O ser humano e o Medio Ambiente
Nesta unidade imos reflexionar sobre a nosa relación co Medio Ambiente, é dicir coa paisaxe e o resto de seres vivos da natureza.
Os seres humanos transformamos a natureza para sobrevivir nela. Non somos os únicos animais que o facemos: os castores, as formigas, as termitas e outros animais transforman tamén o seo contorno para sobreviviren nel.
Aínda así, debemos facer por que a nosa relación coa natureza non sexa meramente de explotación da mesma. Non todas as culturas humanas coinciden con nós na idea de que a natureza é nosa e podemos explotala como queiramos. As culturas ancestrais, por exemplo, respectaban moitísimo tanto aos seres vivos que lles rodeaban e que lles permitían alimentarse, como ao paisaxe: ríos, bosques, praderías, etc. Observa o seguinte exemplo:
Esta es la carta que envió en 1855 el jefe indio Seattle de la tribu Suwamish al presidente de los Estados Unidos, Franklin Pierce, en respuesta a la oferta de compra de las tierras de los Suwamish en el noroeste de los Estados Unidos, actual Estado de Washinton. Los indios americanos estaban muy unidos a su tierra no conociendo la idea de propiedad, es más, consideraban a la tierra dueña de los hombres. La carta, conmovedora y lúcida, dice así:
O Gran Xefe de Washington manda dicir que desexa mercar as nosas terras. O Gran Xefe tamén envíanos palabras de amizade e boa voluntade. Apreciamos esta xentileza porque sabemos que pouca falta lle fai, en cambio, a nosa amizade. Imos considerar a súa oferta, pois sabemos que, de non facelo, o home branco poderá vir coas súas armas e invadir as nosas terras. O Gran Xefe de Washington poderá confiar no que di o Xefe Seattle coa mesma certeza coa que os nosos irmáns brancos poden confiar na volta das estacións. As miñas palabras son inmutables coma as estrelas.Como podedes mercar ou vender o ceo, a calor da terra? Esta idea parécenos estraña. Non somos donos da frescura do ar nin del brillo da auga. Como poderiades mercalos a nós? Decímolo oportunamente. Debedes saber que cada partícula desta terra é sagrada para o meu pobo. Cada folla resplandecente, cada praia areosa, cada néboa no escuro bosque, cada claro e cada insecto co seu zumbido son sagrados na memoria e a experiencia do meu pobo. O zume que circula nas árbores leva as memorias do home de pel vermella.¿Los muertos del hombre blanco se olvidan de su tierra natal cuando se van a caminar por entre las estrellas? Nuestros muertos jamás olvidan esta hermosa tierra porque ella es la madre del hombre de piel roja. Somos parte de la tierra y ella es parte de nosotros. Las fragantes flores son nuestras hermanas; el venado, el caballo, el águila majestuosa son nuestros hermanos. Las praderas, el calor corporal del potrillo y el hombre, todos pertenecen a la misma familia. “Por eso, cuando el Gran Jefe de Washington manda decir que desea comprar nuestras tierras, es mucho lo que pide. El Gran Jefe manda decir que nos reservará un lugar para que podamos vivir cómodamente entre nosotros. El será nuestro padre y nosotros seremos sus hijos. Por eso consideraremos su oferta de comprar nuestras tierras. Mas, ello no será fácil porque estas tierras son sagradas para nosotros. El agua centelleante que corre por los ríos y esteros no es meramente agua sino la sangre de nuestros antepasados. Si os vendemos estas tierras, tendréis que recordar que ellas son sagradas y deberéis enseñar a vuestros hijos que lo son y que cada reflejo fantasmal en las aguas claras de los lagos habla de acontecimientos y recuerdos de la vida de mi pueblo. El murmullo del agua es la voz del padre de mi padre.
Los ríos son nuestros hermanos, ellos calman nuestra sed. Los ríos llevan nuestras canoas y alimentan a nuestros hijos. Si os vendemos nuestras tierras, deberéis recordar y enseñar a vuestros hijos que los ríos son nuestros hermanos y hermanos de vosotros; deberéis en adelante dar a los ríos el trato bondadoso que daréis a cualquier hermano.
Vosotros debéis enseñar a vuestros hijos que el suelo bajo sus pies es la ceniza de sus abuelos. Para que respeten la tierra, debéis decir a vuestros hijos que la tierra está plena de vida de nuestros antepasados. Debéis enseñar a vuestros hijos lo que nosotros hemos enseñados a los nuestros: que la tierra es nuestra madre.
