Antes de comezar... vexamos algunhas cousas importantes:
Sesión 1
Empezamos repasando o que aprendemos o ano pasado:
Que proxecto fixemos o ano pasado?
Lembramos algunha cousa dos romanos?
A civilización grega máis á romana eran moi avanzadas para a súa época. Chámanse civilizacións clásicas. As civilizacións clásicas pertencen á Idade Antiga. Desenvólvense entre o século VI antes de Cristo (aC) e o ano 476 despois de Cristo (dC).
Cando caeu o Imperio Romano (conquistado por outros pobos no ano 476 dC), remata a Idade Antiga e comeza a Idade Media. O seguinte vídeo, que é do ano pasado, serviranos para lembrar mellor cousas sobre estas civilizacións:
Civilizacións Clásicas: Grecia e Roma
Fin da sesión 1
Na casa
Temos que buscar información sobre a Idade Media. O importante é que aprendamos cousas sobre este tempo tan longo e incrible, e que nos familiaricemos con el.
Recomendámovos varias cousas:
-Pelis: El Cid
"Robi Hood: El príncipe de los ladrones".
"Ivanhoe"
-Vídeos: 5 cosas sobre la Edad Media
Sesión 2
Empezaremos facendo unha liña do tempo para comprender de que anos estamos a falar. (Si, que logo alguén di que América foi descuberta no 1942 no lugar de no 1492 e se queda tan pancho).
Que é unha liña do tempo?
É unha liña na que se organizan os acontecementos da historia ordeados polo tempo en que sucederon.
Organízase en "antes de Cristo” ou “antes da nosa era” (a.C.) e despois de Cristo (d. C.). Cada marca de centímetro son mil anos e cada marca de milímetro son cen. O problema é que, no noso calendario, non existe o ano cero. ¡¡¡!!!
(a. n. e. = a. C. , e significa antes da nosa Era);
(d. n. e. = d. C. , e significa despois da nosa Era).
En outros cursos fixemos algunhas liñas do tempo, lembrades? Non é tan difícil!
As liñas do tempo pódense facer de moitas formas. De xeito matemático... como as de arriba.
Ou dun xeito máis... como diría eu? De andar por casa! Ímolo ver na imaxe seguinte:
Nelas podemos falar das nosas vidas, dende o noso nacemento ata a actualidade.
Que monos!
Sesión 3
A caída do Imperio Romano
Durante o século V debilítase o Imperio Romano de Occidente. No ano 476 morre o derradeiro emperador, chamado Rómulo Augústulo. Aí remata o Imperio Romano e comeza a Idade Media.
Mira este vídeo:
Durante o século V, o Imperio Romano estaba moi debilitado. Había unha grande crise económica e social, e os grandes señores romanos fóronse das ciudades cara ao campo. Os señores tiñan alí os seus latifundios (grandes extensións de terras) e as súas vilas (casas de campo moi luxosas), e preferían vivir alí que nas cidades, nas que abondaba a violencia e nas que se podía pasar fame porque estaban pouco abastecidas de produtos do campo.
Coma eles, a poboación tamén prefería estar no campo e abandoaban as cidades en masa. Buscaban a protección dos señores e
convertíanse en colonos; é dicir, campesiños ao servizo dun señor que posuía a terra.
Tamén durante ese século, os chamados pobos bárbaros que viñan de Xermania (Alemaña) convertíronse nunha ameaza. Os romanos chamábanlle bárbaros a todos os estranxeiros, que eran moito máis primitivos ca eles.
Moitas tribos bárbaras xermanas querían entrar no Imperio Romano para establecerense alí, e puideron cruzar por fin as súas fronteiras, porque o exército romano estaba moi debilitado. Invadiron parte del Imperio, e quedáronse en lugares moi ricos del, acampando preto das cidades máis importantes.
Os romanos chegaron a un acordo con eles: podíanse quedar, e a cambio debían axudar aos romanos a defender as fronteiras do Imperio. Estes pobos foron os Godos, Ostrogodos e Visigodos.
Máis tarde entraron outros pobos moito máis salvaxes co fin de destruír o Imperio. Estes pobos tan perigosos foron os Hunos, os Suevos, os Vándalos e os Alanos.
Os Hunos chegaron ata a cidade mesma de Roma, deixando unha estela de morte e destrución antes de seren vencidos. O seu rei, Atila, foi famoso pola súa forza e crueldade.
