GIMP VII: Filtros e ferramentas varias.

Agora tócavos experimentar un pouquiño pola vosa conta. Tedes que facer o seguinte:

1 - Escoller unha ou varias imaxes, e as recortades ou escalades a 300x500 px.

2 - Despois creades un documento en branco de 900x500 px,

e pegades a imaxe anterior tres veces, en tres capas diferentes, colocando as capas de xeito que ocupen todo o lenzo. Nomeade ás capas "orixinal", "retoque 1" e "retoque 2"

3 - O GIMP ten unha morea de ferramentas de filtros e retoque de imaxe, que adoitan ter diferentes valores de aplicación, tedes que escoller cinco de elas, as que queirades, e as aplicades ás imaxes que están á esquerda e á dereita.

4 - Escribide nun texto (que sexa lexible) sobre a imaxe retocada o nome do efecto e o valor de aplicación, do xeito seguinte.

Umbral:

Filtro> Detectar Bordes> Neón:

Posterizado: