Raíz
É a parte que está baixo terra. As súas funcións son:
Ancorar a planta ao solo. Unha planta sen moitas raíces pode caer co vento con facilidade. De feito, isto pasa moito en xardíns onde hai pouco espacio para as raíces.
Obter auga e sales minerais (zume bruto).
É a parte que permite que a planta se sosteña de pé. Oriéntase cara á luz e medra ata obter luz abonda para a planta.
Divídense en talos herbáceos (flexibles e xeralmente de cor verde) e talos leñosos (duros e de cor marrón) que son os das árbores e arbustos)
O talo serve tamén para o transporte...
Do zume bruto (auga e sales minerais) das raíces ás follas.
Do zume elaborado (alimento) das follas a todo o resto da planta.
Pode ter múltiples cores e grosores e ser visible ou estar baixo terra. Un tronco é un talo, pero tamén o son os bulbos ou os tubérculos.
Son os tubos que percorren o interior da planta polas follas, talo e raíces. Hai dous tipos de condutos:
Vasos leñosos: que conectan as raíces coas follas transportando o zume bruto.
Vasos liberianos: que unen as follas coas outras partes da planta transportando o zume elaborado.
Son os órganos encargados de facer a fotosíntese, que é o proceso polo que captan dióxido de carbono do aire e o xuntan co zume bruto (auga e sales minerais) e coa enerxía da luz do Sol. Deste xeito, transfórmano no alimento para a planta (zume elaborado) e liberan osíxeno ao aire.
A parte superior da folla chámase face e a inferior envés. É nesta última onde se atopan os estomas, uns poros que permiten que se produza o intercambio de gases entre a planta e o aire.
1. Debuxa unha planta superior sinalando as súas partes.
2. Contesta no teu caderno: Cales son as principais funcións das raíces dunha planta?
3. Que tipo de talo terá... o trigo, a maceira, o millo, o fiúncho, o carballo, a pereira, a roseira e o fento. Clasifícaos.
4. As follas son as comidas de moitos animais. As plantas desenvolven algunhas estratexias para non perderen as súas follas. Investiga e explica algunhas delas.
5. Teñen algo en común os vasos leñosos e os talos leñosos?
Grandes científicos: Carlos Linneo
Carlos Linneo foi o científico sueco que creou a taxonomía (a forma de clasificar aos seres vivos) e os nomes científicos dos seres vivos.Linneo era un apaixonado das plantas, así que as empezou a estudar e a clasificar. Foi o primeiro en separar as plantas sen flores e plantas con flores.
Debido á cantidade de plantas a estudar, tivo que idear un sistema de clasificación e unha forma de chamalas, usando dous nomes en latín, un para o xénero e outro para a especie. Este sistema para denominar aos seres vivos empezouse a estender e usar de maneira habitual.
A forma de clasificar as plantas non gustou nun principio, pero aos poucos foi adaptándose ao resto dos seres vivos e acabou por se usar en todos os organismos.
As claves dicotómicas
Se non sabes de como se chama unha planta, existe un sistema para identificala. Chámase clave dicotómica: mediante preguntas acerca das súas características que ofrecen dúas posibles solucións (dicotómoca significa eso: unha ou outra). Vas elexindo segundo as características da planta observada, ata a identificación da especie.
Talo: herbáceo ou leñoso? Madeira: dura ou branda? Tronco: recto ou inclinado Follas: simples ou compostas
No caso das plantas, as preguntas adoitan referirse ás súas partes visibles: os talos, as follas e as flores.
As plantas son diferentes entre elas
Algunhas plantas, ademais de raíz, talo e follas, tamén teñen froitos, sementes e flores. Isto fai que poidamos clasificalas en dous grandes grupos: plantas con flores e plantas sen flores.
Anxiospermas: laranxeira ;
ximnospermas: piñeiro (2);
fento
carriza
Son as máis modernas e evolucionadas. As papoulas, as margaridas ou o xasmín son plantas con flor, pero os castiñeiros ou os piñeiros, que son árbores, tamén teñen flores. Todos eles reprodúcense mediante as sementes. Segundo onde se atope a semente, clasificamos as plantas en dous tipos:
Anxiospermas: son as plantas que teñen froito e as sementes están dentro del. Exemplos: magnolia, roseira, aciñeira, olmo, carballo, xirasol, nogueira…
Ximnospermas: estas plantas non teñen froito polo que as sementes non están recubertas. Exemplos: piñeiro, ciprés, teixo, alerce, cedro…
As plantas sen flores tamén se chaman criptógamas. Son o grupo de vexetais máis primitivo e, ao non posuír flores, tampouco teñen froitos nin sementes. As plantas sen flores, a diferenza das plantas con flores, non se reproducen mediante sementes senón mediante esporas. As esporas son unicelulares (constituídas por unha única célula) e poden ser transportadas pola auga e o vento dun sitio a outro, ata que xerminan e dan lugar a outro ser vivo. Dentro das plantas sen flor atopamos dous grandes tipos:
Musgo ou carriza: O musgo non ten verdadeiras raíces, nin talo nin follas, senón unhas estruturas parecidas, aínda que máis sinxelas. O musgo non absorbe auga e sales minerais pola raíz como a maioría das plantas, senón que pode facelo a través de calquera célula do seu corpo. Crece formando unha especie de manto sobre o terreo, sobre os teitos das casas, os troncos das árbores ou as rochas. O musgo vive en zonas húmidas e sombreadas. Grazas ao manto que forma, evita que o chan se seque e se degrade.
