Oíches falar algunha vez da Fábrica de Armas? E da Fábrica de Tabaco? Son algunhas das empresas que estiveron presentes na historia da nosa cidade. Están xa desaparecidas, pero aínda queda na cidade a súa pegada (as súas instalacións en ruína, os seus solares...)
Sabes que existiron na ría do Burgo fábricas conserveiras? Aínda podes visitar algúns dos seus edificios, agora ruinosos. A industria de A Coruña ten un pasado e un presente.
Non esquezas, para o teu traballo, definir o que é Sector Secundario ou Industrial.
Edificio da Fábrica de Tabaco. As traballadoras facendo o seu labor.
Instalacións da Fábrica de armas de A Coruña. Manifestación contra o peche da Fábrica de Armas.
Aquí fabricábanse as armas para o Exército Español.
Ruínas dunha conserveira de O Burgo.
Os polígonos industriais son espazos modernos, dotados dos servizos necesarios, destinados á produción industrial. Atópanse a carón das cidades. Nós contamos con varios, os máis salientables son os de A Grela e os de Pocomaco.
Polígono de A Grela
Plano do Polígono de Pocomaco.