Vibrabots

Nesta segunda avaliación, imos facer un pequeno proxecto que non nos debería levar moito tempo, un vibrabot.

Que é iso? pois nin máis nin menos que unha estructura cun sinxelo circuito eléctrico no que, ao accionarse un interruptor, se pon en marcha un motor que ten o eixo desequilibrado por un peso excéntrico e fai que vibre, movéndose.

Edición: Cambio a video que estaba posto por este que fixo Nicolás Pita de 3ºB, moito mellor por certo... Parabéns, Nico!

Moi liado? bótalle un ollo a estas ligazóns e xa verás como é moi doado.

http://www.ikkaro.com/conctruir+robot-virabot

http://www.comolohago.cl/2008/06/como-hacer-un-vibrabot/

http://video.aol.com/video-detail/bicho-vibrante/1948512991

http://joselaencarnacion.blogspot.com/2008/03/bicho-vibrante.html

http://www.tecnoloxia.org/principal/?p=132

Neste proxecto vai ser tanto ou máis importante a documentación gráfica e escrita sobre o proceso que o proxecto en si mesmo, así que as tarefas a facer hoxe (por parellas) na aula de informática son:

1- Olla as ligazóns que che deixei e algunha idea máis procurando en Google (tags: vibrabot, drawbot, bicho vibrante...).

2 - Envíame un correo explicando que proxecto pretendes facer, facendo unha lista detallada de ferramentas e materiais que pensas que terás que usar. Inclúe fotos ou debuxos se consideras que poden facer máis clara a explicación.

Lémbrovos que a orixinalidade conta. Podédesvos basear en todo aquelo que vedes na web, pero tedes que darlle o voso toque persoal, e canto máis persoal mellor!