Sabes que todos os animais domésticos foron algunha vez especies salvaxes?
Os humanos deixamos, ao longo da nosa historia, que nos acompañasen na nosa vida algunhas especies animais. Estes compañeiros animais dannos moitos servizos, dende a súa amizade ata seguridade ou comida. Para mellorar os beneficios que estes animais nos dan, imos seleccionando neles as características que queremos (máis pequenos, máis tranquilos -cans-, que dean máis leite
-vacas-, etc.). Mira este vídeo: Cans e cadelas
Como vemos, os homes cambiamos aos arrepiantes lobos en inofensivos caniches, pero... como se pode facer isto?
Mira este vídeo no que se explica un caso de evolución por selección artificial: Evolución por selección artificial nos cangrexos samurai
A evolución é o proceso polo que os organismos cambian e adáptanse ao seu medio. Hai evoilución natural e artificial (provocada por nós).
1. Contesta no teu caderno razoando as túas respostas:
Vamos clasificar aos membros do Reino Animal. Para facelo, utilizaremos unha clave dicotómica:
-Ten esqueleto interno e columna vertebral.
-Non ten esqueleto interno nin columna vertebral.
Se ten é un vertebrado e se non, un invertebrado.
Se seguimos coas nosas claves, veremos que hai 5 grupos dentro dos vertebrados e outros cinco nos invertebrados.
Vamos primeiro cos vertebrados, que son os máis familiares para nós.
Os Vertebrados
Os animais vertebrados caracterízanse por ter un esqueleto interno ríxido que está formado por moitas pezas que se articulan entre si. O esqueleto ten tres funcións:
Permite realizar movementos xa que forma parte do aparato locomotor.
Sostén e dálle forma ao corpo.
Protexe os órganos. Por exemplo, as costelas protexen os pulmóns.
O esqueleto dos animais vertebrados está formado por ósos, compostos de calcio pero cunha estrutura viva, aínda que nalgúns vertebrados moi primitivos -a quenlla ou a lamprea- está feito de cartilaxes (como o noso nariz). Todos sabemos a importancia dos ósos para a nosa vida: cando temos un óso fracturado temos que ir ao médico especialista, o traumatólogo, que se encarga de curarnos. Velaquí un vídeo feito por estes especialistas:
No esqueleto de todos os vertebrados distinguimos a columna vertebral, formada por ósos chamados vértebras, e o cranio ou encéfalo.
O corpo dos animais vertebrados está dividido en varias partes:
Cabeza. Nela sitúase o cerebro e os órganos máis importantes dos sentidos, coma os ollos, os oídos e o nariz.
Tronco. Nel, sitúanse sempre órganos como o corazón, o estómago, os intestinos, etc.
Extremidades. Xeralmente catro nos animais terrestres. Chámanse extremidades porque están ao extremo do noso corpo. As extremidades poden ser moi diferentes entre si, dependendo das necesidades de cada animal, o que produxo a súa evolución.
Nos peixes, os primeiros animais vertebrados, xurdiron extremidades coa forma de aletas.
Outros vertebrados posúen patas que lles permiten camiñar, correr, saltar; aínda que algúns deles, por mor da súa evolución, perderon as patas, como no caso das serpes que non teñen extremidades, pero poden desprazarse igual movendo en zig zag o seu corpo.
Os mamíferos acuáticos e aves como os pingüíns teñen tamén aletas que lles serven para nadar. Nos mamíferos acuáticos formáronse as aletas a partir das patas que tiñan antes de voltar á auga, xa que os primeiros mamíferos foron terrestres. Os morcegos cambiaron as súas patas dianteiras por ás.
A maioría das aves presentan ás que lles permiten voar, grazas ademais ao pouco peso dos seus ósos. No caso dos pingüíns, as súas ás teñen forma de aletas, pero sabemos que estas evolucionaron a partir de ás normais.
Algúns animais vertebrados, ademais, teñen cola. A cola ten moitas funcións: desde equilibrar o movemento, ata agarrarse aos obxectos, no caso da cola prensil dos monos, ou mesmo para despistar e enganar aos depredadores, coma os lagartos que perden a cola cando un bufo ou unha aguia lles colle dela coas súas garras.
