Por Iria Martínez.
ACTIVIDADE ECONÓMICA:
É calquera proceso que supón a xeración (xerar é producir, cultivar, fabricar, crear) e o intercambio (intercambiar é cambiar por outros produtos ou por cartos) de produtos, bens e servizos. Podemos dividila en tres fases:
Produción: supón a creación e o procesamento de bens e mercadorías. Por exemplo unha fabrica fabrica unha camisa.
Distribución: é o proceso polo que pasa un produto desde que é producido ata que chega ao seu consumidor final. (Distribuír é repartir, entregar ou transportar). Por exemplo, a camisa fabricada anteriormente chega a unha tenda.
Consumo: é o gasto dos produtos ou servizos que se adquiren para satisfacer as necesidades da persoa consumidora. É a última fase da actividade económica. Por exemplo, un cliente compra a camisa e a usa.
A POBOACIÓN (EN RELACIÓN CO TRABALLO) DIVÍDESE EN:
Poboación activa: chamámos pobación activa á poboación que traballa ou busca emprego.
Poboación non activa: é o conxunto de persoas que non están en idade ou condicións de traballar.
OS SECTORES ECONÓMICOS:
-Sector primario: O sector primario está formado polas actividades económicas que están relacionadas coa obtención dos recursos naturais. Divídese en pesca, gandería e agricultura:
Gandería: É a crianza e coidado de animais destinados ao consumo. Hai moitos tipos de gando: bovino (vacas), ovina (ovellas), porcina (porcos) e avícola (aves).
Agricultura: Vén da palabra agro que en latín significa campo. É o proceso de cultivo e recoleción de plantas comestibles. Hai moitos tipos de cultivos: cereais (millo, trigo...), hortalizas ( verduras, tubérculos...) e froitas.
Pesca: Consiste na captura de peixes e outros animais acuáticos. Distinguimos entre:
Pesca fluvial: a pesca dos ríos.
Pesca marítima: a pesca do mar. Dentro da pesca marítima pode ser de baixura, se a pesca é cerca da costa; ou de altura, se a pesca é lexos da costa.
-Sector secundario: O sector secundario é o sector que se dedica á transformación das materias primas que recolle o sector sector primario, e as transforma en produtos elaborados. As principais actividades que compoñen este sector son:
Industrias: A industria é a actividadade que ten como propósito transformar as materias primas en productos elaborados, semielaborados ou superelaborados, utilizando unha fonte de enerxía.
Artesanía: Arte e técnica de fabricar ou elaborar obxetos ou produtos a mano, con aparellos sencillos e de maneira tradicional
Construción: A construción é o proceso de crear unha estructura. O seu tamaño pode variar desde unha casa ata un rañaceos ou infraestrcuturas como un túnel ou unha estrada
-Sector terciario: É o sector que se dedica aos servizos. Son as actividades que serven para satisfacer á poboación. O sector terciario divídese en:
Público: está manexado polo Estado.
Privado: non está manexado polo Estado.
O sector terciario componse por subsectores como:
Comercio: transferencia e intercambio de bens e servizos. Hai dous tipos de comercios:
Interior: A xente que compra e vende de Galicia.
Exterior: A xente que compra e vende de Galicia e de outras partes.
Telecomunicacións: Unha telecomunicación é toda transmisión e recepción de sinais.
Transporte: Hai tres:
Transporte marítimo: como os barcos transatlánticos, cruceiros etc.
Transporte terrestre: como os coches, os autobuses, os trens etc.
Transporte aéreo: por exemplo os avións ou os hidroavións.
Servizo de limpieza: os varredores/as ou conserxes, son as persoas que teñen como profesión varrer as rúas, pero tamén edificios como hospitais, escolas e aloxamentos residenciais, e recoller todo tipo de lixo e refugallos.
Hostalaría: Conxunto de servizos, empresas e establecementos que proporcionan aloxamento e comida a viaxeiros e aos cidadáns.
Turismo: Actividade recreativa que consiste en viaxar ou percorrer un país ou lugar por pracer. Beneficia aos hoteis e restaurantes.
Servizo de seguridade: Encárgase de manter unha contorna segura aos cidadáns. Un exemplo son os policías.
Educación: Formación destinada a desenrolar a capacidade intelectual, moral e afectiva das persoas.
Sanidade: É o conxunto de bens e servizos encamiñados a preservar e protexer a saúde das persoas.