Esto lo sabemos: la tierra no pertenece al hombre, sino que el hombre pertenece a la tierra.
1- Lee detenidamente esta carta y escribe en tu ficha el fragmento que más te ha gustado y por qué.
Intervención humana do Medio Ambiente
O ser humano habita na Terra convivindo co resto das especies animais e vexetais, pero polo noso grao de intelixencia, conseguimos interferir nos procesos naturais, ocupar a maior parte dos hábitats do planeta e modificar os seus diferentes ecosistemas segundo as nosas necesidades.
Pensa, por exemplo, nos campos de cultivo de Castela e León, no encoro de Cecebre ou, incluso nas Médulas do Bierzo. Todos son exemplos de como os seres humanos transformamos o noso contorno.
Facemos isto ao explotarmos os recursos naturais para cobrir as nosas necesidades de obxectos, vivenda ou enerxía. Estes recursos poden ser de varios tipos: minerais, madeira, auga, alimentos, enerxía ou incluso o espazo. No apartado seguinte verémolos con maior detalle.Case sempre, esta explotación xera en maior ou menor medida un impacto no medio natural, que en moitos casos é moi negativo e produce diversos problemas, como a contaminación.As actividades humanas sempre ocasionaron cambios no medio ambiente, pero o seu impacto foi limitado ata hai relativamente pouco tempo. Desde o século XVIII, co incremento da poboación mundial e a Revolución Industrial, este impacto medrou moi rapidamente, e na actualidade estamos alterando o planeta máis que nunca.
2-Escribe na túa ficha de que formas cres ti que está afectando a conducta humana no medio ambiente.
3- De que formas podes ti colaborar co mantemento do Medio Ambiente?
Sesión 2
Que son os recursos naturais?
Chamámoslles recursos naturais aos elementos que se dan de xeito natural no medio e que o ser humano pode empregar para o seu beneficio. En xeral, separamos estes recursos en renovables ou non renovables, sendo os primeiros os que non se esgotan ou teñen a capacidade de rexenerarse a unha velocidade que permita o seu emprego constante.
Tipos de recursos naturais
Existe unha gran variedade de recursos que se poden clasificar de diversas maneiras.
Segundo o seu uso, poden ser:
Materias primas: son aquelas que se sacan da natureza para o seu aproveitamento. Con elas se elaboran produtos que logo chegan á poboación. Por exemplo, a madeira, os minerais ou os produtos agrícolas.
Fontes de enerxía: poden ser empregadas para obter enerxía para os transportes, a industria ou os fogares. Por exemplo, o petróleo, a luz do Sol, o vento ou o carbón.
Segundo a súa dispoñibilidade, os recursos naturais poden clasificarse en dous tipos: recursos renovables ou non renovables.
-Os recursos non renovables caracterízanse por non poder ser rexenerados ou reutilizados ou reproducidos. Isto os converte tamén en limitados. Por exemplo, na terra hai unha cantidade limitada de petróleo, e non se pode rexenerar. Iso quere dicir que as reservas se van reducindo paseniño e chegará un día en que se esgote, se continúa a súa extracción.
-Os recursos renovables caracterízanse por ser reutilizables e reciclables pero, nalgún caso, o seu consumo é demasiado alto e o seu nivel de reciclaxe é baixo. Por exemplo, podemos rexenerar un bosque de árbores talado, plantando outra vez as árbores que se curtaron. Por iso dicimos que a madeira é un recurso renovable. Agora ben, hai que evitar unha explotación excesiva, xa que podería chegar a desaparecer algunha especie se non se fai de maneira controlada.
1. Escribe a diferencia entre recursos renovables e non renovables.
2. Por que non debemos abusar das fontes de enerxía non renovable?
3.Fai un listaxe de materias primas dos obxectos que atopes na casa.
Fai o mesmo cos obxectos que atopes no colexio.
4. Tipos de recursos. Pon un exemplo de cada un deles.
Sesión 3
As materias primas e a produción
As materias primas son a base de todo o que temos ou consumimos, tal como se sacan da natureza e antes de seren procesadas.
As materias primas divídense con frecuencia nas seguintes categorías:
-Orixe animal, como a carne, a pel, a seda ou as graxas animais.
-Orixe vexetal, como a madeira, o algodón, o liño, as froitas, as verduras ou os cereais.
-Orixe mineral, como o petróleo, o carbón, o granito, o ferro, o aluminio ou o ouro (en casos como o petróleo ou o carbón, aínda que derivasen dos fósiles de vexetais, considéranse materias primas de orixe mineral).
