Facer un bocadillo con Inkscape

Para a fotonovela imos aprender a insertar un bocadillo para texto con Inkscape. Isto é algo que poderíamos facer con multitude de programas, mais coma nós imos traballar moito con Inkscape, imos empregalo.

1 - O primeiro que teño que facer é importar a imaxe á cal lle quero insertar o bocadillo, isto o podo facer con Archivo>Importar ou co botón . Ao importar o que fago é traer unha imaxe non "nativa" de Inkscape para o programa, para poder traballar sobre ela.

Antes de importar a imaxe me preguntará se quero "incrustar" ou "enlazar" a imaxe, se escollo a primeira opción a imaxe pesará máis, pero se escollo a segunda teño que asegurarme de que sempre gardo a imaxe importada xunto co arquivo de Inkscape. Eu vou marcar a primeira opción:

2 - Unha vez teña importada a imaxe, vou dibuxar sobre ela unha elipse coa ferramenta , na posición apropiada para insertar o texto que queira.

3 - Despois de ter feita a elipse, vou transformala nun traxecto, isto se fai seleccionando o obxecto e indo a Traxecto>Obxecto a traxecto, ou pulsando Shift+Ctrl+C. Veremos como os símbolos dos manexadores que nos amosaba antes a elipse pasan a ser símbolos de nodos.

4 - Coa ferramenta nodos selecciono o nodo inferior e o convirto nun nodo en esquina, premendo sobre "converter o nodo en esquina" . Unha vez feito isto, fago doble clic a un lado e a outro do nodo en esquina para crear dous novos nodos.

5 - Agora só teño que mover os nodos e os seus manexadores dun xeito que me convenza, lembra que coa ferramenta de nodos tamén podes modificar directamente as liñas.

6 - Agora nada máis nos queda insertar o texto , escoller unha tipografía e un tamaño axeitadiño para a nosa imaxe.

7 - Para rematar a imaxe temos que exportala a un formato que logo nos sirva para subila á web, xa que para isto o formato .svg de Inkscape non é o máis apropiado. Para iso Inkscape nos deixa exportar (Archivo>Exportar mapa de bits) a .png, un formato recoñecido por todos os navegadores. Se non queremos especificar nada especial no tamaño da imaxe, non hai máis que marcar a opción "Debuxo" e premer en exportar. Normalmente exportará no mesmo sitio onde teñas gardado o debuxo de Inkscape, pero fíxate ben na ruta por se acaso.

8 - Xa o temos! agora, con paciencia, a ir montando todos os planos da fotonovela.