Le as informacións sobre o uso monetario na páxina principal desta unidade.
Ides comprobar a diferenza entre o troco e mercar con cartos. Seguide estes pasos:
Seleccionade algúns obxectos que teñades a man (como os bolígrafos, lapis, regra etc.) e poñédelle un prezo razoable, en euros, polo que os venderiades ao voso compañeiro ou compañeira. Escribídeos na túa ficha.
Entón, valorade os mesmos obxectos, mais non en cartos, senón noutros obxectos dos vosos compañeiros polos que os trocariades. Escribídeos.
Se lle pagades ao compañeiro por eses obxectos estades mercándollos, mentres que, se os cambiades polos vosos, estades facendo un troco ou intercambio.
2
Amplía os teus coñecementos. Busca en Internet e anota no teu caderno cales eran as moedas anteriores ao euro en España, Italia, Grecia, Alemaña, Portugal e Francia.
Non todos os países da Unión Europea utilizan o euro. Encontra na rede polo menos tres destes países que seguen empregando a súa propia moeda e anótaos no teu caderno, xunto co nome desa moeda.
Escribe tamén o nome de tres países de fóra de Europa e a moeda propia de cada un.
As seguintes ligazóns poden servirche de axuda:
3
Este é un exemplo moi sinxelo dun orzamento elaborado segundo algúns dos conceptos que acabamos de ver:
Tómao como modelo e elabora un orzamento semellante, tendo en conta os seguintes situacións:
Un familiar teu deuche 10 euros para que merques o que queiras.
Atopaches unha moeda de dous euros na rúa.
Merca algunhas cousas, pero non gastes máis do que tes. Aforra algo.
Le sobre a poboación activa e a pasiva na páxina principal desta unidade.
Exercicios 1-3 U-6 Páx 3 Edixgal.
Le sobre a Publicidade na páxina principal desta unidade.
Anota no teu caderno catro medios de comunicación diferentes onde se poida empregar a publicidade.
Despois, escolle un deles e explica brevemente de que forma se fai un anuncio nel.
2
3
Por que cres que nos anuncios de produtos baixos en calorías aparecen moitas veces mulleres moi esveltas? Na túa opinión, a que se debe que estrelas do deporte, actores, actrices ou modelos protagonicen tantos anuncios?
Fai no teu caderno unha breve redacción sobre a publicidade na que respondas a estas dúas cuestións e expreses a túa opinión sobre os perigos da publicidade. Estes poden ser algúns títulos:
Publicidade e famosos: un gran negocio,
Somos máis que un corpo,
Non todo é o que parece,
Beleza na publicidade.
Escolle un dos seguintes xornais dixitais.
Logo entra nel e analiza a súa páxina de inicio, respondendo no teu caderno as seguintes cuestións:
Cantos anuncios podes ver na súa páxina de inicio?
Como son os seus tamaños?
Que tipo de produtos anuncian?
Que anuncio che parece o máis rechamante ou atractivo?