Por que?
Sesión 1
O traballo e as actividades económicas
Nesta unidade imos reflexionar sobre o que significa a economía para nós:o valor dos cartos, os sectores de ocupación, o traballo e a empresa, o mundo laboral, o desempleo, a desigualdade social...
Falaremos do que significa "economía local" e sobre a economía da nosa localidade: A Coruña.
Empezamos por una imaxe especial, mirade con atención:
Que pode ver
nela?
Cres que hai moitos anos de esta imaxe?
Cres que podería repetirse agora?
Preguntas na clase (contestade no voso caderno):
1.Que fai que o diñeiro sexa valioso? (Lembrade os pentaeuros do ano pasado).
2. Por que a publicidade é tan importante para o comercio?
3. Que actividades son máis importantes na nosa Comunidade Autónoma? E na nosa cidade?
4. Nas cidades costeira como a nosa, que sector cobra máis importancia no verán? Por que?
Mirade a foto da Fábrica de Tabaco no anexo e falade tamén das características do traballo antes e agora.
É calquera proceso que supón a xeración (xerar é producir, cultivar, fabricar, crear) e o intercambio (intercambiar é cambiar por outros produtos ou por cartos) de produtos, bens e servizos. Esta actividade permite xerar riqueza e resulta fundamental para a sociedade. Podemos dividila en tres fases:
Produción: supón a creación e o procesamento de bens e mercadorías. É o medio fundamental a través do que o traballo humano xera riqueza.
Distribución: é o proceso polo que pasa un produto desde que é producido ata que chega ao seu consumidor final. (Distribuír é repartir, entregar ou transportar). Grazas á distribución, podemos acceder a produtos elaborados a quilómetros de distancia.
Consumo: é o gasto dos produtos ou servizos que se adquiren para satisfacer as necesidades da persoa consumidora. Por esta razón, convértese na fase final da actividade económica.
Nos textos nos que traballamos, vimos a importancia da economía local para a vida dunha cidade. A actividade económica está relacionada coa despoboación ou co aumento da poboación, co envellecemento ou do crecemento da natalidade da mesma e, polo mesmo, da emigración ou inmigración que recibe. Todos os sectores da actividade económica teñen interaccións (están relacionados). Vimos que a disminución da actividade agrícola nunha localidade pódese compensar co aumento da actividade industrial, e que o desenvolvemento do comercio depende da cantidade de xente traballando nese mesmo lugar.
1. Pensa nos teus pais e coñecidos. En que fase da actividade económica están Por que?
Sesión 3:
Na actualidade empréganse os cartos para case todas as actividades económicas, pero isto non sempre foi así. Cando non había cartos, as relacións económicas consistían sobre todo no troco, que é o intercambio directo dunha mercadoría por outra.
A humanidade, para facilitar o intercambio de bens e servizos, concibiu uns obxectos de referencia para as operacións económicas: o diñeiro.
Durante séculos, as moedas de metal tiveron especial relevancia, debido ao valor dos seus materiais. Co tempo, apareceron outras formas para os cartos como os papeis ou, xa nas últimas décadas, as tarxetas de crédito e o diñeiro dixital.
En relación co traballo, a poboación pode dividirse en:
Poboación activa. Inclúense neste grupo ás persoas de entre 16 e 67 anos que están en condicións de traballar. Dentro da poboación activa podemos diferenciar entre as persoas ocupadas e as que están no paro; as primeiras son as que teñen un emprego, mentres que as segundas carecen del.
Poboación non activa. É o conxunto de persoas que non están en idade ou en condicións de traballar, polo que non se contan como paradas. Este grupo abrangue os menores de 16 anos, os maiores de 67 (aínda que algúns poden seguir traballando) e aquelas persoas con diversidade funcional que non poden realizar un traballo.
Asalariados e autónomos
Moitas persoas traballan pola súa propia conta e reciben o nome de autónomas. Por exemplo, un fontaneiro que non teña xefe, o propietario dun pequeno comercio ou unha doutora cunha consulta privada, son autónomos.
Porén, as persoas asalariadas son todas as que traballan nunha empresa que non é da súa propiedade e reciben un pagamento daquela polo seu labor.
Que é unha empresa?
Unha empresa é unha organización creada con fins comerciais que satisfai as necesidades en bens e servizos dos seus demandantes. Para crear unha empresa é habitual que se teña de facer un investimento previo, o cal se recuperará cando a empresa sexa rendible. Para crear unha empresa é preciso dispoñer de:
Recursos materiais: terreos, instalacións, maquinaria, ferramentas, etc. Co fin de realizar as actividades de fabricación, almacenaxe, trasporte e comercialización.
Recursos humanos: o persoal que traballa para o bo funcionamento da empresa
Recursos económicos para que a empresa poida funcionar.
O funcionamento da publicidade
A publicidade comeza cando unha empresa desexa promover un produto ou servizo. O máis frecuente é que lle encarguen esta tarefa a unha empresa especializada en marketing, que será a que deseñe a campaña publicitaria.
Case sempre a publicidade se centra nas vantaxes dun produto e deixa de lado as súas desvantaxes. Unha vez que se ten claro o que se quere resaltar dun produto, eláborase o anuncio e difúndese a través de dúas clases de medios:
Medios de comunicación masivos: prensa, radio, televisión, internet...
Medios especificamente publicitarios: folletos, carteis, paneis en autobuses...
Finalmente, o público ve ou escoita os anuncios, recibindo así a información que quixo transmitir o vendedor.
A publicidade terá éxito se chama a atención de quen a ve e, sobre todo, se xera un interese polo produto ou servizo ofertado.
Sesión 4
1. Para que se inventou o diñeiro.
2.Os parados pertencen á poboación activa ou pasiva? Quenes pertencen á poboación activa? E a pasiva?
3. Que é un asalariado?
4. Que é un autónomo?
5.Tipos de recursos dos que pode dispoñer unha empresa.
6. Cales son os defectos da publicidade que temos que ter en conta os consumidores?