En canto aos órganos:
- Todos os vertebrados teñen un bo sistema nervioso central, cun cerebro no seu cráneo e un cordón de nervios dentro da súa columna vertebral. A función de relación está moi desenvolvida neles, grazas ao seu sistema nervioso conectado aos sentidos corporais. Os sentidos teñen un diferente grao de perfeccionamento nas diferentes especies, xa que o seu deenvolvemento ten que ver coas condicións nas que vivan os animais. Un can ten moi perfeccionado o sentido do olfacto, mentres que un falcón o da vista.
-Todos os vertebrados teñen un corazón e un sistema circulatorio con sangue.
- Todos teñen estómagos e intestinos.
-Todos teñen desenvolvido un sistema adaptado de obtención do osíxeno. Depende de onde vivan, algún respiran por branquias e outros por pulmóns.
Podemos dicir que os vertebrados son o cumio* da evolución**, os animais máis evolucionados do noso planeta. Os animais vertebrados poden dividirse en cinco grupos: os mamíferos, as aves, os peixes, os anfibios e os réptiles. Ao longo desta unidade coñecerás as características de cada un dos grupos.
* Cumio: cume (cumbre) o lugar máis alto.
**Evolución: chámase evolución ao conxunto de cambios que se producen nos organismos como consecuencia da adaptación ao medio.
Fíxate na ortografía das palabras destacadas con esta cor.
Moitos vertebrados están agora extintos pero sabemos que existiron polos seus esqueletos fosilizados. É o caso do Ictiosaurio, un dinosaurio con forma de peixe, de ata 18 metros de longo que existiu nos períodos Triásico e Xurásico da Era Secundaria.
Exercicios:
1. Fai un esquema cos grupos de vertebrados.
2. En que se parecen as aves aos peixes?
3. Que tres partes diferenciadas teñen os vertebrados? Explica como é cada unha delas.
4. Como é o sistema nervioso dos vertebrados?
5. Presenta nunha cartolina un traballo sobre un grupo de vertebrados.
Os mamíferos
Os mamíferos son o grupo de animais vertebrados máis achegado a nós, porque nós somos mamíferos. Case todos son terrestres pero tamén hai algúns acuáticos, coma os golfiños e as baleas, e outros voadores, coma os morcegos. Chámanse así porque posúen glándulas (partes do corpo que segregan líquidos) mamarias. Estas glándulas producen leite, que é o primeiro alimento das súas crías.
Os mamíferos teñen as seguintes características xerais:
Posúen catro extremidades. Algúns coma os corzos teñen patas, outros, coma as focas, aletas, e outros, coma os morcegos, ás.
Son animais vivíparos. Paren ás súas crías “vivas” e cunha forma moi semellante á que terán de adultos. Nacen do ventre da súa nai e aliméntanse do leite que producen as súas mamas.
Teñen fecundación interna. A unión das células sexuais prodúcese no interior do corpo da femia.
Teñen sangue quente. (Grazas a un sistema con moito gasto de enerxía, regulamos a nosa temperatura).
Están cubertos por pelo, que lles serve como illante térmico.
Segundo o alimento que comen os mamíferos, cada grupo ten un tamaño ou outro, as súas bocas están dotadas dunhas dentaduras con moi distintas formas, e os seus estómagos e intestinos teñen diferentes estructuras. Cada corpo, pata e dentadura ten relación coa forma na que o animal consigue a súa comida. Os mamíferos agrúpanse en:
Herbívoros. Aliméntanse de plantas e/ou froitos (neste caso chámanse fruxívoros). Dentros dos herbívoros, os ruminantes son un grupo de herbívoros que teñen un estómago dividido en catro partes que lles permite dixerir os alimentos en dúas etapas, separando a inxestión da mastigación e da dixestión. A vaca e a xirafa son ruminantes. O cabalo e o coello non son ruminantes. Na súa dentadura, todos eles teñen grandes moas e incisivos que lles serven para curtar os talos herbáceos.
Un carroñeiro: a hiena.
