Deseño Web 02: Algo de HTML

A estas alturas, xa estás a ver que o "html" ten que ser algo importante, porque xa nos apareceu unhas poucas veces. HTML son as iniciais de HyperText Markup Language, que ven sendo algo así coma "Linguaxe de Marcado de Hipertexto". Isto é, o HTML é unha linguaxe informática, pero non de programación, como o Python, senón de etiquetado. A diferenza entre un e outro é que, mentres o primeiro está deseñado para conseguir que o ordenador combine datos para conseguir resultados novos a partires deles (por exemplo recoller as tiradas de varios dados para conseguir unha puntuación), o segundo está máis encamiñado a aplicar formatos, algo máis semellante a un editor de texto.

Que é o hipertexto?

O hipertexto é un termo acuñado xa hai anos, que podemos definir como un texto que se organiza en distintos niveis (páxinas), entre as que o usuario se pode desplazar ao interactuar cos elementos dese hipertexto chamados hipervínculos (ligazóns, links ou enlaces). Por exemplo, se entras na Wikipedia e te pos a navegar de artigo en artigo premendo nas ligazóns, estás a te mover nun hipertexto. Mesmo cando andas nesta páxina estás a traballar con hipertexto, Oh my God!!!

Como xa viches, os documentos escritos en HTML teñen a extensión .html e . htm, indistintamente, e poden ser interpretados polo navegador ou abertos cun editor de texto para poder modificalos.

Imos comezar a editar un pouco de HTML, pasa ao seguinte apartado.