1. Colle a lista que fixeches no exercicio 3 da sesión 2 e clasifica cada unha das materias pola súa orixe.
2. Do papel fabrícanse os xornais e revistas. O papel é unha materia prima? De que tipo?
3. Por que unha froita está clasificada como materia prima?
4. Por que o petróleo é unha materia prima mineral?
Sesión 4
A contaminación e o desenvolvemento sostible
Que é a contaminación?
As consecuencias da intervención humana no medio son grandes e fan que este se degrade cos desperdicios e materiais de refugallo dos nosos procesos de produción o da nosa vida diaria. Cando ocorre isto falamos de contaminación.
Tipos de contaminación
Podemos clasificar a contaminación de diferentes formas, pero unha das máis habituais é ter en conta o medio ao que afecta:
Contaminación do aire ou contaminación atmosférica: é a alteración da composición normal do aire pola liberación de substancias químicas e outras partículas. A destrución dos bosques tamén incrementa a contaminación do aire, pois estes axudan a que sexa máis limpo, reducindo o dióxido de carbono. O aire contaminado pode ter efectos moi negativos sobre os seres vivos e mesmo ocasionar cambios no clima.Contaminación da auga: a auga é un elemento chave para a vida no planeta Terra, polo que a súa contaminación altera as condicións en que viven os diferentes animais e vexetais que dependen dela para a súa subsistencia. Os océanos reciben a maior parte dos desperdicios humanos, xa sexa polo vertido directo ou polo arrastre desde a superficie terrestre (a través dos ríos ou das augas subterráneas).
Contaminación do solo: non só o aire e a auga se contaminan. A composición do solo tamén se ve moi alterada polos derramamentos químicos e outras filtracións. Isto pode ter un efecto directo en moitos animais e sobre todo nas plantas, que na súa grande maioría obteñen nutrientes baixo terra. Ademais, boa parte da contaminación do solo acaba afectando á auga que se filtra a través del. A acumulación de lixo sobre o solo tamén é unha forma de contaminalo.
Sesión 5
As orixes da contaminación
Axentes contaminantes
As orixes da contaminación poden ser moi diversas. O principal motivo son os residuos das actividades humanas. Vexamos algúns dos tipos máis comúns, segundo o lugar en que os ditos residuos se producen.
Residuos urbanos: os seres humanos xeramos refugallos alá onde vivimos, e nas grandes cidades a magnitude destes residuos é enorme. Parte deles son orgánicos, que non son os peores, porque son biodegradables. Outros, levan axentes químicos, certos metais ou compoñentes que non se degradan, polo que o perigo para a natureza é maior. Ademais dos residuos que van á auga ou a vertedoiros, están os que van ao aire: aerosois ou gases dos automóbiles.
Residuos industriais: nas industrias a miúdo teñen lugar procesos químicos altamente contaminantes. Ás veces, os residuos xerados inclúen metais pesados, gases moi tóxicos ou lixo radioactivo.
Residuos agrícolas: a agricultura tradicional é un proceso natural que apenas contamina o medio ambiente. Así e todo, nas últimas décadas o emprego de fertilizantes químicos, pesticidas e herbicidas está a ter un impacto considerable no medio.
1. Investiga os principais efectos que producen os residuos na nosa cidade. No nosa historia recente, houbo algún acontecemento que sinalar?
O crecemento da poboación mundial e as súas necesidades
Desde o século XVIII, no que os métodos de produción de alimentos e a sanidade experimentaron un gran desenvolvemento, a poboación mundial comezou a acelerar o seu crecemento a unha velocidade cada vez maior. Despois xurdíu a Revolución Industrial: as novas industrias substituíron aos artesáns.
Como consecuencia, a acción humana está alterando moito o planeta, pois á Terra lle é máis complicado rexenerarse. Ademais, desde a Revolución Industrial a contaminación é cada vez maior.
2. Investiga que é unha pirámide de poboación. Cales son os tipos de pirámide poboacional que hai? Debúxaas e explícaas no teu caderno.
3. Investiga o que é densidade de poboación. Explícao no teu caderno.
Sesión 6
Sabías que...?
Hai 100.000 anos estímase que a poboación humana era de non máis de 10.000 individuos, pode que moitos menos. Todos eles vivían nun pequeno territorio, no chamado Corno de África: Etiopía, Somalia e Kenia. De aí, saíron os nosos ancestros Homo sapiens, e foron emigrando cara todas as direccións. Esta é o motivo polo que os seres humanos somos tan semellantes: estamos emparentados con eses 10.000 humanos orixinarios.