Os Suevos, Vándalos e Alanos cruzaron todo o Imperio saqueando e matando e chegaron á Hispania. Os propios romanos pedíronlle aos Visigodos, que vivían no sur de Francia, que loitaran contra eles.
Os Visigodos entraron en Hispania para loitar contra os exércitos bárbaros dos Suevos e os Alanos, porque os Vándalos despois de destruír todo o que atoparon, cruzaron a África.
Os Visigodos venceron aos Suevos e Alanos e formaron o primeiro reino na Península:
Exercicios:
Investiga as datas do século V:
-De que ano a que ano é o século V?
Responde as seguintes cuestións relacionadas co vídeo e co texto anterior:
-Por que marcharon os señores das cidades?
-Que eran os colonos?
Como se chamaban as grandes posesións de terras?
Como se chamaban as casas moi luxosas no campo?
Quen eran os bárbaros?
Que pobos bárbaros foron os máis destrutivos?
Como chegaron os Visigodos á Península Ibérica?
Fin da Sesión 3
Sesión 4
A Alta Idade Media:
Volvemos ver o seguinte vídeo, parándonos no punto 3: 5 Cosas sobre la Edad Media
A Idade Media durou 1.000 anos. En todos eses anos foi progresando moito a humanidade, fixéronse inventos que melloraron moito a vida.
Como é lóxico, non é o mesmo o ano 600 que o 1.400.
Por iso, dividimos a Idade Media en dúas partes:
Ata o ano 1000 : Alta Idade Media.
Do 1000 ao seu final: Baixa Idade Media.
Cara ao final del Imperio Romano a xente fuxiu das cidades, lembras da sesión 3?
A xente da Alta Idade Media vivía no campo, dos produtos agrarios. Non tiñan boas ferramentas nin sabían como ter mellores colleitas, polo que os campesiños traballaban moito e pasaban moita fame.
A economía da maioría da xente era para poder sobrevivir (economía de subsistencia).
Neses tempos había moita violencia, moitas guerras, roubos: a lei do máis forte. Por iso, a xente buscaba quen a protexiera: un señor armado cunha banda de guerreiros ao seu redor. Estes señores construían as súas casas fortificadas: aparecen os castelos medievais.
O castelo do señor, dominaba moitas terras que eran protexidas por el. A isto (castelo e terras) se lle chamaba "feudo".
A estes señores se lles chama señores feudais, porque tiñan feudos.
Ao período onde existían os señores feudais chamámoslle "feudalismo".
Os señores feudais eran os donos de todo o que se producía no seu feudo. Cobraban impostos aos
campesiños. Estes impostos servían para pagar aos seus exércitos. A miudo, os señores feudais tiñan títulos que lles concedían os reis: conde, barón, duque, marqués.
Na Alta Idade Media había reis, pero non mandaban moito nos señores feudais do seu país porque estes tiñan exércitos e podían enfrontarse a eles.
Durante a Alta Idade Media, como os reinos non eran moi fortes, soportaban ataques continuos de piratas, bandas de xente armada, etc. Os máis importantes destes atacantes foron os Vikingos, que chegaron ata as costas de Galicia (chegaban todos os anos) para roubar e matar á poboación. Viñan en barcos dende o norte de Europa (Dinamarca, Noruega e Suecia) e eran guerreiros moi fortes e temidos. Aínda quedan algunhas festas que conmemoran as visitas dos Vikingos (en Catoira, por exemplo).
Preguntas:
1-Ordena de máis antigo a máis moderno:
Señor feudal da Alta Idade Media - Señor romano dunha vila - Rei da Baixa Idade Media - Rei Visigodo
2-Que eran os feudos?
3- Quenes eran os "señores feudais"?
4-Por que se pasaba fame na Alta Idade Media?
5-Quenes eran os vikingos?
Puedes divertirte y conocer a los Vikingos viendo este episodio: Vicky el Vikingo
Fin da sesión 4
Sesión 5
Mira o seguinte vídeo sobre a A Idade Media e fíxate na parte da organización social.
Hoxe imos coñecer unha faceta máis da Idade Media, tamén chamada "Época Medieval".
A Sociedade dos estamentos (estamental ou feudal)
A organización da sociedade era de xeito piramidal: Como nunha pirámide.
No cume da pirámide estaba o rei que, a partir da Baixa Idade Media tiña un poder absoluto. Tamén estaba a súa familia e os seus herdeiros. En Castela, aos fillos dos reis se lles chamaba Infantes e ao herdeiro/a da coroa "Príncipe" ou "Princesa", como agora en España. Na igrexa, estaba o Papa de Roma, que era como un rei.
