Benvidos, rapaces!
Nesta páxina podedes atopar os materiais necesarios para a Unidade 1 de Ciencias Sociais. Tamén tedes ligazóns importantes. Estas páxinas son da nosa propiedade e podedes imprimilas sen problemas para despois estudialas. Non esquezas ver as presentacións sobre o método de estudo que empregaremos este ano.
1- Describe cada un dos planetas do Sistema Solar, comezando polo planeta máis achegado ao Sol.
2- Que é unha estrela? Investiga de que materiais está feita. Busca o nome de dez estrelas observadas polo ser humano.
A información dos recadriños é pequena, velaquí en grande, con máis información en marrón:
Os planetas interiores
Mercurio:E É o planeta máis pequeno e achegado ao Sol. Difícil de observar. A súa temperatura é altísima polo día (450 graos) e baixísima pola noite (-145 graos). O seu ano dura 88 días: nese tempo dá unha volta ao redor do Sol. Xira sobre o seu eixo lentamente: o seu día dura 58,6 días terrestres.
A sonda Mariner 10 chegou a este planeta en 1974, e fotografou unha paisaxe moi semellante á da Lúa. O seu tamaño tamén é moi semellante, só é un pouquiño máis grande que ela.
Venus: Ten un tamaño similar ao da Terra. A súas temperaturas son moi altas porque ten unha atmosfera que atrapa a calor. Non ten satélites. Pódese ver moi brilante nos ceos da Terra pola mañán e pola noite.
Ata hai moi pouco tempo non se puido ver a súa superficie, porque ten unhas nubes moi espesas. A súa temperatura chega aos 460 graos (como un forno ben forte). Rota moi despacio polo que un día é máis longo que un ano en Venus.
Terra: Ten unha atmósfera de nitróxeno e osíxeno. A súa superficie está cuberta por auga líquida nas súas tres cuartas partes. Ten un satélite: a Lúa. Alberga a vida.
Marte: Planeta con atmósfera de CO2. Ten dous satélites: Fobos e Deimos. No pasado houbo auga líquida nel, e posiblemente, algún tipo de vida moi rudimentaria.
O monte máis alto coñecido de todos os planetas estáen Marte: chámase Monte Olimpo e ten 25 km de alto.
A atmosfera de Marte é moi pouco densa (hai pouco gas) , así que na peor tormenta que se produxese en Marte nin sequera nos despeiteariamos.
Moitas misións da NASA tiveron como obxectivo estudar Marte. Primeiro foron as misións Viking (1976), despois Pathfinder (1997), Odyseey (2001), etc. Agora hai tamén misións europeas, rusas e chinesas. O seguinte paso queren que sexa establecer unha base habitada en Marte.
Os planetas exteriores
Xúpiter: Ë un planeta xigante formado por gases. 1317 veces mais grande ca Tierra. Ao seu redor hai un
cinturón de asteroides. A súa temperatura media é de -120 graos.
Saturno: Planeta gasoso con satélites do tamaño da Terra. Algúns deles estouparon e deixáronnos o seu fermoso sistema de aneis.
Urano: Frío planeta de cor azul. Ten aneis e 15 satélites.
Neptuno: De cor azul mariño, é o máis afastado e ten unha órbita alargada que o afasta moito máis. Ten actividade volcánica, polo que vai mais calor nel que a que recibe do Sol.
3- Escribe as características comúns dos planetas interiores do Sistema Solar. Que diferencias hai cos planetas exteriores.
4-Elabora un esquema coa información anterior?
5-Que pode significar que Xúpiter sexa un planeta gasoso?
Algunhas curiosidades
Os nomes que teñen os planetas foron os que os antigos romanos lles deron aos seus deuses. Algúns coinciden nalgúns aspectos con eles.
Mercurio, era o mensaxeiro dos deuses, e non moi importante, así que é o pequeno planeta máis preto do Sol (o xefe).
Venus é un planeta moi visible e atractivo: chámase luceiro da alba ou luceiro da tarde. Din que ten influencia sobre os enamorados, por iso chámase como a deusa do amor. Que pena que non teña satélites; se tivese un, estou seguro de que se chamaría "Cupido".
Xúpiter era o máis poderoso dos deuses, polo tanto puxéronlle o seu nome ao máis grande planeta do Sistema Solar. O seus satélites teñen os nomes dos seus criados e das súas amantes.
Saturno é moi grande e misterioso. Leva o nome do pai dos deuses e deus do tempo: Saturno.
Urano é azul pálido. O deus Urano é o deus do ceo.
Neptuno é dun azul máis parecido ao mar, do que é deus o seu homónimo.
Outros deuses: Apolo é a personificación do Sol para os gregos e romanos. Diana, a súa irmá, é a divinidade da Lúa (e deusa dos partos e da caza).
Sistemas planetarios: O Sistema Solar
Un sistema planetario está formado por unha estrela en torno a que xiran varios astros. A Terra encóntrase situada no sistema solar, que está formado por un conxunto de astros (oito planetas, os satélites, os planetas ananos, os cometas e os asteroides) e por unha gran estrela: o Sol.
O noso sistema solar forma parte dunha galaxia con forma espiral que se denomina Vía Láctea.
Os oito planetas que xiran arredor do Sol son: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. Á súa vez, arredor dos planetas hai satélites, o noso planeta Terra ten un: a Lúa.
