Xeografía: conceptos fundamentais
A Xeografía é a ciencia que estuda e describe a forma da superficie terrestre, así coma as actividades dos seres humanos nela, formando paisaxes diferentes.
Para poder estudiar as formas o relevo debemos aprender como se chaman os accidentes xeográficos mais importantes.
Relevo: forma que ten o terreo cos seus accidentes xeográficos (relieve).Altitude: distancia en vertical dun punto ata o nivel do mar (altitud).
Chaira: superficie chan, sen elevacións (llanura).
Montaña: elevación natural do terreo. Se é de maior altitude chámase monte. De altitude pequena, outeiro (colina). Partes da montaña:
-Cume ou cumio: parte máis alta dunha montaña (cumbre).
-Saia: parte inclinada da montaña (falda).
-Pé: base da montaña (pie).
Val: terreo excavado polo cauce dun río entre montañas (valle).
Veiga: terreo regado por un río e cuberto por el nas crecidas (vega).
Meseta: chaira elevada.
Serra: conxunto de montañas altas que se atopan xuntas. A súa forma vista dende lonxe lembra a forma dentada dunha serra (sierra).
Macizo: conxunto de montañas non aliñadas.
Cordilleras ou sistemas montañosos: grandes extensións de montañas, maior que nas serras (cordilleras).
Depresión: afundimento do terreo que queda por debaixo do nivel do mar. As depresións soen aparecer cando se xuntan vales de varios ríos ao longo de millóns de anos.
Desembocadura: fin do río no que o seu caudal vértese no mar ou noutro río.
Cunca fluvial: conxunto de ríos que van desembocar no mesmo mar (cuenca fluvial).
Caudal: cantidade de auga que leva un río.
Cauce fluvial: camiño que segue o río. Anchura, forma e profundidade do camiño nun punto.
Leito fluvial: terreo polo que pasa o río (lecho fluvial).
Curso fluvial: camiño que percorre o río dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Distínguense os cursos alto, medio e baixo.
Afluente: río que desauga noutro.
Lago ou lagoa: depósito de auga natural máis ou menos grande ( lago, laguna).
Encoro: depósito artificial de auga producido por unha presa (pantano).
Sima: buraco vertical grande e profundo no chan.
Cova, gruta: buraco máis ou menos profundo nun terreo.
Precipicio: cantil ou ladeira cunha gran caída vertical.
Na costa:
Costa: fronteira entre a terra e o mar.Praia: formación areosa cha, formada pola erosión nas rochas por parte das ondas (playa).
Cala: praia pequena rodeada de rochas.
Cabo: punta da costa que se mete no mar.
Golfo: entrada no mar na costa, entre dous cabos.
Badía ou baía: golfo pequeno (bahía)
Illa: anaco de territorio rodeado de auga por todas partes (do latín ínsula) (isla).
Península (de pen- e ínsula: case ínsula): Territorio rodeado de auga por todas as súas partes menos por unha.
Arquipélago: conxunto de illas xuntas (archipiélago).
Cantil: forma abrupta e rochosa da costa (acantilado).
Istmo: franxa de terra alongada e estreita que une a península ao continente.
Desembocaduras de ríos:
Esteiro: no Atlántico ou mares con moita marea, desembocadura con mordida do mar en forma de C (estuario).
Ría: val dun río inundado polo mar. Dase en mares con moita marea e costas antigas, como Galicia.
Delta: no Mediterráneo ou mares con poca forza nas mareas, depósitos de materiais que taponan a desembocadura dun río formando unha D.
Galicia é a nosa Comunidade e temos que coñecela ben. Está situada...
ao norte e ao oeste da Península Ibérica a 42º 45' N e 7º 53' O. É a terra máis occidental de Europa, chamada polos romanos Finis Terrae: o fin da Terra. Nela hai terras montañosas
e chairas, vales e depresións, costa e interior. A súa xeografía é moi variada.
Vivimos en Galicia preto de 3 millóns de habitantes nos seus 30.000 Km2
Míraa aquí, menos natural, coas lendas que
lle poñemos ao mapa físico:
Galicia non ten divisións internas naturais, pero nós,
artificialmente, dividímola en catro provincias:
A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Tamén temos dous mares:
O Océano Atlántico e o Mar Cantábrico.
O primeiro que imos facer é mirala:
É bonita, verdade? Que é o primeiro que salientarías dela?
As Rías
Chámase ría a un val dun río, inundado polo mar na súa desembocadura. A costa galega é recortada
e moitos dos seus vales costeiros están inundados formando rías. Nas rías, a auga salgada do mar
mestúrase coa dóce dos ríos. Estas augas salobres e calmadas permiten a vida de moitas especies de moluscos, peixes, crustáceos...
O clima de Galicia
Debido a nosa latitude 45º Norte, o noso clima é temperado. Estamos na zona temperada da Terra. Pero, como sabes, hai outros factores climáticos (o relevo, a proximidade ao mar, a altitude, os ventos predominantes). Todos estes factores fan que o clima de Galicia sexa particular.
O clima oceánico ou atlántico: chámase así ao clima característico do norte da península, nas zonas atlántica e cantábrica. Atópase na comunidade autónoma de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e norte de Aragón e de Castela e León.
Debido á proximidade do mar, non existen grandes diferenzas de temperatura ao longo do ano. Os veráns son frescos, comparados cos veráns mediterráneos de mais ao sur. Aquí todo o mundo quéixase de que non se pode ir moito á praia, verdade? Os invernos son temperados porque non vai moito frío neles, aínda que son chuviosos, xa que as precipitacións son abundantes, e as veces acompañadas por fortes ventos, nos chamados "temporales". En realidade, o noso clima ten temperaturas suaves e precipitacións copiosas, con rexistros de máis de 1.000 l/m2. Ademais, as chuvias son regulares porque chove ao longo de todo o ano.
O clima oceánico é moi bo para a vexetación (temperaturas suaves e chuvias abundantes). Por iso, Galicia caracterízase polas paisaxes verdes. A vexetación é abundante debido ao elevado número de precipitacións.
Imaxe da vida
no fondo
dunha ría galega
Este é o mapa das rías de Galicia. As rías divídense en altas, medias e baixas, aínda que algúns textos só falan das Rías Altas e Baixas: as Rías Altas serían para estes autores a suma de as Rías Medias e as Rías Altas.
No mapa, dende o Cabo Finisterra cara o norte están as Rias Medias. As Rías Altas serían a Ría de Ortigueira e as rías de Lugo).
Mapa político de Galicia
Lembra a diferencia que hai entre a "provincia" e a "cidade capital". A provincia de A Coruña ten moitas localidades (Cee, Malpica, Santa Comba, Vimianzo...). Unha dela chámase tamén A Coruña: é a súa capital.
Fíxate: A capital de A Coruña chámase tamén A Coruña, pero a capital de Galicia é Santiago de Compostela, que tamén pertence á provincia de A Coruña.
Galicia en España
Galicia é unha das 17 comunidades autónomas da nosa nación (temos 17 Comunidades Autónomas e 2 Cidades Autónomas). Ë considerada unha comunidade histórica, xa que ten un idioma propio e unha cultura diferente ás outras do Estado.
Xeograficamente, está bañada ao oeste polo océano Atlántico e ao norte polo mar Cantábrico. Limita ao sur con Portugal e ao leste con Asturias e Castela e León (provincias de Zamora e de León).