Inmediatamente debaixo estaban os nobres ou aristócratas: os señores feudais e outros que acompañaban aos reis na corte: condes, duques, marqueses, baróns... Nesa parte da pirámide tamén estaban os grandes cargos da Igrexa; é dícir, o alto clero, xa que a Igrexa era moi importante daquela: bispos, cardenais... (o Papa era coma un rei máis,arriba de todo). Por certo, ás persoas que están ao servizo de calquera relixión (curas, monxas, etc.) se lles chama "o clero" ou clérigos.
Máis abaixo, e separado por unha fronteira que non se podía pasar, estaban campesiños e tamén os artesáns (que fabricaban obxectos) e soldados. Chámabanse vasallos, xa que eran persoas libres, pero en realidade tiñan moi pouca liberdade, porque dependían do seu Señor. Os campesiños cultivaban pequenas parcelas e lle daban parte do que colleitaban aos señores.
Por último, máis abaixo aínda estaban os servos.
Eran coma esclavos e traballaban directamente para o señor. Todo o que colleiraba o criaban era do señor.
A esta forma de clases sociais que era tan inxusta se pertencía de nacemento. Ninguén podía pasar dunha clase a outra e moito menos de campesiño a nobre. Se chama sociedade estamental, e era a propia da Idade Media.
Actividad 1: Entra en Edpuzzle dale a clase abierta. Pon la clave millosa y tu nombre y primera letra del apellido. Verás un pequeño vídeo con unas preguntas.
Fin da sesión 5
Sesión 6
Idade Media en España
No ano 711 pasaron cousas... La Edad Media en España
Reinaba D. Rodrigo, o derradeiro rei visigodo. Os visigodos tiñan moitos problemas entre eles, os familiares de Witiza (o anterior rei), non querían a Rodrigo. Enfrontáronse a el, pero chamaron na súa axuda aos musulmáns (seguidores dunha relixión nova fundada sobre o ano 630 por Mahoma) que invadiran o norte de África. Os musulmáns de África estaban mandados polo temible militar Muza, e viron a posibilidade de levar a súa relixión a España (chamada por eles Al-Andalus).
Máis abaixo, no terceiro *piso*,
temos aos pequenos señores, os monxes e aos cabaleiros (guerreiros ao servizo dun nobre).
No ano 711, o xeneral Tarik ao mando das tropas musulmanas desembarcou e derrotou a Rodrigo na batalla de Guadalete. Pero os musulmáns quedáronse na Península e perseguiron aos cristiáns. Invadiron toda a Península e relegaron aos cristiáns aos territorios montañosos do norte.
Os musulmáns fundaron un Emirato independente (emir significa príncipe). Foi o Emirato de Córdoba. O seu primeiro emir chamouse Abderramán I.
Máis adiante, un dos seus sucesores proclamou a independencia do Califa musulmán de Bagdad (Califa significa rei) e proclamou o Califato de Córdoba. Nomeouse el mesmo como "Califa de Córdoba" tomando o nome de Abderramán III.
Pasaron moitas cousas nesa época, pero pouco a pouco, os cristiáns foron vencendo aos musulmáns nun proceso de guerras chamadas a "Reconquista". A Reconquista durou máis de 700 anos.
A conquista de España polos musulmáns foi moi beneficiosa para os habitantes de Al Andalus. Os musulmáns trouxeron de novo a ciencia dos antigos, que eles si que conservaran.
Un dos guerreiros cristiáns máis coñecidos foi Rodrigo Díaz de Vivar, chamado polos seus enimigos o Cid Campeador.
Tamén trouxeron moitas tecnoloxías novas: construíron monumentos importantísimos en plena Alta Idade Media (Mezquita de Córdoba (784), e tamén na Baixa Idade Media: Xiralda de Sevilla (1184), Alhambra de Granada (1238).
Ademáis os musulmáns trouxeron unha nova tecnoloxía: novas técnicas de cultivo de regadío, produtos novos (espárrago, alcachofa, chufa, laranxa, limón, albaricoque, berenxena, pistacho, espinaca...), inventos novos, ferramentas novas.Utilizaron inventos antigos como esta noria que vedes na imaxen.
Tamén descubriron eles mesmo outras técnicas de condución de auga que aínda seguimos utilizando: as nosas tuberías.
Trouxeron científicos importantes, e desenvolveuse en España a ciencia: astrónomos, médicos, matemáticos, filósofos, etc. sobre todo en Córdoba e Toledo.