Fento: Os fentos son plantas que poden chegar a medir algúns metros. Igual que o musgo, reprodúcense por esporas pero, a diferenza del, os fentos si teñen raíces, talo e follas propiamente ditos. As súas follas chegan a ser moi grandes e están moi divididas. Os fentos, Tamén chamados fieitos, tamén viven en zonas con moita humidade.
Exercicios:6. Qué é a Taxonomía? Quen a inventou?7. Diferencias entre as plantas superiores e inferiores.8.Principais características das criptógamas.9. Cales son as principais características das anxiospermas? E das ximnospermas?10. Por que os fentos son plantas superiores e criptógamas á vez?
Vocabulario e definicións:
Plantas inferiores
Plantas de estrutura moi simple, sen follas, talo ou raíces verdadeiras. Son as algas e o musgo.
Musgo
Plantas inferiores sen talos nin raíces verdadeiras, que forman tapices máis ou menos densos nos chans, a casca das árbores ou algunhas rochas. Só viven en ambientes húmidos, xa que teñen unha gran dependencia da auga. Reprodúcense mediante esporas.
Criptógamas
Son as plantas sen flores, que inclúen o musgo e os fentos.
Plantas superiores
Plantas que se compoñen de raíces, talo e follas. Son os fentos e as fanerógamas.
Fento
Plantas superiores, polo xeral terrestres, con aspecto herbáceo. Presentan raíz, denominada rizoma, talo e follas diferenciados, pero non teñen flores nin producen sementes, como fan o resto de plantas superiores.
Fanerógamas
Son as plantas con flores. Caracterízanse por ter sementes, que se forman na flor, o órgano onde se dá a reprodución sexual das plantas. Divídense en ximnospermas e anxiospermas.
Ximnospermas
Plantas que producen as sementes agrupadas en piñas no canto de facelo no interior dos froitos. O grupo máis coñecido é o das coníferas: piñeiro, abeto, cedro, ciprés, cimbro, etc.
Anxiospermas
Plantas que producen sementes pechadas no interior dun froito.
A nutrición nas plantas
As plantas, a diferenza da maioría dos demais seres vivos, son autótrofas, o que significa que producen o seu propio alimento a partir do dióxido de carbono do aire, a luz do Sol e os sales minerais e a auga do chan. Este proceso, mediante o cal obteñen os nutrientes que necesitan a partir da luz do Sol, denomínase fotosíntese.
Como sabemos, a nutrición dos seres vivos consta de dúas etapas: a alimentación e a obtención de enerxía.
Unha das características que fai que as plantas sexan únicas é que son capaces de fabricar o seu propio alimento. A diferenza de nós, non necesitan alimentarse doutros seres vivos. A alimentación das plantas ten catro fases.
O fento real (Osmunda regalis ou helecho en castelán) é un exemplo de fento.
Estas son as fases do proceso de alimentación:
Absorción de auga e sales minerais mediante as raíces. A combinación destes compoñentes chámase zume bruto. Este líquido sobe cara ás follas por medio dos vasos leñosos. Cando non hai moitas sales minerais preto delas, pode pasar esto: Plantas carnívoras
Absorción de dióxido de carbono do aire a través dos estomas que se atopan nas follas.
Realización da fotosíntese. A fotosíntese ten lugar nas follas grazas a unha substancia de cor verde chamada clorofila. Mediante a clorofila, as plantas captan a luz solar que lles permite combinar o dióxido de carbono co zume bruto (a mestura da auga e dos sales minerais) para formar o zume elaborado, o alimento da planta. Durante este proceso despréndese osíxeno.
O zume elaborado, producido nas follas, viaxa por toda a planta a través dos vasos liberianos.
Exercicios
11- Que gases necesitan as plantas? Que gases producen as plantas?
12- Explica a transformación de zume bruto en zume elaborado.
13- Que é a fotosíntese?