dos ríos.
As gafas
Durante a Baixa Idade Media aparece este invento procedente do centro de Europa. Utiliza unha propiedade do vidro: que amplia a imaxen que pasa por el cando está puído dun xeito determinado. Na imáxe aparecen unhas das primeiras gafas que se fixeron (ao principio, chamábanse anteollos): unha parella de lentes de aumento (curtados en redondo e pulidos), metidos nun armazón de madeira.
Daquela non eran moi bonitas, pero facían posible a lectura aos que tiñan vista cansa (os vellos).
Os contrafuertes e os arbotantes
Na Baixa Idade Media, os arquitectos descubriron a importancia dos pilares e as columnas para soster o edificio. Aprenderon que para construír en altura había que empurrar desde fora (con pancas) esas partes que sostiñan o peso da construcción. Inventaron os contrafortes e, para comunicar a súa forza, uns brazos chamados arbotantes. Desde entón, as igrexas e catedrais foron máis altas e máis luminosas (porque os muros cheáronse de ventás e vidrieras).
Velaquí estes novo elementos:
1-Arco oxival
2- Bóveda de crucería.
3- Arbotante
4-Contrafuertes
O compás, o cuadrante e o astrolabio
Estos aparellos eran coñecidos desde a Antigüidade, pero durante a Idade Media os astrónomos árabes os estudaron moito e melloráronos.
O compás (brúxula) serve para sinalar o norte. O astrolabio e o cuadrante serven para medir a distancia (o ángulo) entre dous puntos alexados, o que é útil sobre todo na astronomía, navegación e topografía. Grazas a eles, a navegación foi cada vez máis segura; os barcos puidéronse afastar da costa sen perigo de perderse para sempre no mar. Así, o comercio se fixo moi importante e, con el, medrou a riqueza e os produtos dispoñibles en Europa.
Os números (guarismos) e as matemáticas modernas.
Vós non o imaxinades, rapaces de quinto, pero as mates serven para todo. Están na base da arquitectura, o comercio, a industria...
Na Alta Idade Media, a numeración que se utilizaba era a dos números romanos. Así, case non se podía facer ningún cálculo, pois o cero non existía. A xente apenas sabía contar cos dedos, e os matemáticos utilizaban un instrumento chamado ábaco que lles servía para sumar, restar e pouco máis.
No século XIII, Leonardo Fibonacci, fillo dun comerciante de Pisa (Italia), foi a visitar ao seu pai que traballaba nunha cidade de África como axente comercial. Alí aprendeu unha nova matemática cunha nova numeración: 0, 1, 2, 3...
Como era un xenio, deuse conta das posibilidades que tiña: podían resolverse moitos problemas facilmente e calcular moi rápido.
Cando volveu a Pisa ensinou as novas matemáticas aos seus compañeiros científicos e publicou libros cos ensinos aprendidos e coas súas propias investigacións, xa que era un matemático moi brilante.
A el debédeslle case todo o que aprendestes polo de agora na clase de mates. Grazas, Leo!
Aprendeu dos árabes, ensinou aos europeos, investigou sobre o que aprendera, e descubriu relacións matemáticas na natureza que aínda nos sorprenden (nas follas, nas cunchas, nos cristais de xeo). Leonardo de Pisa (Fibonacci) foi unha das grandes figuras da ciencia medieval (da Idade Media).
Nota: Leonardo de Pisa (Fibonacci) non ten nada que ver con Leonardo da Vinci (é moito máis antigo Fibonacci), nin tampouco co noso Leo, nin coas pizzas, claro.
Traballo: Resume no teu caderno a información sobre os inventos. Mánda este resumo ao teu profe de Natu.