Unha época estupenda grazas aos adiantos que nos regalaron os musulmáns.
Por certo, os musulmáns foron moi tolerantes cos cristiáns, e outras relixións (como os xudeus), permitindo que moitos miles deles vivisen nos reinos musulmáns con plena liberdade relixiosa (con igrexas e todo). A estes cidadáns dos reinos musulmáns que eran cristiáns chamámoslles mozárabes.
En 1492 os Reis Católicos (Isabel de Castela e Fernando de Aragón) venceron ao derradeiro reino musulmán da Península: o Reino de Granada, e expulsaron aos musulmáns de España.
Fin da sesión 6
Sesión 7:
A arte na Idade media
A Idade Media sucedeu hai moitos anos. Poucos restos dela chegaron a nós, pero algúns dos seus edificios, esculturas, libros, pinturas e outros obxectos resistiron ao paso dos anos e podemos admiralos agora. A maioría destes edificios e obxectos son artísticos, feitos para seren admirados polas xentes daquela época. Son arte.
Hai varios tipos de arte:
-Arquitectura: os edificios.
-Escultura: as representacións de persoas, animais e obxectos feitos en pedra, lama ou madeira.
-A pintura: Chegáronnos sobre todo as pinturas feitas nos muros das igrexas, e tamén táboas pintadas.
-Os libros medievais e a literatura.
-A música.
-Outros obxectos, como xoias, intrumentos musicais, armas e roupas.
Imos falar sobre todo da arquitectura, porque os edificios son grandes e conteñen todos os demais restos artísticos.
Na Alta Idade Media, a arquitectura na España musulmá (Al-Andalus) estivo moi avanzada, destacando as construcións relixiosas como a Mezquita de Córdoba.
Os musulmáns andalusíes eran moi bos constructores que non esqueceran as ensinanzas dos clásicos. Eran moi superiores en todo aos seus veciños cristiáns.
A arte musulmá máis importante era a arquitectura, xa que por cuestións relixiosas, os musulmáns non podían representar figuras na pintura ou a escultura. As súas decoracións consistían en adornos de cores (mira a imaxen de arriba) ou palabras escritas en árabe; xeneralmente, versos sagrados do Corán.
Baixa Idade Media:
En toda Europa cristiá aparece o Estilo Románico.
Os seus edificios son moi especiais, sobre todo as súas igrexas e catedrais. -Teñen muros anchos, polo que non son edificios moi altos. Teñen poucas ventás e dentro hai pouca luz.
-Teñen arcos de medio punto. Mira o principio deste vídeo (só os dous primeiros arcos): Arcos (fai un punto; cúrtalo pola metade: a metade de arriba parece un arco de medio punto).
O mundo románico era moi especial como verás neste vídeo:
Na Alta Idade Media cristiá de España temos a arte visigoda: moi primitiva, como vedes na imaxen.Tamén son moi importantes os castelos, que serven para defender aos señores feudais dos ataques dos seus inimigos.
Cara os séculos XIII e XIV, aparece unha arte nova chamada Arte Gótica. O seus construtores sabían levantar grandes edificios con
1- Fai un esquema dos tipos de arte na Idade Media. Mándao aos teus pofes.
Estades listos para investigar pola vosa conta sobre esta época tan interesante da historia?
Verémolo: contesta ás preguntas deste Kahoot: Edad Media
Fin de la sesión 7
Sesión 8
Ante de empezar o traballo sobre a Idade Media imos facer unha rutina de pensamento. Chámase así a unha actividade que algúns de vos coñecedes e outros non.
- Dividide unha folla (en horizontal) do voso caderno en tres columnas.
- Na primeira columnas poñemos: Que sei sobre a Idade Media?
- Na segunda: Que quero aprender sobre a Idade Media?
-Na terceira: Que aprendín sobre a Idade Media.
Completamos as dúas primeiras columnas.
A terceira columna non podemos completala ata final de curso pero a deixamos preparada.
Fin da sesión 8
Traballos:
1- A caída do Imperio Romano
2- A Alta Idade Media
3- A sociedade de estamentos.
4- Idade Media en España.
5- Cultura e Ciencia na Idade Media
6- Arquitectura e arte románica.
7- Arquitectura e arte gótica.
8- Reinos e Imperios. As cruzadas.
muros máis lixeiros. As construcións góticas son altísimas, con moitas ventás e cristaleiras decoradas con pinturas de moitas cores. Utilizan o arco apuntado (ojival en castelán, porque é coma a metade dun ollo).