Calcúlase que en 1800 a poboación mundial aínda non chegaba a mil millóns. No 1930 xa se superaran os dous mil millóns, e hoxe en día viven na Terra máis de sete mil millóns de persoas.
Se continúan as actuais tendencias de crecemento da poboación, a humanidade roldaría os once mil millóns para o 2100. Somos a especie con máis éxito evolutivo de todas as coñecidas: co noso cerebro dominamos o medio e o transformamos. En consecuencia, o mundo non é o mesmo que entonces.
Os seres humanos actuamos de xeitos moi diferentes. Mentres uns causamos importantes problemas ambientais (sobreexplotación, contaminación, destrución...), outros tentamos solventalos identificando o problema e propoñendo solucións.
Desenvolvemento sostible significa un desenvolvemento que sexa respectuoso co medio ambiente, xerando poucos residuos e a mínima contaminación.
Un desenvolvemento non sostible
O continuo crecemento da poboación e da súa produción non se pode soster para sempre. O noso planeta ten un límite e, se seguimos a explotalo ao ritmo actual, chegará un momento en que deixe de ser habitable.
Nalgunhas partes de China o aire está tan contaminado que a visibilidade é moi reducida, e case non se pode nin ver o Sol. Ademais, a xente emprega máscaras para limitar os efectos nocivos da contaminación no sistema respiratorio. Nós mesmo temos graves problemas nas grandes cidades como Madrid ou Barcelona: en ocasións, cando non chove, os niveis de contaminación son moi altos e provocan dificultades respiratorias aos cidadáns.
Polo océano Pacífico "navega" unha enorme acumulación de plásticos que non deixa de aumentar. Esa "mancha", tamén coñecida como "illa de lixo", está tendo un efecto devastador nas especies animais da zona, e a poboación humana das zonas próximas está vendo alterado o seu modo de vida pola diminución da pesca, que era a súa principal fonte de alimento.
Sesión 7
Que é un cambio climático?
Un cambio climático é unha variación do clima respecto ao que era habitual no pasado. O cambio pode ser global (de todo o Mundo) ou local (dun lugar).
Global: sabemos que a media das temperaturas no noso planeta medrou nos últimos anos. Tamén sabemos que as temperaturas son máis extremas: máis frío no inverno e máis calor no verán.
Local: a sequía en Galicia é un fenómeno novo e descoñecido ata agora, por exemplo.
O noso planeta rexistrou moitos cambios globais do clima ao longo da súa historia, como por exemplo as glaciacións, que supuxeron un descenso da temperatura en toda a Terra. Podemos dicir que, además dos cambios naturais, as actividades dos seres humanos están producindo un incremento (unha subida) da temperatura e que se coñece como "quecemento global" (quentamento global).
A diferenza deste cambio con outros anteriores é que, mentres o normal é que pasen séculos ou incluso milenios para que un cambio climático teña lugar, o actual pódese percibir de forma moi clara só coa medición das últimas décadas, polo que falamos dun cambio moi rápido.
A maior parte dos científicos coincide en sinalar que estas alteracións na temperatura do planeta non son naturais, senón que derivan de certas consecuencias da actividade humana e da contaminación, por iso son tan aceleradas. Entre as principais causas estarían as emisións de dióxido de carbono á atmosfera (sobre todo polo uso de combustibles fósiles como o petróleo), o uso de gases propelentes como o CFC -que ataca a capa de ozono- nos aerosoles e frigoríficos, ou a deforestación (as árbores axudan a controlar a cantidade de dióxido de carbono no aire).
Entre as consecuencias máis evidentes do cambio climático estarían:
O derretemento dos polos e o consecuente aumento do nivel do mar, aproximadamente 2 cm cada 10 anos.
A desaparición de moitas cidades costeiras do planeta.
O incremento de cáncer na pel, debido á maior cantidade de raios ultravioleta que chegan á superficie da Terra.
O cambio nas datas de inicio, fin das estacións; o que supón cambios nas especies vexetais e animais.
1. Investiga cales foron as accións dos políticos internacionais e da ONU para o combatir o cambio climático.
2. Busca Greta Thunberg. Cal é a mensaxe principal que nos quere dar?
Sesión 8
Facemos a enquisa que está no anexo. Comentámola e damos a nosa valoración.