Descrición da Actividade

A proposta consiste en que o alumnado se descargue o material indicado para el na sección Materiais do Alumnado, unha serie de audioguías para copiar no seu reproductor de mp3 ou teléfono móbil, e un plano mudo do castelo. Con eles deberían moverse de xeito autónomo polo castelo, atendendo ás explicacións e reparando nos elementos indicados no plano. Durante o percorrido, plantexamos que tiren unha fotografía destes elementos para despóis traballar con elas. Para o bó desenvolvemento da actividade, é imprescindible ter traballados previamente os conceptos máis importantes dos que se fala nas audioguías.

Na sección Materiais do Profesorado está todo aquilo que consideramos de interese para o docente e que pode axudar a preparar a actividade, así como propostas de actividades para realizar a posteriori, tanto de ampliación como de avaliación. Recomendamos adicar, alo menos, unha sesión posterior á visita a reforzar os contidos traballados nela. Inclúese tamén un test para o alumnado para poder avaliar o seu aproveitamento da actividade.

Ao tratarse dunha visita na que os alumnos/as, aínda que supervisados polo profesor, se moven sós polo Castelo, pensamos que se fomenta a súa capacidade de observación,a interrelación entre realidade e cartografía e, en definitiva, a autonomía na aprendizaxe. A novidade da actividade que propoñemos reside na inclusión nela das TICs, de maneira que lle resulte máis cercana e motivadora ao alumnado.

Pregamos cubran os tests de avaliación da propia actividade, tanto para alumnado como para os docentes, iso axudaríanos moito a coñecer a utilidade do noso traballo.

Esperamos que vos guste!

Ir a:

Materiais do Profesorado

Xustificación Pedagóxica

Inicio