Os planetas realizan dous movementos, un de rotación, sobre si mesmos, e outro de translación, arredor do Sol. O percorrido que fai cada planeta no movemento de translación denomínase órbita.
Os planetas ananos son os que están localizados máis alá da órbita de Neptuno. Plutón é o máis coñecido, xa que ata hai pouco tempo se consideraba un planeta. Outros planetas ananos son Ceres, Eris ou Haumea.
Entre as órbitas de Marte e Xúpiter hai un cinto de asteroides que rodea ao Sol. Un asteroide es un cuerpo celeste rocoso, más pequeño que un planeta y mayor que un meteoroide.
A nosa estrela: O Sol
Información dos recadros (e máis en marrón)
O Sol é a nosa estrela. Componse de gases, sobre todo hidróxeno e helio. O seu diámetro é 110 veces o da Terra ou 10 veces o de Xúpiter. Contén o 99,8 % da masa do Sistema Solar. Aínda que pareza que está en calma o Sol é unha esfera composta sobre todo por hidróxeno en ebulición.
A súa temperatura interior é de 15 millóns de graos centígrados, pero cando o material vai ascendendo, como o Sol é xigantesco, vaise enfriando ata acadar os 5.800 graos C. A súa fonte de enerxía principal son moitas reaccións nucleares no seu núcleo.
Capas do Sol
-Núcleo: A súa parte interna. É a parte máis quente, que xera toda a súa enerxía.
-Zona radiactiva: Recolle a enerxía do núcleo e a pasa á seguinte zona.
-Zona convectiva: Nesta zona fórmanse turbulencias.
-Fotosfera: A parte do Sol que vemos. É unha capa moi estreita que ocupa a súa superficie. Aquí a temperatura do material é de 5.800 graos.
-Cromosfera: Capa fría e invisible que cubre a fotosfera.
-Coroa Solar. É a atmosfera exterior do Sol. Aínda que o material enfriouse, a temperatura acumulada pode chegar aos dous millóns de graos en algunhas partes.
-As protuberancias solares son grandes chorros de gases que alcanzan millóns de kilómetros.
-As manchas solares son rexións onde os gases están máis fríos.
Formación dos planetas no Sistema Solar
Os planetas formáronse pola acumulación de materiais e po estelar gracias á forza da gravidade. Os materiais mais pesados, coma o ferro, van afundíndose e terminan formando o núcleo.
No caso da Terra, despois de formarse, o noso planeta colisionou con outro. Xurdiu así o noso satélite: a Lúa.
Exercicios
6- Que diferencia cres que existe entre un planeta anano e un asteroide?
7-Escribe o nome dos planetas ananos do Sistema Solar.
8- Que é un sistema planetario? Como se chama o noso sistema planetario?
9- Escribe o nome dos movementos que efectúan os planetas do Sistema Solar.
10- Como se chaman as partes máis importantes do Sol?
1-Investiga que significa "exoplaneta". Escribe sobre os últimos desubrimentos de exoplanetas.
2-Escribe o nome dos mellores telescopios que existen e as súas características.
3- Observaches que non todos os telescopios son iguais? Investiga e escribe no teu caderno os tipos de telescopio que atopaches.
4- Que cres que significa a expresión “un cinto de asteroides”?
1. Fai un traballo sobre Galileo Galilei, o científico que perfeccionou o telescopio e fixo as primeras observacións con el.
Se consideramos a Terra como unha gran bola e imaxinamos que podemos curtala como unha sandía, podemos atoparnos con diferentes partes dentro dela. Como todas elas terían forma de esfera cubrindo a seguinte, os descubridores desto chamáronas "esferas" (por eso os seus nomes remantan en -sfera)
A Terra divídese en diferentes partes, de fóra ao interior:
A atmosfera é a capa de aire que envolve á Terra. Está composta por diferentes gases e ten un espesor duns 1.000 quilómetros.
A hidrosfera é a capa de auga que cobre as dúas terceiras partes da superficie terrestre, é dicir, o conxunto das súas augas (oceános, mares, ríos, lagos e augas subterráneas).
A xeosfera é a parte rochosa do planeta. Ten forma de esfera e o seu radio é de 6.371 quilómetros. Consta de tres capas:
A codia é a capa externa e fina. Está formada por materia sólida e o seu espesor pode variar.
O manto é a capa intermedia da xeosfera. Está formado por materiais sólidos e fluídos. Ten uns 2.900 quilómetros de espesor.
O núcleo é a capa interna da Terra. A súa temperatura é moi elevada. Está formado por ferro e outros materiais. Ten dúas partes: o núcleo externo, que se atopa en estado líquido; e o núcleo interno, en estado sólido.
Os biólogos consideran ademais outra capa, a biosfera, que é a capa na que vive o conxunto de seres vivos que habitan no noso planeta.
Exercicios
11-As capas ou “esferas” da Terra poden ser de gases, aua e rochas. Escribe o nome de cada unha delas.
12- Capas da Xeosfera.
2- Fai unha maqueta con plastlina ou porexpán na que se aprecien todas as capas da Xeosfera.
Reflexionamos sobre o noso planeta e a nosa responsabilidade cara a el: Un punto azul
5. Investiga a relación ente a Lúa e as mareas. Cando se producen as chamadas “mareas vivas”?
6. Que significa equinoccio de outono?
Para estudar ben hai que facelo con método.
Mira esta presentación: ¿Cómo se estudia? Tamén se atopa en forma de esquema en 5º Estudiamos