O mundo que nos rodea
Sesión 1
Imos dar un vistaciño a como é o noso planeta e como o dividimos en continentes e nacións. Mira esta presentación:
Mira a seguinte presentación e resúmea no teu caderno: Unha viaxe por España
1. Escribe no teu caderno, cinco cousas que che chamaran a atención nos anteriores vídeos.
2.Que é un planisferio? Con que outro nome podemos atopalo?
Sesión 2
Orientámonos
Hoxe estivemos falando dos puntos cardinais. O sol sae polo Leste e escóndese no Oeste... Norte, Sur, Leste e Oeste.
É moi curioso e útil repasar o vocabulario dos puntos cardinais:
Leste é igual que Oriente: o que está ao leste é o oriental. Tamén é igual a Levante, porque polo Leste levántase o Sol. É dicir: Leste = Oriente = Levante. Do Leste = oriental = levantino. O Levante español é a parte Leste da Península: chámase así á Comunidade Valenciana.
Oeste é o mesmo que Occidente. O occidental é o que está ao Oeste. Tamén se pode chamar Poniente, porque aí ponse o Sol (ocúltase). É dicir: Oeste = Occidente = Poniente. Nós estamos na zona máis occidental de Europa: os romanos, que non sabían que existía América, dicían que estabamos no Fin da Terra, o Finis Terrae (Finisterre ou Fisterra).
Ao que está ao norte lle podemos chamar tamén setentrional, e as veces nórdico. Se está moi ao norte chámaselle boreal. Ao que está no Sur, dicimoslle meridional ou austral.
É dicir: do norte = setentrional = nórdico = boreal.
Do Sur = meridional = sureño = austral .
Por certo: orientarse é saber ónde están as direccións cara aos sitios que queremos ir, pero vén de "saber ónde está o oriente"; é dicir, saber por ónde sale o Sol.
Os mapas
Os mapas son unha forma de reproducir a imaxe esférica do planeta sobre unha superficie plana. Un mapa pode facerse de lugares de diferente tamaño: dunha cidade, dunha comarca, dunha rexión, dun país, dun continente, ou mesmo de todo o planeta Terra. Este último mapa coñécese co nome de planisferio porque neste mapa se representa o esférico nun plano. É coma se pelásemos a pel dunha laranxa e a puxésemos plana nun papel.
1.Copia na túa libreta a información en amarelo.
2 Fai un esquema coa información anterior.
3. Mira nun mapa a situación de Galicia. Con respecto ás comunidades de Baleares e Canarias, que podes dicir desde o punto de vista dos puntos cardinais?
Sesión 3
Mirade o seguinte vídeo: Liñas imaxinarias
Paralelos e meridianos
Os planisferios ou mesmo as esferas terrestres represéntase con paralelos e meridianos, unhas liñas imaxinarias que facilitan a orientación e permiten situar un lugar polas súas coordenadas, esto é: polo lugar onde se cruzan estas liñas.
O paralelo de referencia é o Ecuador, que cruza a Terra de leste a oeste e a divide en dúas metades: hemisferio norte e hemisferio sur.
Hemisferio significa a metade (hemi) da esfera (sferio).
Todos os demais paralelos son precisamente paralelos ao Ecuador. Cos paralelos mídese a latitude, que é a distancia desde calquera punto da Terra ao Ecuador.
O meridiano máis importante é o de Greenwich, o cal, como todos os meridianos, vai desde o Polo Norte ao Polo Sur. A diferenza do Ecuador, non divide a Terra en dúas metades, porque non dá unha volta completa, mais aínda así podemos dicir que separa o leste do oeste. Os demais meridianos dipóñense ao leste ou ao oeste ao de Greenwich, e perpendiculares ao Ecuador. Cos meridianos mídese a lonxitude.
O meridiano que continúa polo outro lado da esfera ao meridiano 0 e o meridiano 180 ou antimeridiano. Grazas aos meridianos podemos encontrar os diferentes fusos horarios, que nos din as horas nas que están os diferentes países.
O Ecuador e o meridiano de Greenwich son a referencia para medir a latitude e a lonxitude, pois o seu punto de intersección ten latitude 0º e lonxitude 0º. A partir de aí, os diferentes puntos terán unha determinada latitude norte ou sur, dependendo de se están ao norte ou ao sur do Ecuador, e unha determinada lonxitude leste ou oeste, dependendo de se están ao leste ou ao oeste do meridiano de Greenwich.
1. Cal é o paralelo máis importante?
2. Que é un hemisferio?
3. Que é un meridiano? Di o nome do meridiano máis importante.
4. Que é o antimeridiano?
Sesión 4
Os códigos dos mapas
Os mapas son ferramentas universais. Para que todos os entendamos igual, adoptouse un código de cores para representar os elementos que o conforman:
As poboacións aparecen de cor vermello.
A hidrografía coa cor azul.
Os elementos vexetais son subliñados con cor verde.
As áreas industriais móstranse en negro.
