O primeiro que debemos lembrar é que os fungos non son plantas, pertencen a un reino diferente, o reino dos fungos. Arriba temos uns cogomelos da especie "Amanita muscaria", velenosos e con pinta de casita dos ananitos.
Moita xente busca cogomelos para comelos. Algunhas especies deles están boísimos e cultívanse, coma os champiñóns (Agaricus campestris) ou as setas de cardo (Pleurotus eryngii).
Champiñóns (Agaricus campester). Hainos tamén cultivados, que teñen unha forma máis pechada, porque son máis novos.
Tanto os champiñóns como as setas de cardo cultívanse en granxas especiais. Estas setas son boísimas e non hai problemas coas confusións.
Outras están no campo, pero forman parte da tradición gastronómica de moitos lugares, coma o nízcalo (Lactarius deliciosus), a oronxa (Amanita caesarea) ou a trufa (Tuber melanosporum). Nembargantes, arriscarse a comer cogomelos sen coñecelos é moi perigoso. Algúns sentan moi mal (vómitos, diarreas, febre...) e outros, directamente son velenosos e pódennos matar. As especies comestibles e as tóxicas parécense moito en ocasións, así que só podemos comer o que esteamos seguros de coñecer.
Chámase "Lactarius deliciosus" e está nas piñeirais, onde nacen en grupos ( chámanse "corros de bruxas"). Están "deliciosus".
A trufa ou Tuber melanosporum é un fungo moi buscado para dar valor a moitos platos na cociña tradicional e moderna. (Por certo, é carísima).
A Amanita caesarea ou seta dos césares é unha especie moi rara e apreciada.
Para axudar aos aficionados a buscar setas (cogomelos), existen asociacións micolóxicas (de expertos en fungos) en cada rexión.
Os fungos non fan a función clorofílica, así que non teñen por que ser verdes (aínda que algúns o sexan por outros motivos).
Os fungos están por todas pates: medran na madeira ou nos solos con moita materia orgánica. Velaquí uns boletus. Son boletus porque non teñen laminiñas sino puntiños como esponxas por debaixo do sombreriño.
Algunhas especies aproveitan a materia en desomposición en calqueira sitio húmido.
Aquí temos un mofo (moho), que é un tipo de fungo que coñecemos ben (e que nos dá moito asquiño).
As hifas é dicir, o fío que vemos debaixo do solo é propiamente o fungo. O cogomelo é o aparello reprodutor do fungo. Aparece en primavera ou en outono, segundo o tipo de fungo que sexa.
Hai moitos cogomelos (setas) diferentes. Aquí tedes unha peciza, un dos máis sinxelos cogomelos que hai (un pouquiño duros, que parecen de coiro).
Outras teñen unhas laminiñas nas que están as esporas, que leva o vento cando maduran.
Estas chámanse Pleurotus eryngii (seta de cardo) e está deliciosa, por iso cultívase para vender. Tamen se cultiva o champiñón, que é outro cogumelo famoso (Agaricus campester), que temos abaixo. Unha de champis!
Pero coidado, non todas se poden comer, hai algunhas moi velenosas. Esta é unha Amanita phalloydes, só un mordisquiño podería matar un elefante (aínda que en Galicia é difícil, porque hai moitas Amanitas phalloydes pero poucos elefantes).
Liques
Que seres tan interesantes! En realidade son a simbiosis entre un hongo e unha alga. Están clasificados no reino dos fungos..
Os liques son en realidade unha asociación (simbiosis) entre unha alga e un fungo.
A protección que achega o fungo fronte á desecación e a radiación solar, e a capacidade de fotosíntesis da alga confiren a este organismo características únicas dentro dos seres vivos.
Preto de nós podemos atopar moitos tipos de liques. Na primeira foto, liques nunha columna abandonada fronte o ascensor de S. Pedro. O segundo e o terceiro, nunha finca próxima.