Ofimática e documentación

Neste apartado imos facer uns exercicios moi breves e sinxelos sobre programas de ofimática e documentación. Imos empregar as ferramentas de Drive de Google, que nos ofrece unhas aplicacións suficientemente potentes e coa vantaxe do almacenamento online e a colaboración inmediata nos documentos. Teremos o problema da miserable velocidade de conexión do noso centro, pero iremos amodiño.

Procesador de textos:

Neste apartado, terás que transformar este texto nun texto con formato, coma está aquí. Ímolo facer a partir dunha folla impresa porque non está mal que practiquedes a vosa habilidade mecanografando.

Folla de cálculo:

Teredes que crear unha folla de cálculo, nun cartafol compartido comigo, seguindo estes pasos:

    1. Escribe os títulos nas dúas primeiras columnas "Compoñente" e "Prezo"

    2. Busca o prezo dos seguintes elementos nalgunha tenda online, por exemplo en cetronic, colóca os nomes en columna co seu prezo sen IVE a carón. Repara ben en que recoñeza como marcador para decimais a coma ou o punto, que depende do idioma en que teñas configurado o navegador.

      • Placa de prototipado (breadboard).

      • Portapilas para catro pilas AA.

      • Led verde 5 mm

      • Resistencia carbon 1/4W 5%

      • Pulsador membrana 6mm

      • Potenciómetro lineal 100K

      • LDR célula 5,1 mm

      • NE555 DIP-8

      • Transistor 2N2222A

    3. Engade unha columna á dereita, "IVE". Aí terá que aparece o IVE correspondente a cada compoñente.

    4. Engade outra columna "Prezo con IVE". Terá que aparecer o prezo con IVE incluído.

    5. Engade un novo título "Unidades". Todos os compoñentes imos poñer unha soa unidade, agás 5 leds, 7 resistencias e 3 pulsadores de membrana.

    6. Engade a columna "Total" e aplícalle a fórmula que multiplica prezo unitario por unidades. Fai un sumatorio total na cela de abaixo.

    7. Engade unha cela "Desconto" e introduce un 10%. Fai as columnas "desconto" e "prezo con desconto" e calcúlaos. Fai un sumatorio do desconto.

    8. Introduce a cela "Cambio Dólar" e pon nela o valor de cambio dolar/euro que atopes en internet para hoxe. Aplica este cambio á columna "Dólares".

    9. Engade unha columna "Pedido" onde veremos o que levamos ou non pedido. Fai que nesa columna poidamos escoller entre "si" e "non" mediante a validación de datos.

    10. Dá formato condicional á columna "Pedido", de xeito que o que estea pedido apareza en verde e o que non o estea en vermello.

    11. Dá un formato que faga máis doado ler a folla de cálculo.

Aquí tedes un titorial que explica máis ou menos todo:

Ampliación

    1. Modifica o funcionamento da columna IVE para que dependa dun valor que introducimos nunha cela aparte, como o cambio a dólares.

    2. Introduce unha columna de prezo en Yens.

    3. Engade unha columna "Recibido", coas mesmas características que "Pedido".

Conclusión

Isto non é nada máis que unha iniciación ás posibilidades das follas de cálculo, que son enormes. É importante que penses que o 90% das veces, podes facer que o ordenador traballe para ti, só tes que pensar en como comunicarlle o que ti queres facer de xeito que o entenda. Anímate a explorar máis posibilidades!