Python 02: Primeiros pasos

O primeiro que imos facer na shell vai ser unha sinxela operación, proba a teclear 2+2 e dalle ao Enter, comprobarás como é capaz de devolverche o resultado da operación.

>>> 2+2

4

Proba tamén con outros operadores matemáticos:

Proba tamén a realizar operacións máis complexas, que teñan máis factores, e repara en como as resolve Python.

Estas contas matemáticas chámanse expresións, e están formadas por factores (os números) relacionados mediante operadores (os signos matemáticos). Cando o ordenador resolve unha expresión calquera, dicimos que a avalía.

Se probas a facer algo como:

>>> 5+

SyntaxError:invalid syntax

Isto acontece porque Python non pode avaliar unha expresión incompleta, e por iso che devolve unha mensaxe de erro. É moi importante ler sempre as mensaxes de erro! ao principio te resultará complexo (podes empregar un tradutor ), pero logo verás que te afás a eles e comezan a axudar moito.

Como ves, Python pódenos servir como calculadora pero, evidentemente, ten que poder facer moito máis!