PROXECTO ECOSISITEMA:
ANIMAIS DA CONTORNA
PROXECTO ECOSISITEMA:
ANIMAIS DA CONTORNA
VERTEBRADOS
Réptiles
O lagarto máis grande de Europa e pode acadar os 70 cm.
.
Témolo baixo as losas do Paseo no Portiño e tamén por todo S. Pedro. As fotos son do Portiño.
Come de todo: insectos, froitos, e pequenos vertebrados. Cando vai sol, pola mañá, ten moita actividade e podédelos ver moi ben cando pasedes andando ou nas vosas bicis.
Son animais inofensivos para nós. Nunca atacan e escóndense no último momento cando pasamos. Hai lendas que din que é velenoso, pero é falso.
Pero cando vai frío, invernan: son animais de sangue frío, lembrades?
Chámase "ocelado" porque ten esas manchas arredondadas (ocelos) no lombo. O seu nome científico é Timon lepidus.
Aves
Arriba: O voo das pegas é moi elegante e áxil. Os seus cantos varían do macho á femia.
Abaixo: Familia de pegas rabilongas no Portiño.
A pega rabilonga (urraca en castelán) ten por nome científico "Pica pica" (esta ten un nome doado, eh?)- É da familia dos corvos (córvidos). Podemos velas no noso cole ou no seu carón comendo calquera cousa que apañen. Son animais moi intelixentes, máis que ningunha outra ave. Móvense en grupos como vemos na foto de abaixo. Poden entrar (e entran) polas ventás das casas para roubar cousas brilantes para "decorar" os seus niños.
Arenaria interpres. Vén desde o Ártico a invernar na nosa costa. Ao carón do cole temos unha gran familia sempre. Este estaba nas rochas do cole cando lle fixen as fotos.
Lavandeira branca (Motacilla alba)
O maior desinsectador que temos na costa. Vémolo con facilidade á carón do noso cole, e mesmo polo noso patio, na boa compaña das pombas e a certa distancia das gaivotas.
Gaivotas
Gaivotas no teito do pabellón e no patio do colexio. A do teito é un adulto de gaivota patiamarela (Larus michahellis).
Por certo, o punto vermello que ten a patiamarela no peteiro indica que está en época de cría. Curioso, non?
Larus michahellis. Esta gaivota é propia das nosas costas. É unha ave que vive en bandadas e compite coas compañeiras pola súa xerarquía á hora de comer ou de establecer o niño. Come de todo. Naturalmente, pesca peixes e moluscos ou come animais mortos. Co establecemento das cidades humanas, cheas de desperdicios alimentarios, busca e atopa comida tamén nos vertedoiros. Poucos saben que as gaivotas axudan aos pescadores a pescar. Lles din onde van os peixes e só piden unha pequena parte do botín. As gaivotas patiamarelas teñen, de novos, as plumas grises e as patas de cor rosada. Aos catro anos, mudan e teñen xa a plumaxe de adulto e as patas de cor amarela. Son coma a que está no teito do pabellón (as demais son pitos menores de catro anos).
As gaivotas son fauna salvaxe. Pódennos pillar o bocata ou molestarnos no patio, pero compórtanse como calqueira animal no seu ecosistema. Non podemos desprezar ás gaivotas e dicir despois que nos gusta a natureza.
Cormoráns
Phalacrocorax carbo
Todos no colexio sabemos onde están. Podémolos ver desde as nosas ventás secando as súas ás ao sol despois de mergullarse tras un peixe. Son pescadores infalibles coas súas rápidas inmersións .
Esta familia está preto de separarse porque os seus pitos xa son moi grandes, case adultos, e pronto faran os seus propios niños. Sorte!
Carriza ou chochín común
Troglodytes troglodytes.
Un paxaro pequeniño e moi difícil de fotografar. Este estaba ao caer o sol polas herbas fronte ao ascensor de S. Pedro.
É pequeniño, pero o seu canto é abraiante.
Rabirrubio común ou colirrojo tizón
Phoenicurus ochruros
Hai unha familia xusto diante do cole. Cando voa e desprega a cola, vese a súa cor vermella-laranxa brilante. Come insectos, anque non despreza as baias e outros froitos que atope. Fai o seu niño no medio das rochas, que é o lugar onde prefire vivir. Esta da foto é unha femia, xa que o macho ten a cara negra.
Hai uns meses unha bandada de estorniños morreu de súpeto na Coruña. Contáronse máis de cento cincuenta aves mortas, fulminadas non se sabe por que. Din que caeron do aire coma se chovesen paxaros!
O estorniño pinto ou estorniño común (Sturnus vulgaris) é un paxaro moi común na nosa cidade. Podémolo ver voando en formación nas súas bandadas, facendo debuxos no aire para burlar aos falcóns pelegríns ou outros perigos. As veces son moi ruidosos, pero sempre é unha ledicia escoitalos.
Un habitante da nosa cidade que pocos coñecen é o falcón pelegrín (Falco peregrinus). É un superdepredador e a ave máis rápida que voa no ceo. A súa velocidade pode ser de 390 km/h durante os seus lances de caza.
Invertebrados
Insecto palo (Phasmatodea)
Atopado por un alumno de cuarto de Primaria e fotografado na súa aula polo profe (coa boa ambientación dunha hortensia do xardín do cole). O insecto palo ten esa forma para pasar desapercibido e non ser devorado polos seus inimigos (os paxaros). Non pica nin morde; só come follas e preocúpase da súa reprodución sen meterse con ninguén. O alumno púxolle Palito de nome. Despois da sesión fotográfica, Palito foi deixado onde o atoparon. Quedaches ben nas fotos, Palito!
Procesionaria do piñeiro. Thaumatopoea pityocampa. Atopada preto do Milenio. É unha oruga dunha bolboreta nocturna, non un verme.
Se vedes unha coma esta, non a toquedes. Os seus peliños son urticantes e fan moito dano, tocados ou respirados ( e si es alérxico, peor). Os cans poden morrer se a cheiran.
En verán póñense en fila unhas detrás de outras en largas procesións. Perigo! Cando son bolboretas dan de xantar aos morcegos e a moitas aves, así que non vos acheguedes pero non as maltratedes.
Tamén chámanse "moscas grulla". Non é un mosquito, máis ben está emparentado coas moscas; así que non pica: só come néctar. Este está fotografado no patio, despois de que os alumnos de 4º o descubrisen e gritasen todos coma se fose o Conde Drácula.
Un equinodermo: a estrelamar
Atopada preto do noso cole por un alumno de 4ºB. A esquerda podemos ver a súa parte superior, coas placas e espiñas que lle dan o nome (equinodermo significa "espiñas na pel"). Á dereita vemos a súa parte de abaixo, cos podios aos lados (son coma pés pequeniños cos que anda), e a boca no medio. Lembrade que ten simetría radial: cada un dos raios da estrela é idéntico aos outros.
Esta araña non tece arañeiras, senón que espera ás súas presas agachada entre as rochas ou a vexetación e as atrapa á carreira. Inxéctalles un veleno que as inmoviliza e as papa alí mesmo.
É unha araña que podemos atopar na nosa andaina polo Paseo marítimo. É unha araña propia da nosa terra e de toda Europa do sur. Os maiores exemplares poden chegar a tamaños considerables e asustarnos un pouco, pero son moi boas para controlar as poboacións de insectos