Carnívoros. Aliméntanse de carne. Os lobos e as focas, por exemplo, son carnívoros. Dentro dos carnívoros, hai subgrupos. Os insectívoros, por exemplo, aliméntanse só de invertebrados; os carroñeiros aproveitan a carne de animais mortos polos depredadores, que poden cazalos. Na súa dentadura, a maioría deles teñen grandes canteiros para desgarrar a carne.
O oso formigueiro é un animal insectívoro.
Omnívoros. Aliméntanse de plantas e carne. Os raposos, os porcos e nós mesmos (os seres humanos) somos omnívoros. Nas dentaduras dos omnívoros está reflexado o seu menú principal: se teñen canteiros grandes, comen moita carne (ou deféndense con eles), se teñen incisivos grandes, curtan herbas o comen frotos; se teñen moas grandes, comen sementes, grans ou vexetais.
Exercicios
6. As vacas son animais herbívoros, os lobos carnívoros e o ser humano omnívoro. Teñen todos os dentes da mesma forma? Por que cres que sucede isto?
7. Busca o significado das palabras “fruxívoro” e “insectívoro”. Constrúe dúas frases que conteñan estas palabras.
8. Investiga e fai unha lista de animais mamíferos fruxívoros e insectívoros.
9. Fai unha relación os alimentos que comiches no día de onte. Que tipo de alimentación tiveches?
AS AVES
As aves viven e crían na maioría dos hábitats terrestres.
Son animais vertebrados que teñen as súas extremidades anteriores modificadas como ás. As ás e outras adaptacións do seu corpo permítenlles voar, pero algunhas, como a avestruz, non o poden facer. Ademais de voar as aves poden camiñar, dar chimpos ou manterse erguidas sobre as súas patas, incluso hai algunhas que poden nadar.
As aves proceden dun tipo de animais moi antigo ( e supuestamente extinto), os dinosaurios. Un tipo deles, composto por animais pequenos, evolucionaron ata o que agora coñecemos coma aves. As primeiras aves tiñan aínda dentes, coma os dinosaurios, pero xa toda a configuración coñecida por nós. Cando descubrimos os seus restos, os investigadores puxéronlle o nome de Archaeopteryx (ave primitiva). Velaquí os fósiles que atopamos e a súa reconstrucción:
As aves teñen as seguintes características xerais:
Teñen ás e patas.
Reprodúcense por fecundación interna.
Son ovíparas. As femias poñen ovos que incuban coa calor do seu corpo ata que nace a cría.
Respiran por pulmóns. Os pulmóns comunícanse cos sacos aéreos que son órganos que se enchen e baleiran de aire durante a respiración.
Posúen un peteiro sen dentes. Os peteiros das aves teñen formas diferentes segundo o tipo de alimentación.
Teñen ósos ocos, así pesan menos e poden voar con máis facilidade.
Teñen a pel cuberta de plumas.
Posúen catro extremidades. As posteriores son patas e as anteriores ás.
Manteñen a temperatura do seu corpo estable, tanto se vai frío coma se vai calor; é dicir, que teñen o sangue quente.
10: En canto as súas extremidades, cal é a diferencia entre un mamífero e unha ave?
11: Como se dividen as aves pola súa dentición? Por qué?
12: Por que as aves teñen os ósos ocos?
13: En que cres que pode axudar as plumas a unha ave para manter a súa temperatura estable?
Segundo o alimento que comen as aves agrúpanse en:
Herbívoras. Aliméntanse de plantas. Os gansos e as perdices son herbívoros. Un tipo de aves herbívoras moi corrente é o grupo das gramnívoras (as que comen grans).
Carnívoras. Aliméntanse de carne. Por exemplo a aguia e a anduriña (que é insectívora) son carnívoras. Algunhas aves carnívoras son carroñeiras. Non cazan as súas presas senón que se alimentan de animais mortos, por exemplo, o voitre.
Omnívoras. Aliméntanse de plantas e carne. A galiña e a pomba son omnívoras.
Peixes, réptiles e anfibios
Os peixes son animais acuáticos (respiran por branquias), ovíparos e as súas extremidades están convertidas en aletas.Teñen sangre fría: a súa temperatura corporal depende do seu entorno.