As redes de transporte:
En vermello: autovías, autopistas, estradas.
En negro: camiños, vías de ferrocarril, oleoductos.
Tamén se empregaron símbolos lineais para sinalar os límites entre as diferentes unidades administrativas:
Nación: +++++
Autonomía: +.+.+.+.
Provincia: +-+-+-+-
Municipio: +--+--+--+
Isto, en ocasións, compleméntase escribindo o nome dos lugares máis importantes e con outra información máis específica: presenza de minas, torres, castelos, ermidas, salinas...
Tarefa: Fai un resumo do anterior copiando o que está suliñado (o amarelo).
Facer un esquema aproveitando o resumo e encaixando algún dato máis que non estea nel.
Tipos de mapas
Traballo por equipos sobre os tipos de mapas.
Físicos:
Explicaranse os mapas físicos, como son, as súas características (a escala, as diferentes cores) a súa utilidade. Se expondrán e explicarán mapas de Galicia e España.
Políticos:
Explicaranse as características principais, a escala, o que significan as liñas...
Expondranse e explicaranse mapas de España e Europa.
Turísticos:
Explicaranse as súas características e utilidade.
Comentaremos todo tipo de mapas turísticos de países, comunidades, comarcas ou cidades.
Estradas:
Explicaranse as súas características e utilidade, o significado das diferentes liñas que se empregan.
Comentaremos mapas de carreteras da nosa comarca e de España.
Meteorolóxicos:
Explicaranse as súas características e utilidade, así coma os diferentes sinais que se debuxan neles.
Comentaremos mapas meteorolóxicos diversos de España.
Históricos:
Explicaranse as súas características e utilidade.
Comentaranse mapas de Europa e España en idades antigas.
Económicos:
Explicaranse as súas características e utilidade, os diferentes tipos que podemos atopar, etc.
Comentaranse mapas agrarios, gandeiros, industriais, turísticos, etc.
Sesión 5
Traballaremos con Netex. Coa túa sesión aberta pulsa o seguinte enlace Netex U-1 Páx 2
(ou busca en Edixgal).
Sesión 6
O mapa físico da Península Ibérica:
Utilízanse as cores para representar a altitude: verde significa ao nivel do mar; amarelo, máis alto; marrón, as montañas...
Mapas Físicos
Xoga cos mapas físicos en : Mapas físicos
Mapa hidrográfico é o dos ríos: Mapa hidrográfico
Vocabulario de accidentes xeográficos
Lembramos de 5º:
Altitude: distancia en vertical dun punto ata o nivel do mar.
Relevo: forma que ten o terreo, cos seus accidentes xeográficos.
Chaira: superficie cha, sen elevacións.
Serras: conxunto de montañas altas que se atopan xuntas.
Cordilleras ou sistemas montañosos: grandes extensións de montañas.
Depresión: afundimento do terreo que queda por debaixo do nivel do mar.
Val: terreo excavado polo cauce dun río entre montañas.
Veiga: terreo regado por un río e cuberto por el nas crecidas.
Meseta: chaira elevada.
Conca fluvial: conxunto de ríos que van desembocar no mesmo mar.
Cauce fluvial: camiño que segue o río.
Afluente: río que desauga noutro.
marisma…
Costa: parte da terra bañada por un lago, mar ou océano.
Cabo: parte da terra que se adentra no mar. Ten forma de pico.
Golfo: parte do mar que se adentra na terra.
Badía: Entrada de mar na terra que forma unha concavidad ampla onde poden afondar os barcos para abrigarse do vento; é de menores dimensións que un golfo e maior que unha ensenada.
Península: Anaco de terra que está rodeado por auga e conéctase con outra terra de extensión máis importante a través dunha porción de superficie que é máis estreita.
Ría, delta, esteiro, istmo, arquipélago, cantil...
Sesión 7
Ríos de España
3 vertentes o cuncas (onde vai toda a auga dun sitio).
Vertente Atlántica:
Miño: Nace en Fontemiña, preto de Lugo. Pasa por Lugo e Ourense. Desemboca en A Guarda, provincia de Pontevedra, facendo fronteira con Portugal. O seu afluente principal é o Sil. A súa lonxitude total é de 350 km.
Douro (Duero): Nace nos Picos de Urbión. Discorre pola Submeseta Norte. Pasa por Soria e Zamora, regando tamén as provincias de Burgos, Valladolid e Salamanca e desemboca en Oporto (Portugal). Os seus principais afluentes son, polo norte o Pisuerga e o Esla, e polo sur, o Adaxa e o Tormes. Ten 897 km de longo.
1. Copia estes datos, investiga e recolle outros datos de máis ríos da Vertente Atlántica.
2. Copia los datos do principal río da Vertente Mediterránea.
Sesións 8, 9 e 10
Mapas políticos
Mira este vídeo: España: comunidades
Neles poden apreciarse as fronteiras entre países, comunidades, provincias, departamentos, etc.
O mapa político da España autonómica é:
O das provincias é: